Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

martes, 27 de noviembre de 2007

Bo partido.

Hola amigos e amigas, seguidores e seguidores do clube Toques CF, antes de nada grazas unha semana máis polo apoio e os ánimos cara o noso Clube que cada día son máis.

O partido desta fin de semana pódese resumir nunha soa palabra: SACRIFICIO.

Ese digo isto é porque para min foi un dos mellores partidos que xogamos despois dos contratempos iniciais e onde o equipo soubo en todo momento, sobreporse o adversario.


O partido prevíase complicado inicialmente, pois íamos xogar cun dos equipos máis fortes da competición, un equipo moi organizado e forte nas diputas do balón, onde a veteranía deste grupo e o seu campo son a gran vaza deste equipo. Equipo que, ó final da tempada, vai estar ahí arriba.


O partido comenzou moi disputado e con entradas bastante fortes. Os poucos minutos un mal entendido entre a nosa defensa e o porteiro deixa un balón morto e o dianteiro local marca o 1-0. Un gol de mala sorte que nos facía temer o peor. Pero o Toques nunca baixo a garda e seguiu loitando e aguantando o balón.

Logo dunha xogada na banda dereita e coa tan mala sorte que o noso dianteiro Miguel expomasa cae lesionado nun forcexeo co balón, tivo que ser sustituido xa que a historia tiña mala pinta.

Era outro contratempo para o equipo visitante.

Na primeira metade pouco máis, so destacar un balón o longueiro tras un centro do equipo local.

Na segunda metade o equipo saíu o campo, con ganas e ilusión e sacou eso que se chama CASTA, mellor dito " un par de co...." e levou o partido onde quería.

O toques presionaba, corría e creaba ocasións e na metade da segunda parte tras unha xogada de boa convinación, entre o noso medio centro Diego que abre para Migueliño e este asiste a Bareto que de espaldas a portería recibe e deixa os defensas descolocados e vate de vaselina o porteiro local era o empate a 1, un gol de auténtico dianteiro.

Pero o toques quería máis, e logo dunha falta votada polo noso lateral esquerdo David, a piques estivo de metela dentro o capi Xelo, ocasión que volvería a ter despois doutra falta votada por Kristian. O final poidemos levar os 3 puntos nun partido que a priori se puxera bastante complicado.

Destacar a gran actuación do equipo en todalas súas liñas.

A alineación foi a seguinte: 1: Javi, 2: Mateo, 3: David, 4: Xelo (Capi), 5: Kristian; 6: Diego, 7: Expomasa, 8: Luis, 9: Bareto, 10: Carril, 11: Alfonso. 12: Migueliño, 13: David; 14: José, 15: Ricardo.

Recordar que o vindeiro domingo no municipal de Toques, as 16:00 . Toques-Mesía.

Desexar que Expomasa se recupere canto antes e que a lesión sexa so un susto.


Non me quero olvidar do apoio da nosa aficción, que unha semana nos acompaña ali onde imos.

Sen maís Grazas a todos e coma sempre: O TOQUES MOLA! Faite Socio.

Ah! E sorte para o derbi da próxima xornada, Sobrado-Melide.

lunes, 19 de noviembre de 2007

Bo Novembro

Este mes de Novembro estase a comverter o mes da recuperación do Toques, onde de 3 partidos sacouse 7 Pts.

O domingo 18 o Toques C.F desfíxose sen apuros ao San Martiño por 3-1. O San Martiño so inquedou os últimos 25 min do partido.

Xa o decía o mister no vestuarios, este partido vaise gañar por mais dun gol, e acertoú.
Un domingo frío e lluvioso onde o Toques aproveitou as oportunidades mais claras.

Corría o min 10 mais ou menos cando Carril bate por baixo o porteiro rival despois dun precioso regate na banda, era o 1-0 e o primeiro gol de carril na tempada. O Toques tiña o balón, e xogaba en curto sen rifala pelota, estaba cómodo no campo e mais despois do gol de bareto 15 min despois do de Carril. Acababa a primeira parte cun 2-0 favorable o Toques, e cun claro dominio Toquense.

Empezaba a segunda parte co San Martiño volcado no ataque, isto ocasionaba que o San Martiño deixaba moito ocos na defensa, momento q aproveitoi bareto para plantarse diante do porteiro, pero non lograría marcar xa q unha descarda entrada rival por dentras derriba a bareto sin pitar penalti nin tarxeta, penalty claro a favor do Toques.
Non pitaría penalti nesta ocasión pero si na seguinte acción, penalti a Bareto despois dunha patada q se escoitou na casa do alcalde. Tira Bareto e gol, era o 3-0.
A partir de ahí o Toques relaxouse, eo San Martiño chegaba mais q toda a primeira parte. Nunha falta ao borde do area, saca rápido o san martiño e bate por baixo a David, era o 3-1, pero sen tenpo para mais.

O Toques consegue os 3 puntos e ponse na clasificación con 14 pts.

A alineación foi a seguinte: 1-David, 2-mateo, 3-David, 4-Cristhian, 5-Xelo, 6-Diego, 7-Espomasa, 8-Luis, 9-Bareto, 10-Carril, 11-Miguelinho, 12-José, 13-Ricardo, 14-javi, 15-Alfonso, 16-Nacho



O seguinte partido será no campo de ponte Carreira o vindeiro domingo día 25 as 16:15. Un partido q será moi dificil, pero intentaremos traer de Ponte Carreira algo positivo

A intentar rematar ben o mes de novembro

Como di o Capi "O Toques mola"

lunes, 12 de noviembre de 2007

UN EMPATE E GRACIAS...

Un domingo extraño para o Toques C.F.. Cando se previa que ia ser un partido, en teoría fácil e poder acadala primeira victoria a domicilio, ocorre que para ir xogar estamos tan so 10 xogadores. Algo inexplicable cando nalguns partidos anteriores os afrontamos con xogadores dabondo e incluso houbo convocatorias para descartes. Pois o certo, é que sen explicación algunha moitos xogadores non apareceron e tivemos que partir cara a San Mariño de Dorneda con tan so 10 xogadores e improvisar a alineación.

O partido empezou bastante igualado, pero o certo é que o Toques levou a iniciativa dende o primeiro momento. Algunha ocasión máis que outra, ata que no minuto 15 da primeira metade tras un córner botado por Carril, Bareto engancha unha preciosa bolea e enchufa o balon pegado ao pao da portería contraria. Un auténtico golazo. Era o 0-1, pero o Toques aínda quería máis.
Logo duns minutos máis tarde, unha boa xogada de Diego que asiste a banda esquerda para que Carril logo dunha xogada individual saque un magnifico zapatazo, coa mala sorte de que o balón peta no pao. A verdade e que se entra era un auténtico golazo.

Destacar tamén outro balón ó longueiro ó final da primeira metade logo de sacar unha falta dende a esquerda o noso defensa David. Polo demaís pouco mais.

Na segunda parte o Toques quería sentenciar o partido, pero non se daba adaptado as circunstancias. As forzas cada vez minguaban, o campo non axudada para nada, un terreo de area complidado para xogar, e como non, o árbitro que non deixaba de pitar cousas absurdas fixo que o Toques a partir do minuto 20 desta parte fora perdendo fuelle, e nunha falta botada o borde da área botada por un dos xogadores do Dorneda fixo que nos emparan o partido.

Pouco demáis destacar un penalty fallado por un dos xogadores do Dorneda. Penalty completamene inexistente, que pitou o árbitro de oidas e destacar tamén un gol anulado a Bareto no minuto 40 da segunda metade por fóra de xogo bastante riguroso.

Polo tanto un empate, que a priori non está mal dadas as circunstancias deste domingo.

Haber se no se repite tal circunstancia, e no próximo partido volvemos a disfrutar co noso equipo.

Recordar que o vindeiro partido será no campo municipal de Toques contra o San Martiño, o domigo 18 as 16:15.

Dar AS GRACIAS de novo os nosos afeccionados que viaxaron co equipo e os que se desprazaron pola súa conta e en particular as seguidoras da Coruña que no nos abandonan en ningún momento.

FORZA TOQUES! O TOQUES MOLA! Faite Socio.



jueves, 8 de noviembre de 2007

"GRACIAS A TODOS"

Hola amigos e amigas, antes de nada dalas grazas e agradecer o equipo (adestrador, xogadores, tesoureiro e axudantes... ) o esforzo destes últimos encontros, non so contra o boimorto, se non tamén contra os demais equipos, sobretodo contra o Perillo que perdemos 3-0 inxustamente.

Quero dar dende aqui tamén as grazas ó CONCELLO e en especial o noso alcalde MIGUEL pola gran colaboración que está tendo con nós e o apoio diario que nos esta amosando.

"O CONCELLO DE TOQUES ; CO DEPORTE E CA XUVENTUDE."

E por último, non me quero esquencer dos nosos/as seguidores/as, colaboradores e socios, que cada día, son máis e fan que este proxecto sexa cada vez maís ilusionante.

Ánimo, a todos/as.

Aupa Toques C.F. O Toques Mola!, Faite socio.

¡Ah..! Xa me esquencía; O vindeiros días haberá grandes sorpresas para todos!

lunes, 5 de noviembre de 2007

¿Quen dixo q estábamos mortos?

Gran domingo futbolistico para o Toques Cf que logrou unha grandísima victoria no seu feudo por 1-0 ao Boimorto C.F, un dos aspirantes ao ascenso.

O Toques recibía o Boimorto con moitas baixas moi importantes: Cristhian e os integrantes do Solaina Team, agas Bareto.

O partido empezou moi disputado, con ambas ocasións para cada equipo, o Boimorto chegaba con perigo con mais posesión de pelota, pero lanzaba pouco a portería, nun deses lanzamentos o porteiro despexa un balón, ca mala sorte e q o rechaze bai para un xogador do Boimorto e salva vaixo os paos miguelinho.

Acababa a primeira parte ca posesión do balón favorable o Boimorto pero sin nungunha ocasión clara de peligro.

Na segunda parte o Toques saliu polo partido, mellorou no xogo, gracias a q bareto retrasou liñas. O Toques dominou o medio, e ahí estivo a clave. O medio do Boimorto estaba afogado, empezaba a dar pelotazos para sair a pelota. Nun contrataque do toques, remata bareto baixo os paos e o porteiro saca o balón dentro da portería. Gol fantasma q o arbitro non da validez. Corría o min 30 mais ou menos cando Luis, cun zurdazo espectacular bate de vaselina o porteiro rival. A partir de ahí o Toques valíalle o resultado e encerrouse atras con sentido y con calma. Pero o boimorto foi incapaz de empatar.

Brillante victoria, ante un dos fortes da competición. A pesar das baixas o Toques deu a cara e soupo gañar un partido un pouco loco debido as numerosas faltas.

A alineación do Toques C.F: 1-David, 2-Carlos, 3-Miguelinho, 4-Ángel, 5-Javi, 6-José, 7-Yosu, 8-Luis, 9-Bareto, 10-Carril, 11-Espomasa, 12-Nacho

O seguinte partido será contra o Doneda B, o vindeiro domingo 11 as 16:15.


Gracias ao numeroso público que asistiu o domingo ao partido. Necesitamos o apoyo da aficción, neste tipos de partidos son o xogador nº12. GRACIAS A TODOS

FORZA TOQUES