Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 24 de diciembre de 2007

Mal partido do Toques C.F

O Toques desplazábase a Vitre para xogar contra o San Estevo, nun campo que parece pas vacas, con moitos baches e incapaz de xogar o primer toque.

O Toques sabía q non hai rival facil se este ademais xoga no seu campo, así foi.

O partido empezou con boas ocasións de gol para ambos equipos pero o peligro sempre estaba nas botas dos xogadores visitantes. Foi primeiro o Toques en adiantarse no marcador xa na segunda parte, cun gran remate de cabeza do capi molón despois dun corner botado dende o currncho por Carril.

Era un resultado moi perigoso pq o San Estevo se ía a volcar ao ataque, e chegou o gol despois dun error de marcas, un gol de cabeza q nada puido facer David. 1-1
O Toques supúsoxe ante o empate do San Estevo e seguiu atacando, foi o partido dos paos, xa q o Toques disparou aos paos mais de 4 veces.

Cando o gol do Toques estaba cerca chegou o inesperado, balón colgado a área, salta o David pero o balón escápalle das mans debido a unha falta na área pequena, momento q aproveita o delantero para marcar.

Era o 2-1 que sería o resultado final.

A alineación foi a seguinte: 1-David "Iker". 2. Mateo "López Recarte" 3-David "Fenerbache", 4-Xelo "O capi Mol...", 5. Kristian "Ganavaro", 6. Diego "Drako", 7. Alfonso "Villarrolla" 8. Luis " fiss, fiss, fiss, fiss.." 9. Bareto"rottweilerman", 10. Carril "Rizos de Ouro". 11. Migueliño "Penkovic" 12. Javi "Javikovic". 13.Carlos "Lazovic"


No partido houbo moito errores arbitrales, pero non vou falar diso, xo vou decir un dato. O arbitro do domingo arbitrou en 4 partidos o Toques, co resultado de 3 derrotas e 1 empate. Esperemos q non haxa sancións sa q despois do partido houbo mais ca palabras.


Pero bueno a pesar da derrota o equipo, o equipo está moi unido, xa q dende finales de Outubro o Toques non perdía. Despois desta derrota o Toques baixa a 6 posición con 24 pts.

A noticia da xornada foi a derrota do Cire q despois de tanto tempo baixa a 2 posición, esperemos q so sexa por pouco tempo.

O Toques C.F non volverá a xogar ata o ano q vén. Será o Domingo 6 de Enero no campo do Visantoña.



Quero agradecer os aficionados q se achegaron o domingo ata o campo, q a pesar de chegar tarde non pararon de animar.

GRACIAS AMIGOSSSSSS FORZA TOQUES

FAITE SOCIO
FELIZ NAVIDAD A TODOSSS


P.D Árbol de navidad por cortesía da nosa amiga montse

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Os alcaldes da comarca esixen a Fomento confirmar a modificación do trazado da autovía

A Plataforma Autovía por Melide recibiu o respaldo explícito da alcaldesa melidense, Socorro Cea, e dos seus homólogos de Toques e de Santiso, Miguel Buján e Ovidio Leiva, para esixir ao Ministerio de Fomento que confirme, oficialmente, a modificación do trazado inicial da autovía Lugo-Santiago (A-54).

En consonancia coa reivindicación do colectivo cidadán, o departamento ministerial estudou tres corredores alternativos para o tramo entre Arzúa e Pas de Rei, que achegarían a futura vía de alta capacidade a Melide.

A publicación do correspondente estudo informativo no Boletín Oficial do Estado (BOE) é o trámite pendente que avalaría a demandada modificación do trazado viario, en favor da que se pronunciaron os tres rexedores da comarca melidense nunha reunión aberta ao público convocada pola Plataforma. Na súa intervención, a máxima mandataria da capital comarcal, Socorro Cea (Bloque Nacionalista Galego), expresou o apoio do Concello de Melide a «esta causa onde todos #\\\\ que estar unidos» e aludiu á publicación oficial dos corredores que se estudaron como alternativa «para poder estar todos vos melidenses máis tranquilos».

Miguel Buján (PSDEG) tamén expresou o apoio do Concello de Toques ante unha reivindicación «xusta e lexítima que a Plataforma está a esixir dende hai tempo». Pola súa banda, o rexedor de Santiso apelou a medidas de presión para «facer valer vos nosos dereitos».

lunes, 17 de diciembre de 2007

VICTORIA SUFRIDA



HOLA AMIGOS E AMIGAS! Unha semana máis na crónica deportiva.

Esta fin de semana o Toques conseguiu unha nova victoria no Municipal de Toques despois de vencer o Ordes B nun partido bastante complicado. Unha victoria que coloca o noso equipo na sexta posición da táboa con 24 ptos empatado a puntos co quinto clasificado. Sen dúbida, o Toques está a manter unha racha de partidos sen perder que xa ascenden a 7.

A Clave está na pócima máxica que se mostra na imaxe.

Antes de nada quero felicitar o equipo do Ordes que fixo un gran partido, cun fútbol vistoso e de gran categoria e nos deixou claro de como se xoga o futbol de verdade. Para min é un dos mellores equipos da categoría en canto o futbol despregado.

O partido comenzou bastante igualado para os dous equipos en canto a posesión de balón, pero o Toques ía medrando co pase dos minutos e creando ocasións. Pero ía selo Ordes quen tivo a primeira ocasión de perigo que erran os dianteros diante do porteiro local.


Corrían pouco maís de 10 minutos cando o noso dianteiro Ricardo nun forcexeo co porteiro cae lesionado e tivo que ser sustituido por Alfonso. Outro percance máis para o equipo xa que se suma outra baixa por lesión xunto con Expomasa. ¡Esperemos que se recuperen pronto!.


No minuto 20 da primieira metade foi o Toques quen puxo o único gol do partido despois dunha magnífica xogada do medio campo que cabecea Josu e o noso dianteiro Alfonso "Villarrolla" marca un expléndido gol, era o 1-0 para os locais. O partido estaba na mellor fase.


Os visitantes tamén tentaban de crear perigo e nunha xogada pola banda esquerda a centro tiveron outra gran ocasión que a botaron fora.


Pero O Toques non se veu a baixo e dispuxo de outra ocasión clara. Migueliño a pase de Diego leva o balón pola banda e centra e outra vez Alfonso está a piques de marcar, de cabeza.


Na primeira parte pouco maís so destacar un par de intervencións do noso porteiro, que sen dúbida, é o mellor da liga e un par de disparos de Carril que a punto estiveron de convertirse en gol.

Na segunda metade o Ordes seguía na súa liña de equipo ordeado e praticando un futbol vistoso
e o Toques recuou un pouco e puxo en práctica un traballo defensivo expléndido.


O Ordes tiña o balón, sacábaoo xogado con criterio e sempre con control, pero o Toques non se rendía e aínda ía ter un par de ocasións claras nas botas de Josu que a punto estivo de marcar de vaselina e nas botas de Migueliño que o seu disparo saiu fóra pegado o pao.


Polo demáis pouco máis que comentar.

A alineación foi a seguinte: 1-David "Iker". 2 -David "Fenerbache". 3. Mateo "López Recarte", 4-Xelo "O capi Mol...", 5. Kristian "Ganavaro", 6. Diego "Drako", 7. Josu "Peito erguido" 8. Luis " fiss, fiss, fiss, fiss.." 9. Ricardo "Richinho", 10. Carril "Rizos de Ouro". 11. Migueliño "Penkovic" 12. Alfonso "Villarrolla". 13. Nacho "Rarovic".



Destacar as baixas de Bareto, Javi, Expomasa por lesión e José.


Decir que o último partido deste ano será en Frades contra o San Estevo de Abellá o vindeiro día 23 ás 16:00 horas.

Recordar que esta semana volvemos a adestrar o xoves xa que o venres hai cea de Nadal.


Quero deixar tamén unha mensaxe para os amantes da cultura galega. Organizado polos nosos compañeiros de música tradicional de Toques. Non Faltedes que está moi ben.




Nada máis amigos, e cosempre un saúdo a todolos seguidores e clubes da comarca e teñades boas festas e un feliz anoma .

O TOQUES MOLA! ...... Si, Si. CADA VEZ MAÍS, faite socio!










martes, 11 de diciembre de 2007

ULTIMA HORA.

HOLA a todos e a todas!

Quero interrumpir as cronicas do último partido Sobrado-Toques para comunicar a todo-los xogadores es seguidores que o próximo partido do Toques será o vindeiro Sábado no municipal de Toques ás 5 da tarde contra o Ordes B. Xa que decidimos cambialo partido por cuestións técnicas...

Así que estades todos invitados a presenciar un partido que sen dúbida, será bastante dificil.

Polo que o adestramento se adianta o xoves 13 as 9 e media da noite.

Aos xogadores e directivos do clube a cea "Fin de Nadal" será o vindeiro 21 de decembro no Hotel Carlos 96 a partir das 22:00, si, si... digo Fin de Nadal, non me equivoquei....

Recordar que a todos os que non tendes lotaria de nadal, que aínda estades a tempo de mercar algún que outro décimo. Pero rapidiño! que xa non quedan, con isto de que nos vai tocar algo... si.. algo creo que nos vai tocar, pero non sei o que .

O Nº E O 38.861, precio do décimo 20 € e máis 2€ de donativo.

Decir tamén que, os agasallos de reis están chegando........

E por último, grazas a todolos seguidores/as do Toques que nos acompañan partido tras partido polos campos de terceira rexional, animando de forma excepcional, que se non fora por vos, igual non teríamos tantas ganas e ilusión.

Ata logo, Un saúdo a todos.

O TOQUES C.F. MOLA!, faite socio.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Victoria no derbi

O domingo día 9 o Toques C.F desplazouse o sempre dificil campo do Sobrado dos Monxes.

Eu non puiden asistir debido a un compromiso pero decir q o Toques C.F levouse a victoria por 0-1.

O Gol foi do gran Bareto. Un Toques C.F q segue o seu ascenso na clasificación e segue na 7ª posición con 21 pts. Destacar da xornada a primeira derrota en liga do Cire Melide q acabou con 9 xogadores ante o Órdes B, q a seguinte rival do Toques.

O Proximo partido será contra o Ordes B, falta concretar o día, xa q o domingo o Toques perderá varios xogadores importantes.

Sin mais FORZA TOQUES

domingo, 2 de diciembre de 2007

Toques C.F 4- Mesia SD 2


Comeza o mes de diciembre como empezou o mes de novembro, cunha victoria do Toques, nesta ocasión no municipal toquense. O partido deste domingo era un dos importantes para o Toques, xa q recibía na casa o Mesia, conxunto q estaba a puntos iguales co Toques. Un Mesia q xa nos complicou os partido da casa do ano pasado, por iso ia ser ser un partido moi dificil.

O Toques saliu moi mentalizado, queríamos un xogo efectivo e conseguiuno.
No primeiro corner botado por Carril, Luis cun gran cabezazo bate o porteiro rival. Era o 1-0, pero o Toques non se fiaba e quería outro gol. Antes do segundo gol, o toques tivo unha boa ocasión. Saca de porta mal o porteiro, colle o balón Javi e tira un fuerte disparo a porta q despexa o balón e remata Bareto fora pero invalidado por fora de xogo.
Corría o min 25 cando Luis recibe unha falta, unha falta botada por Diego q bate o porteiro rival polo seu pao. Era o 2-0, o Toques sentíase cómodo no campo pero non se podía confiarse xa q o Mesia chegaba a porta claramente nas faltas a balón parado. Fin da primeira parte.

A segunda parte o Mesia foise pra riba, xa q non tiña nada q perder. e non puido empezar tan mal para o Toques. O Mesía lanza unha falta ao borde da área, ca mala sorte de q lle toca na man a un xogador da barreira. Penalti encontra do Toques, q o central visitante bate por baixo a David. Era o 2-1 e xa nos temíamos o peor para os nosos intereses. Pero 10 min despois, centra miguelinho e gran gol en propia meta do central visitante. Era o 3-1 para o Toques q logaría aumentar a diferencia por mediación de Luis q volve a introducir o balón na porteria rival.
Era o 4-1, o Mesia foise cara riba e lograría o 2 gol a 5 min do final. No desconto Luis faia un balón no un contra un co porteiro.

Resultado Final 4-2

A Alineación foi a seguinte: 1-David, 2-Mateo, 3-David, 4-Cristhian, 5-Xelo(Capi), 6-Diego, 7-Javi, 8-Luis, 9-Bareto, 10-Carril, 11-Miguelinho, 12-Nacho, 13-Ricardo, 14-Alfonso, 15-josé, 16-Yosu.

Gran partido do Toques, q cos 3 puntos colócase na primeira metade da clasificación con 18pts.

O próximo partido será o Domingo 9 as 16:00 no municipal de Sobrado dos Monxes.

FORZA TOQUES O TOQUES MOLA FAITE SOCIO

Antes de cerrar quero decir unha cousa: Cando vaise un balón fora do campo o banquillo local non ten porque botar outro balón ata q o árbitro de permiso. Estamos cansados de q se diga de q se perde tempo cando o balón vai pa fora. O xogador non ten pq ir a polos balóns e se vai non quere decir q queira perder tempo.

Pasade unha boa semana