Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

miércoles, 30 de enero de 2008

Case a metade do municipio de Toques está protexido pola Red Natura

A aprobación definitiva do PXOM condicionará as prioridades do Concello de Toques, que centrará os seus investimentos na dotación progresiva dos servizos básicos de saneamento e abastecemento de auga aos núcleos de poboación que carecen desa infraestrutura. Avanzouno o alcalde, Miguel Buján, que indicou como outra prioridade promover o desenvolvemento da masa de chan urbanizable catalogado en Souto.

Desde o goberno municipal estudarán a posibilidade de que a Consellería de Vivenda promova a través de Xestur a urbanización dos 60.000 metros cadrados de chan industrial reservados no PXOM. A achaiadura urbanística de Toques está condicionado pola Red europea Natura 2000. O 40 por cen do territorio municipal, o que implica a catro parroquias, é de especial protección ao estar incluído nese espazo da Serra do Careón.

lunes, 28 de enero de 2008

Tiki Tokes Taka

Gran victoria a domicilio no mundo do futbol.

O conxunto Toquense impúsose nunha tarde magnifica para a práctica do futbol ao conxunto de Oza dos Rios, capaz do mellor e do peor esta tempada.

O resultado final foi de: Oza dos Rios 1 -Toques C.F 3

Non foi hasta a 2ª parte cando chegaron todos os goles do partido. O Primeiro gol foi sin lugar a dudas o mellor gol da tempada do Toques, xa q o gran Carril marcou un gol olímpico.
O 2º gol foi tamén por obra de Carril pero coa colaboración do defensa rival, xa q un centro botado dende o curruncho, toca nun defensa rival e bate o seu propio porteiro.Era o 0-2.

O 3º non tardaría en chegar,pase ao punto de penalti para Bareto e o defensa rival toca o balón e introduce o balón na sua propia portería. Un 0-3 impresionante, toda a mala sorte q tiña o Toques en toda a tempada non apareceu esta vez no equipo. Pero poideron chegar mais senón fora pola mala definición dos delanteiros visitantes.

Xa no desconto o Oza dos Rios recortaba diferencias ao transformar un penalti. Final do Partido 1-3 para os Toquenses.

Salientar as boas intervencións da última fichaxe do Toques, O porteiro Marcos, mais conocido como Tapi q xa a maioría coñece. A pesar de estar moito tempo sen xogar ao Futbol 11, encontrouse moi seguro na portería visitante.

A Alineación do Toques foi a seguinte: 1-Tapi, 2-MAteo, 3-Alfonso, 4-Cristhian, 5-Xelo, 6-Diego, 7-Josu, 8-Luis, 9-Bareto, 10-Carril, 11-Miguelinho, 12-Javi, 13-Carlos, 14-Ricardo.

O próximo partido será o vindeiro domingo 3 de Febreiro as 16:15 no municipal toquense "MOLÓN" ante o Poulo.

Gracias a aficción do Toques q se desplazou ao Mundo do Futbol de Abegondo en masa, gracias polo apóio, sodes o mellor.



SIN MAIS FORZA TOQUES

Editado: Moi boas xa o correxín, perdoa Josu, a partir de ahora non se me olvida.
O partido do Domingo en vez de ser as 16:00 pasa a ser as 16:15, xa entramos no novo horario. Non chegar tarde, q a xente e moi tardona.
Y nada decir outra vez GRAN VICTORIA DO TOQUES

jueves, 24 de enero de 2008

Oza dos Ríos -Toques C.F

Xa hay fecha definitiva.

O Próximo Domingo 27 as 16:00 horas no mundo do futbol de abegondo(os campos de entrenamento do Deportivo), HERBA ARTIFICIAL, non vos equivoquedes coa elección de tacos.

Saida as 14:00 horas dende o Solaina

Vide animar ao voso equipo. FORZA TOQUES

martes, 15 de enero de 2008

3ª derrota seguida

Non puido ser eo Toques CF perdeu o derbi por 0-2 ante o CIRe.

Nun partido onde foi moi igualado, con poucos oportunidades de gol, un partido de 0-0, senón fora polos 2 únicos errores defensivos do partido q aproveitou o CIRE para gañar o partido.

Un Domingo de Enero moi chuvioso q fixo moi dificil a práctica do futbol, e mesmo o partido tivo q ser suspendido por 5 min por mor da forte granizada.

Un partido q a pesar da derrota o Toques CF estivo sastisfecho a pesar dos fallos dos dous goles.

A Alineación foi a seguinte: 1-David, 2-Mateo, 3-David, 4-Cristhian, 5-Xelo, 6-Carlos, 7-Alfonso, 8-Luis, 9-Bareto, 10-Carril, 11-Miguelinho, 12-Javi, 14-José

O Próximo partido do Toques será o día 26 de Enero contra o Oza dos Rios, debido a que o Toques descansa. Un partido onde falta saber onde disputarase.


Gracias a todos os aficionados por acudir o Domingo o municipal toquense, en especial a xente do Toques, aunque fósemos menos.

Sin mais un abrazo

FORZA TOQUES
FACEROS SOCIOS SER SOCIO TO TOQUES MOLA MAIS


miércoles, 9 de enero de 2008

Nótase no ambiente

O derbi do próximo Domingo ainda non empezou, pero nos bares de Melide e de Toques, xa empazan a facer as súas porras. Uns din q o Toques vai gañar e co Cire entra en crisis, outros q o Cire vaino ter fácil.

Dende o Toques C.F sÓ queremos q sexa un partido limpo e cun gran espectáculo para as nosas aficións.

Sin mais decir, que GAÑE O MELLOR



DOMINGO DÍA 13 AS 16:00 NO MUNICIPAL TOQUENSE: TOQUESCF-CIRE MELIDE

VIDE ANIMAR AO VOSO EQUIPO, O TOQUES C.F

lunes, 7 de enero de 2008

DERROTA AGRIDOCE

Hola amigos e amigas; antes de nada feliz ano a todos os seguidores do Toques, socios, colaboradores, etc.

O Toques comenza o ano 2008 cunha derrota que o despraza a oitava posición da clasificación.

Esta fin de semana o Toques CF desprazouse a Visantoña para xogar o primeiro partido da segunda volta. Foron tan só once xogadores e sen porteiros. E que así é imposible gañar en ningún campo.

Na primeira metade o Toques aguantou ven e dispuso de numerosas ocasións tras disparos de Carril e Bareto en xogada persoal e dunha gran ocasión de Kristian, despois de botar unha falta que depexa o porteiro a córner.

O Visantoña tamén dispuxo das súas ocasións e nun saque de córner puido inaugurar o marcador o rematar fóra un balón que quedou morto na área visitante. Na primeira metade pouco máis.

Na segunda metade o Toques saíu con gañas pero nada máis comenzar marca o Visantoña en claro fóra de xogo tras unha xogada onde o dianteiro regatea o o noso porteiro e en vez de tirar pasalle a un xogador que estaba máis adiantado e este marca en fora de xogo.

Pouco máis de cinco minutos e chega o segundo gol de tras un centro que cabecea o dianteiro de espaldas e peta no pao e entra un gol de churro que facía temer o peor, unha goleada.

Pero o Toques soubose sobrepor a esta circunstancia, e a partir de aqui manexou ben a segunda parte que tivo numerosas ocasións de marcar, que por mala sorte, non entraron.

Destacar unha falta o longueiro botada por Diego a 5 minutos do final e tamén unha man de Kristian nun contragolpe do Visantoña que o árbitro lle perdoou a expulsión.

En Xeral o Toques fixo un bo partido a pesar das numerosas baixas.

A alineación foi a seguinte: 1: José" Turu Flores". 2: Carlos "Lazovic", 3: David "Fenerbache", 4 : Angel " O Capi Mol..", 5: Kristian "Ganavaro" 6: Diego"Drako" 7: Alfonso"Villarroia" 8: Luis"fiss, fiss, fiss, 9: Bareto " Canicheman" 10. Carril " Rizos de ouro", 11: Migueliño "A PenKa".

RECORDAR QUE ESTA FIN DE SEMANA NO MUNICIPAL DE TOQUES "GRAN DERBI NO GRUPO 4 DE TERCEIRA REXIONAL". DOMINGO 13 DE XANEIRO AS 16:00 h.

¡TOQUES CF- CIRE MELIDE!.

¡NON O PERDADES!, QUE O ESPECTÁCULO ESTÁ ASEGURADO.

Nada máis amigos, un saúdo.

O TOQUES MOLA, FAITE SOCIO.