Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 31 de marzo de 2008

PARTIDO ABURRIDO

Hola amigos e amigas, despois dun parón ligueiro, unha fin de semana máis na crónica deportiva do Toques C.F.

Esta fin de semana o Toques desprazouse a San Martiño (Cerceda) con numerosas baixas e con tan so doce xogadores, para disputar un partido nun campo bastante dificil, obtendo un resultado final de 1-0 para os locais.

O partido foi bastante aburrido e con poucas ocasións para ambos equipos. Ia selo San Martiño quen marcara o único gol do partido no minuto 10 da primeira metade tras unha falta botada que rexeita a defensa visitante e marca o defensa local. Polo demáis pouco máis que comentar. Destacar unha boa xogada de Carril que se marcha de tres contrarios e dispara fora por pouco.

Na segunda metade pouco máis do mesmo, sen dominio claro de ambos equipos e con poucas ocasións. O San Martiño soubo rendabilizalo gol da primeira metade e soubo manter o marcador a cero.

Destacar unha ocasion de Bareto no minuto corenta desta metade tras unha falta botada por Diego que este remata de cabeza fóra por pouco. Polo que pouco mais que destacar.

O PRÓXIMO PARTIDO SERÁ O VINDEIRO DOMINGO CONTRA O PONTECARREIRA NO MUNICIPAL DE TOQUES AS 16:45 H.

Non faltedes que seguro que será un bo partido.

O TOQUES MOLA..

ATA LOGO

viernes, 28 de marzo de 2008

Domingo Partido

Despois de moito tempo sen actualizar, actualizamos para comentarvos a información deportiva do Toques nesta fin de semana q está a entrar.

O Domingo o Toques C.F desplázase o sempre dificil campo do San Martiño(Cerceda).

O partido será as 16:30 en dito campo, quedando o equipo maila aficción concentrada o Domingo entre as 14:15 e 14:30 no bar Solaina.

Prégase puntualidade tanto ao equipo coma a aficción, xa q é un dos desprazamentos lonxanos da tempada.

O Bus partirá dende o Bar Lorena(Toques) sobre as 14:00 ata o Bar Solaina(Melide)-14:15-14:30

FORZA TOQUES

O TOQUES MOLA, MOLA MAZO

miércoles, 19 de marzo de 2008

NO HAY ACTUALIZACIONES POR VACACIONES

El señor Ángel molón era el encargado de actualizar el blog pero se encuentra de vacaciones.

Decir q este DOMINGO NO HAY PARTIDO quedando para el próximo domingo o partido contra o San Martiño.



Buenas minivacaciones

martes, 11 de marzo de 2008

Non todo vai ser futbol

Aquí vos dexo o momento no que unha ola enorme derriba parte del paseo marítimo da Coruña.

Por favor non facer chistes sobre o comentario da persoa q graba.

domingo, 9 de marzo de 2008

Non puido ser

O Sábado o Toques plantouse no campo do boimorto coa idea de acadar os 3 puntos, pero a pesar de q mereceu levar 1 punto pola grandísima 2ª parte al final volveuse de vacio cara Toques.

O Resultado final foi de Boimorto 3-Toques C.F 2.

O Toques empezou moi durmido, con moitas ocasións rivais, co acoso do equipo local, un conxunto do Boimorto q ben plantado no campo logrou adiantarse cun disparo raxo dende fora da área.
Pero a medida q ían pasando os minutos o Toques empezaba a reencontrarse co bo futbol q está a practicar en toda a tempada. Foi no minuto 32 cando Espomasa bate de vaselina o porteiro rival dende fora da área. Un gol xusto e moi merecido para Espomasa xa q despois de moitos meses de ausencia marca "por fin " o seu primeiro gol na liga.
Cando faltaba pouco para o final da primeira parte, chegaría a polémica do partido. O Dianteiro rival controla un balón, despois de acomodarse o balón coa man, quédalle nos pes para ejecutar o lanzamento, despexa o porteiro e o dianteiro local empuxa o balón as redes aproveitándose dun fora de xoga existente q non pitou o árbitro. Un gol precedido dunha man clara, xa q gracias a man o xogador acomódase o balón para disparar e acto seguido o dianteiro despois de arrancar en fora de xoga, aproveitase para bater a saniker. Chegábase o descanso no resultado de 2-1.

Tralo descanso o Toques adiantou filas, deixando o Boimorto sen ideas, coa única solución de xogar o balon en largo. O gol do Toques non tardaría en chegar e sería nun gol de falta ejecutado por Diego q bate ao porteiro polo seu pao. Era o 2-2 e o Boimorto quedábase con 10 despois da expulsión do seu capitan.
O Toques tiña o partido onde quería, cun 2-2 merecido e cun home menos, pero o q non esperaba e q cando o gol do Toques estaba mais cerca de chegar, nun erro do noso porteiro q despexa mal un centro, aproveitando o central do Boimorto para empuxar o balón a porta baleira.
Xa non habería tempo para mais.

O Toques cae derrotado pero contento co partido realizado.
Gracias a aficción do Toques desplazada ata Boimorto, xa que no q vai de temporada foi o desprazamento mais numeroso da aficción, destacando por primeira vez a ausencia das aficcionados nº1 do Toques.

GRAZASSSSSSSS

A Alineación foi a seguinte: 1. Iker, 2. Leonnel Escaloni, 3. Fenerbache, 4. Xelo, 5. Javi"Pienso Biona", 6. Drako, 7. "Exposición 08" 8 .fiss, fiss, 9. Rotweilerman, 10. Carril Makay, 11. A Penka. 12. Peito erguido, 13, Lazovic, 14. Villarroia. 15.Xosé
O seguinte partido será o vindeiro Domingo 16 de Marzo no Municipal Toquense Molón as 16:30 contra o Dorneda B, un partido q esperemos reencontrarnos ca victoria.
Anezdota do partido: Despois de 2 partido como capitán, Carril tivo q ceder o brazalete de capitán a Xelo debido ao regreso a titularidade. Un regreso q despois de ter a porteria vacía nos 2 partido de ausencia o conxunto Toquense na noite de onte encaxa 3 goles, xddd Noticias para a estadística





martes, 4 de marzo de 2008

A penka está de moda

Hoxe martes saliron as revistas adiantadas. Onde os titulares das revistas fanse eco do rapaz de moda en Toques.


Hoxe en homenaxe A penka

lunes, 3 de marzo de 2008

SOMOS UN EQUIPAZO


Hola amigos e amigas de novo, unha semana máis na crónica deportiva. Esta fin de semana o Toques deu outro golpe de autoridade o gañar na casa o Atlético Perillo, cunha gran actuación dos xogadores acadando o resultado final de 2-0. Con esta victoria o Toques encarrila seis partidos seguidos sen perder, despois da derrota contra o CIRE e situase en sexta posición na táboa con 40 puntos. A verdade é que se está a facer un bo traballo e eso nótase.
O Atlético Perillo desprazouse a Toques con ganas de levarse a victoria como fora, pero en diante encontrouse cun granToques ben organizado e que en ningún momento se deixou dominar. Os do Perillo trouxeron un delegado federativo para meterlle presión o árbitro e gravaron o partido cunha cámara para ter probas ante posibles erros arbitrais e poder queixarse como levan facendo toda a tempada. E que para ascender hai que gañar non negociar.
Bueno o importante e que pensaron que ian gañar fácil e a punto estiveron de sair goleados.



O Partido comenzou moi igualado pero o Toques non tardou en impoñer a súa autoridade e encarrilar o partido con ocasións. Xa que a primeira chegaria das botas de expomasa no minuto 10 da primeira metade tras xogada de carril que asiste e expomasa dispara fora. Corría o minuto 25 da primeira metade e tras gañarlle as espaldas Carril a defensa do Perillo estrela o balón no pau tras un forte disparo e o rechace iao aproveitar Migueliño "A Penka" para marcar o 1-0. Volvía a marcar tras case 6 meses de sequía goleadora. Foi un gol que facía xustiza o que estaba pasando no campo. Dez minutos máis tarde iase producir o 2-0 tras un penalti cometido sobre Carril que el mesmo transformou de forma maxistral.

Na segunda metade un pouco máis do mesmo, claro dominio do Toques que se amosou moi ben posicionado no campo e con claras ocasións das botas de Bareto, Carril e Expomasa que poideron aumentar a conta goleadora.


Tamén destacar a gran actuación do noso gardameta que sen dúbida e dos mellores con diferencia nesta categoria.


En xeral gran actuación do equipo que a pesar da baixa do seu Capi non a notaron en falta.



A alineación foi a seguinte: 1. Iker, 2. Leonnel Escaloni, 3. Fenerbache, 4. Javi"Pienso Biona" 5. kristian "Ganavaro" 6. Drako, 7. "Exposición 08" 8 .fiss, fiss, 9. Rotweilerman, 10. Carril Makay, 11. A Penka. 12. Peito erguido, 13, Lazovic, 14. Villarroia.




1. O vestiario concentrado.

2. Momento no que o 2º Capi Carril saúda o Capi do Perillo.

3. Saque dunha falta o equipo preparase pa rematar.

4. A penKa revosa de alegría cara as cámaras tras o seu gol.

5. O equipo saúda a aficción e agradece o seu apoio, o final do partido.

Recordar que o vindeiro fin de semana: BOIMORTO-TOQUES CF. no municipal de Boimorto, o sábado as 7:30 da tarde. Non faltedes que será un partidazo.

Moitas gracias a Aficción que estivo impresionante e as colaboradoras que fan moi bo café.

Nada máis amigos, Xa sabedes, ¡O TOQUES MOLA, DE VERDADE!.

Ata a próxima. Espero poder unirme a festa.

Un saúdo , Xelo.