Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

sábado, 27 de septiembre de 2008

COMENZA A TEMPADA

Hola amigos e amigas, ante todo pido disculpas por estar tanto tempo sen escribir neste blog, coa cantidade de cousas que hai que contar.

En primeiro lugar quero felicitar o Solaina-Toques. F.S. polo gran partido disputado o pasado día 25 de setembro no pavillón municipal de Toques ante o Autos Lobelle B de Santiago.

O partido saldouse cunha vitoria clara po equipo visitante, 1-4 resultado final. Os rapaces apenas tiveron opcións da victoria pero fixorono moi ben.

En segundo lugar quero dicir que este ano o equipo do Toques cambiou de vestimenta patrocinada pola empresa láctea CELEGA polo que o novo equipamento vai ser camiseta vermella e pantalón negro. Preténdese así recuperar as cores do antigo equipo do Toques, fundado a finais do oitenta e principios dos noventa, cando se xogaba na liga da amizade.

En terceir lugar ¡MÁIS IMPORTANTE! quero invitarvos, cun pouco de retraso,

A 2ª FESTA DO SOCIO DO TOQUES CF. que se celebrará mañá domingo 28 de setembro no municipal de Toques.

Os actos previstos son:

- As 13.30 presentación do novo equipo do Toques CF para a campaña 2008/2009.

- Apartir das 14.30 GRAN CHURRASCADA, con viño e queimada para amenizar o día.

- De seguido grandes actuacións dos grupos de gaitas de Toques.

A partir das 17.30, partidazo de alto nivel: TOQUES C.F- SAN MARTIÑO DE CERCEDA.

Xogo un gran trofeo que será entregado o equipo gañador polo Alcalde do Concello Miguel Angel Buján.

Amigos que disfrutedes coa festa, que seguro que será moita.

Espero que veñades, que o carne de socio estavos esperando.. ja..ja

Por último, quero saudar a diversos xogadores que por cuestións profesionais non poden acudir a esta festa. Tamén quero saúdar os grandísimos socios e socias que están espallados por diversos puntos da xeografía española que nos seguen e animan máis que ninguén e que me houbera gustado que todos eles estiveran nesta festa, que sen dúbida, é a festa do socio.

Saúdos tamén a todolos afeccionados e afeccionadas e seguidores deste blog que senón fora por eles esto non tiña moito sentido.

Non despedirme sen decirvos que o no primeiro partido da liga hai un GRAN DERBI no grupo 4 de terceira autonómica:

ATLETICO SOBRADO XUVENTUDE- TOQUES CF. O vindeiro domingo día 5 de outubro no estadio municipal de Sobrado.

Non volo perdades, vai ser un partidazo. Sorte os dous equipos que seguro que este ano van estar ahí arriba.

Sen máis ata pronto. Un Saúdo a todos.

jueves, 11 de septiembre de 2008

SEGUIMOS CA PRETEMPADA

Boas de novo, en 1º lugar felicitar de novo o equipo do Solaina que se alzou co campionato de Melide de agosto.
Nese dito campionato lesionouse o noso compañeiro Alfonso que desexamos que se millore, e a Cristian tamén que ten un esguince de rodilla;os dous esperamos que se milloren rápido para volver a estar nos terreos de xogo con todos nós. ÁNIMO RAPACES.
O pasado domingo día7 de setembro tivo lugar no municipal de Toques un encontro amigable entre o Toques e o Santiso. Foi un partido moi disputado no que comezou marcando o equipo visitante cun gol de Michu. Xa na segunda metade marcou un golazo Ricardo(Tucho) con un gran pase de Carril. Pouco despois chegaron dous goles mais marcados por Miguito á saída dun córner e Diego cun tiro dende lonxe. Asi rematou o encontro cun 3-1 a favor do Toques.
Lembrar os seguidores do Toques que o próximo sábado13 hai un encontro amigable contra os veteranos do Cire ás 6 da tarde, esperamos a vosa asistencia.
FORZA TOQUES

sábado, 6 de septiembre de 2008

Felicidades

Q tal chicos como anda a xente mais canalla da comarca?????

Hoxe escribo dende Baeza para felicitar aos campeóns do torneo de futbol sala de Melide.

Felicidades ao conxunto do Solaina formado por xogadores do Toques C.F.

haber q me pode contar q lle pasou a Alfonso q parece mancado na foto. Unha aperta amijosss