Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

viernes, 31 de octubre de 2008

VICTORIA MOI IMPORTANTE

Hola amigos e amigas, antes de nada perdoade por actualizar o blog tan tarde, e que ando bastante liado e apenas teño tempo pa sentarme diante do ordeñador e poñerme a escribir.

O pasado fin de semana o Toques CF disputou un gran partido na casa ante o Vizoño B que se saldou co resultado final de 3-1 para os locais : O partido comenzou moi igualado con ocasións para os dous equipos e o Vizoño intentando dominar o partido dende o principio pero o Toques trala presión do equipo visitante ía sacar un par de xogadas ben elaboradas para que; primeiro Bareto cunha magnifica vaselina a pase de Carril fixera o primeiro gol no minuto 20 de xogo e logo dende frontal da área Nacho, de cabeza tras un centro tamén de Carril dende a banda dereita ía facer o 2-0 minutos máis tarde. O partido poñíase de cara para os locais, pero o Vizoño ía reaccionar rapidamente cun gol minutos antes de rematar a primeira metade tras botar unha falta o segundo pau que remata o dianteiro visitante.

Polo demáis salientar un balón o longueiro do Vizoño que puido supoñer o empate e pouco máis na primeira metade.

Tras o descanso o Toques saíu con ganas de sentenciar o partido e ía dispoñer de numerosas ocasións por parte de Bareto, Migueliño e Carril, pero non se consegue aumentar o marcador ata o minuto 80 desta metade tras xogada de Luis que asiste a Bareto e este pasa atrás para que controle Carril regatee e dispare axustado o pau dereito onde non pode chegar o porteiro. Era o gol da tranquilidade e o gol que se buscaba tras as numerosas ocasións desaproveitadas.

Pouco máis que comentar, e destacar o gran número de afeccionados que acudiron o municipal de Toques por ambas partes para animar os equipos e a deportividade dos xogadores visitantes.

Nada máis, so recordar que o vindeiro domingo día 2 de Novembro o Toques viaxa a Poulo para disputar 5ª xornada do campionato.

O partido será o domingo as 16:15 da tarde no campo do Poulo.

UN SAÚDO A TODOS OS SEGUIDORES DESTE BLOG E OS SEGUIDORES DO TOQUES CF.

miércoles, 22 de octubre de 2008

SACOUSE UN EMPATE

Boas de novo, hoxe comentobos o noso 2 partido na liga, que se saldou cun empate no campo do Abellá. O partido comezou cun dominio do Abellá, que tivo varias ocasións para poñerse por diante ata que cerca do remate do 1º tempo marcaron o primeiro tanto á saída dun córner.
Despois do tempo de lecer o Toques saíu con máis forzas e tivo claras ocasións para poder empatar o encontro, pero houbo que agardar ó minuto 80 para que Damián rematara un centro dende a esquerda para empatar o encontro. Minutos despois ante un maxistral pase de Carril, Bareto quedouse só diante do porteiro o que lla picou por riba e puxo o 1-2 no marcador. Cando o Toques ía gañando e xa tiñamos os tres puntos no peto, o Abellá tivo unha falta escorada que rematou en gol aínda que remataran ca man pero o resultado xa non se moveu.
Despois de todo marchamos cun sabor agridoce despois de ter casi o partido gañado.
Recordovos que para o vindeiro domingo día 26 xogamos o 1º partido na casa contra o Vizoño ás 16.30 do serán, espérovos a todos e espero que disfrutedes co partido, saúdos.
FORZA TOQUES

jueves, 16 de octubre de 2008

SEGUNDA XORNADA

Boas de novo, como poidestes comprobar esta semán pasada non tivemos fútbol,e non foi porque foramos a selección ningún integrante do Toques; senon que descansamos porque o Ordes retirouse da competición e asi temos que descansar cada equipo 1xornada.
Así que esta semana imos xogar contra o cuarto clasificado que é o Abellá, xogaremos as 4.30 da tarde, esperamos que acuda toda a afección que poida e que disfrute do partido.
Deixovos a Clasificación para que vexades como se mantén o voso equipo, saúdos e
FORZA TOQUES.


1 OZA DE LOS RIOS C.F.
2 A.D. VILAMAIOR
3 VIZOÑO S.D. "B"
4 A.D. ABELLA
5 C.F. VISANTOÑA
6 SAN MARTIÑO S.D.
7 A.C.D. POULO
8 C.D. MESIA
9 TOQUES C.F.
10 BOIMORTO C.F.
11 ATL.SOBRADO XUVENTUDE
12 ENCROBAS C.F.
13 C.C.D. CURTIS
14 SAN ESTEVO DE ABELLA
15 SPORTING MEICENDE

martes, 7 de octubre de 2008

COMEZOU A TEMPADA

Boas de novo,comezou unha nova tmpada na 3ªrexional cun derbi no feudo do Club Atlético Sobrado, que tivo que xogar no campo de Vilasantar por mor dunhas obras no seu campo.
O encontro foi moi disputado con ocasións para os dous equipos, ata que cerca do descanso o noso equipo deu un arreón cun gol de Diego de falta e un gol olímpico de José que puxo o Toques en ventaxa antes de rematar a 1ªmetade.
Na segunda metade o relaxamento do equipo e un penalti moi discutido puxo ó Sobrado a un gol do empate. Despois duns minutos moi disputados e con tres expulsións, 2 para o Sobrado e con Espo pola nosa parte,chegou o empate acadado nunha falta lonxana cun remate de cabeza no minuto "98".
Despois deste partido non se sabe se xogaremos o próximo domingo. Cando sepamos algo xa avisaremos.
FORZA TOQUES.

jueves, 2 de octubre de 2008

DA FESTA A LIGA

Hola amigos e amigas, perdoade polo retraso na actualización, pero e que non dou abasto. O pasado fin de semana, como xa bos adiantei tivo lugar a festa do socio do Toques e posteriormente un partidazo contra o SAN MARTIÑO DE CERCEDA que se saldou cunha vitoria do Toques por 2-1. Destacar a gran deportividade dos xogadores do San Mariño e decir tamén que teñen un equipazo. Este ano seguro que van a ir polo ascenso

Por outra banda ahi vos deixo unha secuencia de fotos do pasado domingo:


1. Preparando o xantar 2. Tiñan fame... 3. Un despistado que chega tarde


4. O outros artistas de toques 5. Como ía faltar a pócima 6.


7. Amigos forever 8. As pernas xa non aguantan e ........


10. Espléndido terreo de xogo 11. Previo do partido 12. Menudo xuiz de liña..


Tamén quero recordar que o GRAN DERBI DESTA FIN DE SEMANA SERÁ O VINDEIRO DOMINGO DÍA 5 DE OUTUBRO NO CAMPO DE VILASANTAR AS 4:30 DA TARDE, XA QUE ESTAMOS EN OUTUBRO. E en Vilasantar por que o municipal de Sobrado non está en condicións de uso.Este campo traeme moi bos recordos de anos pasados.

Esperemos que sexa un gran partido onde prime a deportividade e o futbol.

Sen máis un saúdo a todos e todas.

RECORDOVOS QUE O TOQUES MOLA, POLO TANTO FAITE SOCIO.