Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 24 de noviembre de 2008


OUTRO EMPATE PERO INVICTOS

Boas amigos,esta xornada saldouse con outro empate contra o Mesía.A primeira parte empezou dominando o Toques, xa que tivo bastantes ocasións de meter o primeiro tanto no marcador, e así foi, Carril, foi o afortunado en poñernos por diante no marcador.
O empate a uns por parte do Mesia chegou pouco despois, sacaron de corner e unha mala colocación dos xogadores fixo que sumaran o primeiro tanto ó marcador.
Na segunda metade o partido fixose un pouco mais pesado xa que a choiva axudou bastante.Nunha xogada con varios rechaces, Carballal, despois de facer un par de paradas ben boas, colouselle o que foi o segundo tanto para o marcador do Mesía.
O segundo tanto do Toques, chegou por mor dun penalti que lle ocasionaron a Bareto,o porteiro do Mesía fixo o posible por paralo, pero un tiro como este que foi directo a portería era imposible paralo.
O pouco de que Bareto metera ese penalti, os xogadores do Mesía tiveron outra oportunidade de meter o terceiro tanto ao seu marcador, unha xogada con varios rechaces no cal surxiu un trallazo que todos pensamos que iba pa dentro das redes, pero non, no foi así, Carballal non a puido salvar, pero aí estaba Nacho, o noso Nacho, que fixo un paradón criminal (gracias as máns claro)e que o árbitro non viu.
Pois ben amigos así rematou o encontro cun empate a douses e algunha que outra tarxeta inxusta.

A alineación foi a seguinte: 1-Carballal,2-Mateo,3-Penka,4-Molón,5-Nacho,6-Diego,7-Luís,8-Pardo,9-Bareto,10-Carril,12-Santi,13-Jose,14- Espomasa.

O próximo partido desprazaremonos ata o campo do Oza dos Ríos,o domingo 30/11/08 ás 16:15 do serán.
Esperamos ver alí a toda a afección posible.

Ún saúdo e FORZA TOQUES!!

lunes, 17 de noviembre de 2008

PUNTO VALIOSO

Boas amigos, aqui estamos de novo pra comentarvos a xornada deste fin de semana.Este Domingo desprazámonos ata o Campo do Vilamaior, no que se conseguiu un punto por mor do empate a un tanto.
O partido comezou embarullao co dominio do Vilamaior pero sen ter ocasións moi claras, foi un partido moi físico e no que os xogadores de medio campo tiveron que rendir a un gran nivel.O Toques pouco a pouco foi despegando o dominio de Vilamaior, e así foi chegando sin moito acerto á portería local, dando por finalizados os primeiros 45 minutos.

A segunda parte seguiu marcada polo xogo duro e así despois dunha falta que non pitou o árbitro por un empuxón chegou o tanto local, poñendose así o Vilamaior en ventaxa no marcador.
O Toques non se veu abaixo e tivo varias ocasións para poder empatalo encontro:dous tiros de Carril que salvou o gardamallas local e catro bos centros que non atoparon rematador.Así que o gol tivo que chegar dun saque de Carballal que lle pegou tan forte o balón que chegou dunha área á outra tocando nun defensa local , despistando ó porteiro e así marcando o primeiro e único tanto para o Toques.Con todo isto acabou o encontro dando por bo o empate xa que nese campo non gañaran moitos equipos polo xogo ordenado e duro dos seus xogadores.

A alineación foi: 1-Carballal, 2- Mateo, 3- Penka, 4-Molón, 5- Nacho, 6-Diego, 14-Espomasa, 8- Pardo, 9- Bareto, 10- Carril, 11- Jose, 12 - Santi, 13- Pio

O próximo partido será na casa contra o Mesía o Domingo día 23 as 16:15 do serán.
Esperamos ver alí a toda a afección porque vai ser un partido moi interesante.
Ata logo e FORZA TOQUES!!!!!

martes, 11 de noviembre de 2008

2ª VICTORIA NA CASA

Ola amigos, estamos de novo aquí pra comentar a 2ª victoria na casa contra o Encrobas.
O Toques saiu ó partido co afán de non deixar escapar ningún punto do noso feudo.O partido comezou un pouco frío polo xogo e mais polo tempo xa que chovia, pero logo se quentou por mor dun gol visitante cun trallazo dende fóra da área no que Carballal pese a súa estirada non puido cortar a traxectoria do balón.O Toques reaccionou bastante ben e logo dun par de xogadas chegou o empate por medio dunha falta na que marcou Diego un fermoso gol, e así se chegou o final da primeira metade co empate no marcador.
A segunda metade comezou un pouco embarullada e con moitas faltas ata que ben entrado no segundo periodo Carril enganchou un bon disparo dende fóra da área para poñer ó marcador do Toques por diante. Aumentou a renda goleadora Espomasa cunha fermosa xogada do equipo e que a pase de Carril meteuno co peito ( o tetos ) na área pequena.
Xa case no remate do encontro Diego lanzou un disparo coa súa perna esquerda dende o medio campo que lle botou diante dos fuciños ó porteiro visitante e que colou o cuarto gol.
Así se chegou ó remate do encontro ca victoria por 4 goles a 1 e que aúpa o Toques á sexta posición da clasificación.
Pois ben, nada mais , só recordarvos que o próximo partido será na casa do Vilamaior ás 16:15 do serán do próximo Domingo.
Esperamos ver alí a toda a afección posible animando o noso equipo.
Saúdos e FORZA TOQUES!!

lunes, 3 de noviembre de 2008

O REI DO EMPATE

Boas de novo, esta xornada saldouse cun empate no feudo do Poulo.O partido foi moi embarullado sin ter un claro dominador en ningunha das dúas partes, pero tendo o Toques as mais claras ocasións, sobre todo na primeira metade,con dous tiros dende a frontal da área que ben puideron poñer o marcador en vantaxe para o Toques, sendo Carril, Bareto e José os principais protagonistas das xogadas.

Os xogadores locais tiveron que se emplear a fondo nas xogadas de perigo, sacando incluso un balón debaixo dos paus.

Na segunda metade, foi un partido moi físico na que os equipos pagaron a pesadez do terreo de xogo, xa que chovia. As ocasións nesta segunda metade foron escasas, dando por bo o empate os dous equipos.

A alineación foi a seguinte: 1-Carballal, 2- Mateo, 3- Nacho, 4- Ángel, 5- Cristian, 6- Diego, 7- José, 8- Luís, 9- Bareto, 10 Carril, 11-Miguelinho (A Penka ), 12- Santy, 13- Pio

O próximo partido será o domingo día 09/11/08 no campo do Toques, ás 16:15 do serán contra o equipo Encrobas C.F.

Esperamos ver alí a todos os afeccionados para disfrutar unha boa tarde de fútbol.

Un saúdo e FORZA TOQUES!!