Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 29 de diciembre de 2008

FIN DE ANO 2008

Hola amigos e amigas, antes de nada quero desculparme por estar tanto tempo sen escribir neste blog e que o tempo non dá pa máis e non quería despedir este ano sen felicitar o Toques CF e o SOLAINA pola gran tempada 07/08 que disputaron ambos equipos. Unha tempada, que sen dúbida, e pa enmarcar.

Desexando que para o vindeiro ano que entra sexa igual ou mellor para ambos equipos.

Quero felicitar a todos os seguidores deste blog, a todolos afeccionados e afeccionadas que semana tras semana dan o apoio ao equipo. Esperemos que para as vindeiras datas poidamos agasallar a toda a afección con victorias e alegrías.

Por outra parte en nome do Toques CF. quero mandarlles un feliz e próspero ano a todolos equipos de terceira rexional para que o vindeiro ano as cousas lles vaian mellor.

Quero felicitar tamén a todolos seguidores que andan espallados polo territorio español que non poden estar con nós cada semana pero que seguén de cerca todo o que pasa grazas a este blog.

FELICES FESTAS E UN BO ANO PARA TODOS E TODAS E EN PARTICULAR PARA O FUTBOL AFECCIONADO.

Ah, Javi que sepas que me lesionei parado esperando subir a un remonte. Pero para o ano voltarei para baixar polas pistas negras que son as máis complicadas....ja, ja.

¡Coidadiño coa festa de fin de ano que o día 4 hai que xogar outra vez.!

Eu non poderei xa que teño unha lesión de ligamentos pero estarei co meu equipo a tope!

Ata pronto amigos.. e sorte cas lesións.

viernes, 26 de diciembre de 2008

ÚLTIMA XORNADA DO ANO

Boas de novo, a derradeira xornada do ano tivo un bonito encontro entre o Toques e o San Martiño,un encontro entre dous equipos situados na parte media-alta da clasificación.
Chegouse ó partido cun día fenomenalpara a práctica do fútbol, soleado pero sin moito calor, e así comezou o partido, oubo ocasións para os dous equipos, Carballal parou unha pena máxima e o porteiro do San Martiño tamén fixo unha boa parada dun disparo de falta de Diego.
Así foi tanscurrindo o partido con varias ocasións para os dous equipos pero non se moveu o marcador e rapartironse os puntos.
Como xa sabedes non se volve xogar ata o 4 de Xaneiro por mor cas festas de nadal, ese próximo encontro será na casa do Meicende ás 4 da tarde.
Quero darlle ánimos ó noso capi Molón que se lesionou esquiando, esperamos que se recupere pronto, Ánimo MOLÓN.
E a todos vós desexobos unhas boas festas e próspero ano novo.
FORZA TOQUES

martes, 16 de diciembre de 2008

VICTORIA NA CASA E DERROTA FÓRA

Estamos aquí de novo e tedes que perdoar por non actualizar a semán pasada, pero e época de matanzas xa sabedes o traballo que dan.
Vamos falar do que realmente nos interesa que é o fútbol; a xornada pasada tivemos un bon partido fronte ó San Estevo de Abellá na casa que se saldou cunha victoria pola mínima cun resultado de 5-4. O resultado e algo engañoso, empezamos marcando cun gol de Espo pero logo nos empataron,o que nos reaccionamos con tres goles máis de Damián, Diego e Espo outra vez,pero o San Estevo sacou forzas e despois da expulsión de Luis chegaron a poñerse 4 a 3,pero cando tiñan un bon dominio do balón e chegaban con claridade apareceu Carril para marcar 1 gran gol. Despois deste gol aínda oubo 2 cousas ke nos perxudicaron, 1 tanto deles e a expulsión do noso capi Molón. Así rematou o partido cunha victoria merecida pero sufrida.
Este domingo pasado tivemos que xogar no campo do Visantoña cunha fría tarde, campo en mal estado e con importantes baixas.
O partido comezou cun toma e daca con ocasións claras para os dous equipos, aínda que o primeiro en golpear foi o Visantoña cun bo remate de cabeza do seu dianteiro, pero esa renda pouco lle durou o equipo local por mor dun penalti que lle fan a Bareto que transforma este mismo no rechaze despois de que llo parara o porteiro. Con este marcador pasouse ó segundo tempo que co terreo en moi mal estado foise xogando ata que nos últimos minutos complicouse un pouco o árbitro cando Carballal saca un balón en largo que Bareto aproveita para marcharse sólo cara o porteiro e o lateral deles agarrao e intenta desequilibralo cousa que non da pero non remata e a ocasión perdese, xa que era expulsión e falta fóra da área, pero o árbitro deixa seguir e o Visantoña despois de varios pases remata en gol tras un claro fóra de xogo, que despois de protestarlle a xogada comelle 5 minutos ó partido e rematao así. Quero resaltar que foi un partido totalmente limpo pese ó estado campo.
A alineación foi a seguinte:
1.Carballal,2.Mateo,3.Penka,4.Espo,5.Cristian,6.Diego,7.Santi,8.Pardo,9.Bareto,10.Carril,11.José,12.Pío.
Cabe resaltar que ante a ausencia de centrales empeza xogando Espo con Cris pero non está o campo pa regates e o míster Pepe decide poñer a Carril de central e a Bareto como referencia sola en ataque.
A última xornada antes de nadal e fronte ó San Martiño na casa o domingo día 21 de decembro ás 16:00 horas no municipal de Pontequeimadas, espero que vos acheguedes ata o partido para animar ó voso equipo.
Con esto nada máis e FORZA TOQUES!!!!!

miércoles, 3 de diciembre de 2008

A PRIMEIRA DERROTA


Ben amigos, aquí estou de novo para comentarvos a xornada, desprazamonos ata o campo do Oza dos Ríos.O partido comezou un pouco amargo para o Toques, xa que chovía, facía frío... pero o peor non foi iso, o peor foi que nos primeiros cinco minutos de xogo da primeira parte, o árbitro pitoulle un penalti a Santi, no cal os xogadores do Oza dos Ríos souperon aproveitar a ocasión e marcaron o primeiro tanto para o seu marcador.Apesar desa mala sorte os xogadores do Toques non nos rendemos, e tamén tivemos varias ocasión de que José, Santi, Carril e Espomasa puideran poñer o noso marcador porriba, pero non foi así e fomonos o descanso cun 0-1 para os locais.

Na segunda metade o terreo de xogo estaba en peor estado pola choiva, pero iso non queria decir que tanto o Oza coma o Toques non puideran seguir tendo ocasións claras.

Opartido rematou ca primeira derrota para o Toques.


A alineación foi a seguinte: 1-Cabado,2-Mateo,3-Penka,4-Molón,6-Cristhian7-Luís,10-Carril,11-Santi,12-José,13-Espomasa,14-Pio


O próximo partido será o Domingo día 07/12/08 na casa ás 16:00 do serán contra o San Estevo de Abellá.

Esperamos vervos alí a tod@


Ún saúdo e FORZA TOQUES!!!