Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

jueves, 9 de julio de 2009

Cerrado por Vacaciones

Este blog vexo que anda moi parado, por iso cerro por vacacións.

Sede todos bos e pasade un bo verano

jueves, 7 de mayo de 2009

DUAS IMPORTANTES VICTORIAS


Boas compañeiros, aquí estamos para contarvolas novas do Toques que chegan con dúas victorias, unha de copa e outra de liga.

A primeira, na copa fronte ó Marino de Mera foi un partido no que se notou a boa forma física do equipo de segunda pero no que os nosos xogadores deron o 200 % durante 120 minutos.

O Marino na primeira metade comezou marcando un gol de un remate de cabeza despois dun centro de falta.

Xa na segunda metade o Toques apretou algo mais e empatou mediante unha bonita xogada comezada por un pase de Diego á banda na que a Penka recortou o seu defensa e deulle o paso da morte a Bareto para que marcara.

Con este resultado chegouse o remate do partido posto que houbo que xogar unha prorroga de 30 minutos na que o Marino marcou un gol de falta e o Toques empatou cun gol de Carril a pase de Bareto.Con este marcador rematou o partido e houbo quir a penaltis para saber o gañador da eliminatoria.

Na tanda de penaltis resurxiu Carballal que parou 3 dos 4 penaltis que lle tiraron e pola nosa banda marcou Carril, Bareto, Diego e fallou Pardo.

Ben, así pasamola eliminatoria e xa anunciaremos cal é o noso próximo rivaL.



Aínda ca resaca da copa, oubo quir xogar a xornada de liga fronte o Curtis no que o Toques gañaou aínda que tivo que pasar moitos apuros porque ía con moitas baixas e só 10 xogadores de campo, asunto que se complicou ca lesión de Nacho así oubo que xogar a maior parte do partido con 9 xogadores.

Marcou 3 goles Bareto e 1 Diego. O resultado foi 3-4.


Así chegamos o remate da liga que será este domingo día 10/05/09 na casa ás 17:00 do serán contra o Boimorto.


Agardamos por todos vós.Un saúdo e FORZA TOQUES!!!!

lunes, 27 de abril de 2009

VOLTOU CON GOLEADA

Si señor, volveu Molón, xogou uns minutos e marcou un dos 8 goles na tarde do domingo, no que o partido perdeu un pouco de interese posto que o Meicende xogou o partido con 9 xogadores. Así o partido encarrilouse con 2 goles de Carril; o Meicende opuxo resistencia cun gol pero logo se refrendou con máis goles, o resultado foi dun abultado 8-1, na segunda parte chegou a reacción dende o banquillo, e saíron o campo Richi,Santi e Molón, si escoitades ben, voltou Molón e marcou un gol de dianteiro centro de cabeza, noraboa Ángel. Así os goles foron de Santi, A Penka, Molón e Carril con 5 dianas que se pon como máximo goleador do Toques.
O fútbol volve a Toques o venres día 1 de Maio coa copa confederacións fronte ó Marino de segunda rexional ás 17.00 horas. O Toques terá que disputar ó día seguinte o partido de liga fronte ó Curtis no que será o último partido fóra da casa.
Nada máis, espero que disfrutedes co fútbol e FORZA TOQUES.

martes, 21 de abril de 2009

BOA GOLEADA E DERROTA FÓRA DA CASA

Boas, o derradeiro partido xogado na casa foi unha mostra da fame de victoria que ten o noso equipo, endosoulle un sorprendente 9-0 ó Curtis, o partido non tivo moita historia e dende que Carril abriu o marcador todo foi coser e cantar; Carril con 4 goles e despois Espomasa, Diego, Damián, Santi e Cabado firmaron unha boa goleada. O próximo partido xogouse no campo do San Martiño, eu non podo comentar moito deste partido porque non puiden asistir pero meteronnos un 3 a cero. Sin moito máis que contar nada máis recomendarvos que veñades animar ó Toques o próximo domingo ás 17 horas fronte ó Sporting Meicende.
Saúdos e FORZA TOQUES.

jueves, 9 de abril de 2009

VICTORIA MOI VALIOSA

Boas de novo, despois dunha mala racha o noso equipo sacou unha victoria ante un dos equipos da parta alta, con moitas baixas pero con un gran partido de todos e un bo apoio da afección.
O partido comezamolo con moitas ganas e antes de poñernos por diante a Penka xa tivera un par de ocasións pero nesta non fallou e tras un pase de Carril executou un bo disparo batendo por baixo ó porteiro. A partir de aquí o Visantoña empezouse a vir para arriba pero aínda así o Toques con máis corazón seguia tendo ocasións para aumentar a vantaxe no marcador antes de rematar o 1 tempo.No segundo tempo tocou sufrir un pouco máis e oubo que encerrarse para poder manter a vantaxe no marcador, cabe destacar unha boa ocasión de Carril cunha falta lonxana que petou no largueiro, e o sacrificio da Penka cas súas carreiras sobre todo despois da expulsión de Luis e dun medio do Visantoña. En xeral moi bo partido de todos.
Agardámosvos o próximo sábado para disputar o partido aprazado fronte ó Curtis ás 17:00 no campo de Toques, saúdos e FORZA TOQUES.

jueves, 12 de marzo de 2009

UNHA MALA RACHA

Boas, e perdoade pola falta de información do noso equipo, pero aquí estamos de novo, para comentarvos que estamos pasando unha mala racha, despois de gañarlle o Vilarmaior por 2-1 na casa con goles de Pardo de cabeza e de Bareto con unha boa xogada individual, o Vilamaior complicou o partido ó final cun tiro dende fora da área que se convirtiu no 2-1 final.
Despois deste partido o Toques esta pasando unha crise, que ven cas derrotas no campo do Mesía por 2-0, a derrota na casa fronte ó líder "Oza" por mor dun gol en propia porta de Cristian e a última fronte ó San Estevo por 2-0. Esta derrota está marcada pola expulsión de Diego no minuto 17 de partido por dobre amarilla ambas por protestar ante a decisión do árbitro moi discutida. Antes do remate da primeira metade pita un penalti cando David toca o balón e o dianteiro lle fai falta e iso supón o 1-0. Na segunda metade tivemos ocasións para darlle a volta ó marcador pero o balón non quixo entrar, e así despois dun barullo expúlsanos a Bareto e a Mateo enchéndose aínda máis de gloria o colexiado; despois desta acción acabannos de matar co segundo gol á saída dun córner noso e cun contragolpe levado con éxito. Despois deste partido só quero dicirlle á xente da federación de árbitros que controle a quen ten, porque de verdade que dan moita pena. Só que os árbitros reflexionen porque complican os partidos eles soíños, con decisións absurdas.
Despois disto quero animar á xente para que nos axude aconseguila victoria o 1º fin de semana de abril fronteó Visantoña ás 16:45 do serán, un saúdo
e FORZA TOQUES.

lunes, 2 de marzo de 2009

3 PUNTOS DE 6 POSIBLES

Boas, os dous últimos partidos foron rematados cunha derrota na casa e unha victoria na casa do Encrobas. Fronte ó Poulo foi un partido duro, no que se esperaba algo máis positivo, pero non se sacou ningún punto xa que perdeuse por 1-2. Dar as gracias de parte de Molón pola homenaxe dos seus compañeiros cas camisetas grabadas, "ANIMO MOLÓN". Esperamos que se recupere pronto.
Xa nesta última xornada desplazámonos ata Encrobas para xogar o sábado ás 16.30. foi un partido con pouca historia xa que houbo poucas ocasións ata que cerca do final a uns 15 minutos a Penka deulle a victoria ó Toques, aínda que despois do gol, Bareto tivo un par de xogadas de auténtico Messi levándose a todos os contrarios que lle saían o paso, a primeira cedeulla a Carril que botou un disparo alto, e a segunda que lla para o porteiro cando lle daba o pase da morte para que Santi rematara a porta baleira. Así rematou o partido, agardando con ansias que chegue o próximo partido que será o domingo 8 de marzo ás 16:30 fronte ó Vilamaior. Espero vervos a todos animando o voso equipo.
Ánimo e FORZA TOQUES.

martes, 17 de febrero de 2009

UNHA DURA VICTORIA

Si señores, como di o título unha dura pero merecida victoria, fronte a un equipo tan ben plantado como é o Vizoño "B".
O partido comezou cun dominio do balón por parte do Vizoño pero de ocasións do Toques, ata que nunha mala saída do porteiro, o balón foise cara o lado dereito e Carril case sen ángulo aproveitou para poñer o 0-1 no marcador.
Xa na segunda metade o Vizoño saíu polo partido e deulle a volta ó marcador con dous goles que viñeron de ambos centros dende o lado dereito con remates do extremo esquerdo poñendo o 2-1. Na xogada seguinte chegou o golazo do partido cunha falta que botou Diego e que entrou maxistralmente na portería do Vizoño alcanzando o empate, pero pouco despois chegou a ledicia ó Toques cando Miguelinho "A PENKA" marca o terceiro tanto visitante dandonos así os tres puntos, "que boa falta nos fan".
Nada máis, agárdovos o próximo domingo 22 de Febreiro(Carnaval) para que disfrutedes do partido fronte ó Poulo ás 16:15 do serán.
Saúdos e FORZA TOQUES.

sábado, 14 de febrero de 2009

Un empate ante un dos favoritos

O fin de semana pasado o Toques C.F recibía a visita dun gran equipo como é o A.D Abellá, nun encontro moi igualado que rematou co resultado de Toques C.F 1-1 A.D Abellá.

Nun encontro moi igualado no que o empate foi xusto a pesar de que a ningún dos dous equipos conformábase co empate, xa que era un resultado malo para os dous equipos.


No seguinte partido, e decir este fin de semana, o Toques desplázase o sempre dificil campo do Vizoño B, pero esperemos sacar algo positivo, xa que é un campo que se lle da moi ben o conxunto toquense.

Sin mais despedirme, e decir que, con esta actualización que fago, o blog estará moi operativo, xa queagora teño moito tempo.



Un saludo e forza toques

lunes, 2 de febrero de 2009

UNHA DURA DERROTA

Boas amigos, despois duns problemas coa tecnoloxía dos ordenadores e dun forte temporal dispoñemonos a contarvos o que deu de si o derbi comarcal entre o Toques e o Sobrado, que se saldou cunha victoria visitante por 1-2.
Comezou o partido baixo un diluvio e unha forte granizada no que o xogo era moi embarullado e con poucas ocasións, un partido moi físico no medio campo. Así o gol local chegou despois dunha boa xogada de Espo na que recorta a un xogador e o seu tiro no no da agarrado o porteiro e queda rexeitado para quen se non, Bareto puxese en vantaxe o equipo local. Pouco despois tivemos outra clara ocasión nos pés de Pardo que non deu aumentado o marcador. Cabe salientar unha fermosa falta que tira o xogador do Sobrado ¨Chino¨ que se estrela no traveseiro e lle dá a Carballal na testa saíndose fóra da portería por moi pouco; antes de rematar a primeira metade o Sobrado empataría o encontro despois dunha bonita xogada que un dos seus dianteiros remacharía o fondo das mallas do Toques.
Xa na segunda metade co campo moi pesado e o sobrado ben plantado no campo o Toques non daba creado ocasións claras de perigo, e así nun mal despexe o Sobrado aproveitou para marcar o segundo gol e levarse os tres puntos do noso feudo.
despois desta xornada non volveremos xogar ata o día 8 de febreiro na casa, fronte ó Abellá ás 16:15 do serán no novo horario ó cambiar de mes.
Saúdos e Forza Toques.

martes, 20 de enero de 2009

3 PUNTOS MÁIS


Boas amig@s
Despois de dúas semáns sin actualidade deportiva do voso equipo voubos comentar as dúas últimas xornadas de liga.
A segunda xornada de ano foi fronte ó Curtis, e foi un partido que non se disputou, porque o árbitro atabase mal e cando se deu avisado ao outro árbitro os xogadores do Curtis decidiron marxar posto que pasaban 35 minutos da hora.Este partido está nos xuzgados e aínda non se sabe que resultado adoptará, se se volverá a xogar ou nos darán o partido por gañado,asique xa vos seguirei informando.

A semana pasada xogamos fóra da casa contra o Boimorto, no que foi un partido moi interesante e derrotamolos por 0-3.
O partido disputouse o Sábado as 19:30 do serán , con bastante frío.Calqueira dos dous equipos tivo ocasións para adiantarse no marcador, pero Carril, tras un pase de José, puxonos por diante no marcador. A raísz deste gol o Boimorto veuse abaixo e tivemos un par de ocasíóns claras para agrandar a vantaxe pero non se puido.
Oubo unha xogada curiosa na que quedou mancado Pio e o árbitro parou o partido co balón nas máns de Carballal.Oubo un bote neutral e nós pensando que nos ían volver o balón un dos xogadores marcou o primeiro tanto para o seu marcador, pero por lóxica o seu entenador pidiu que nos devolveran o tanto e o porteiro marcou en propia.Xa chegados o descanso aclarouse todo e o árbitro decidiu non anotar estes dous goles e así voltamos oterreo de xogo con 0-1 no marcador.Xa no segundo tempo e o Boimorto votado arriba e con varias ocasións de gol aproveiamos unha contra e un despiste e un mal entendemento do porteiro co central, fixo que Bareto mascase o segundo tanto de vaselina. A partir de aquí controlamolo partido e un mal despexe do porteiro fixo que Diego de primeiras lle marcase o terceiro.
Así rematou o encontro cun 0-3 para o Toques.

A alineación foi a seguinte:1-Carballal, 2-Mateo, 3-Penka, 4-Nacho, 5-Cristian, 6-Diego, 7-Pio, 8-Santi, 9-Bareto, 10-Carril, 11-Jose, 12-Ricardo,13-Cabado, 14-Tapi.

Convídovos que veñades ver o próximo encontro o domingo día 25/01/09 ás 16:00 do serán contra o Sobrado, xa que vai ser un bonito encontro.

Ún saúdo e FORZA TOQUES!!!!

miércoles, 7 de enero de 2009

COMEZOU O ANO CUNHA VICTORIA

Boas, abrimo lo ano cun partido que nos enfrontaba ó Meicende de Arteixo o día 4 de xaneiro .
Comezamos o partido con varias ocasións ata que o Toques tivo 10 minutos de lucidez e marcamos 3 goles, o primeiro de Bareto, seguiulle Damián e volveu repetir Bareto; así chegamos con varias ocasións máis ó final da primeira metade.
Xa na segunda metade saltamos o terreo de xogo sen cambios e algo máis relaxados, e non con tan claras ocasións pero co mismo esquema ata que Bareto repetiu e redondeou o marcador con un 0-4. Pouco despois oMeicende sufriu unha expulsión e aínda tivo varias ocasións claras de recortar o marcador pero xa non se moveu.
O próximo partido será o domingo 11 fronte ó Curtis na casa ás 16.00 horas. Esperamos que acudades ver o partido e animar ó voso equipo aínda que faga un pouco de frío.
Que teñades von ano e dende o equipo do Toques desexámosvos que e cumplan tódolos vosos desexos, ánimo e FORZA TOQUES.