Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

martes, 17 de febrero de 2009

UNHA DURA VICTORIA

Si señores, como di o título unha dura pero merecida victoria, fronte a un equipo tan ben plantado como é o Vizoño "B".
O partido comezou cun dominio do balón por parte do Vizoño pero de ocasións do Toques, ata que nunha mala saída do porteiro, o balón foise cara o lado dereito e Carril case sen ángulo aproveitou para poñer o 0-1 no marcador.
Xa na segunda metade o Vizoño saíu polo partido e deulle a volta ó marcador con dous goles que viñeron de ambos centros dende o lado dereito con remates do extremo esquerdo poñendo o 2-1. Na xogada seguinte chegou o golazo do partido cunha falta que botou Diego e que entrou maxistralmente na portería do Vizoño alcanzando o empate, pero pouco despois chegou a ledicia ó Toques cando Miguelinho "A PENKA" marca o terceiro tanto visitante dandonos así os tres puntos, "que boa falta nos fan".
Nada máis, agárdovos o próximo domingo 22 de Febreiro(Carnaval) para que disfrutedes do partido fronte ó Poulo ás 16:15 do serán.
Saúdos e FORZA TOQUES.

sábado, 14 de febrero de 2009

Un empate ante un dos favoritos

O fin de semana pasado o Toques C.F recibía a visita dun gran equipo como é o A.D Abellá, nun encontro moi igualado que rematou co resultado de Toques C.F 1-1 A.D Abellá.

Nun encontro moi igualado no que o empate foi xusto a pesar de que a ningún dos dous equipos conformábase co empate, xa que era un resultado malo para os dous equipos.


No seguinte partido, e decir este fin de semana, o Toques desplázase o sempre dificil campo do Vizoño B, pero esperemos sacar algo positivo, xa que é un campo que se lle da moi ben o conxunto toquense.

Sin mais despedirme, e decir que, con esta actualización que fago, o blog estará moi operativo, xa queagora teño moito tempo.



Un saludo e forza toques

lunes, 2 de febrero de 2009

UNHA DURA DERROTA

Boas amigos, despois duns problemas coa tecnoloxía dos ordenadores e dun forte temporal dispoñemonos a contarvos o que deu de si o derbi comarcal entre o Toques e o Sobrado, que se saldou cunha victoria visitante por 1-2.
Comezou o partido baixo un diluvio e unha forte granizada no que o xogo era moi embarullado e con poucas ocasións, un partido moi físico no medio campo. Así o gol local chegou despois dunha boa xogada de Espo na que recorta a un xogador e o seu tiro no no da agarrado o porteiro e queda rexeitado para quen se non, Bareto puxese en vantaxe o equipo local. Pouco despois tivemos outra clara ocasión nos pés de Pardo que non deu aumentado o marcador. Cabe salientar unha fermosa falta que tira o xogador do Sobrado ¨Chino¨ que se estrela no traveseiro e lle dá a Carballal na testa saíndose fóra da portería por moi pouco; antes de rematar a primeira metade o Sobrado empataría o encontro despois dunha bonita xogada que un dos seus dianteiros remacharía o fondo das mallas do Toques.
Xa na segunda metade co campo moi pesado e o sobrado ben plantado no campo o Toques non daba creado ocasións claras de perigo, e así nun mal despexe o Sobrado aproveitou para marcar o segundo gol e levarse os tres puntos do noso feudo.
despois desta xornada non volveremos xogar ata o día 8 de febreiro na casa, fronte ó Abellá ás 16:15 do serán no novo horario ó cambiar de mes.
Saúdos e Forza Toques.