Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 2 de febrero de 2009

UNHA DURA DERROTA

Boas amigos, despois duns problemas coa tecnoloxía dos ordenadores e dun forte temporal dispoñemonos a contarvos o que deu de si o derbi comarcal entre o Toques e o Sobrado, que se saldou cunha victoria visitante por 1-2.
Comezou o partido baixo un diluvio e unha forte granizada no que o xogo era moi embarullado e con poucas ocasións, un partido moi físico no medio campo. Así o gol local chegou despois dunha boa xogada de Espo na que recorta a un xogador e o seu tiro no no da agarrado o porteiro e queda rexeitado para quen se non, Bareto puxese en vantaxe o equipo local. Pouco despois tivemos outra clara ocasión nos pés de Pardo que non deu aumentado o marcador. Cabe salientar unha fermosa falta que tira o xogador do Sobrado ¨Chino¨ que se estrela no traveseiro e lle dá a Carballal na testa saíndose fóra da portería por moi pouco; antes de rematar a primeira metade o Sobrado empataría o encontro despois dunha bonita xogada que un dos seus dianteiros remacharía o fondo das mallas do Toques.
Xa na segunda metade co campo moi pesado e o sobrado ben plantado no campo o Toques non daba creado ocasións claras de perigo, e así nun mal despexe o Sobrado aproveitou para marcar o segundo gol e levarse os tres puntos do noso feudo.
despois desta xornada non volveremos xogar ata o día 8 de febreiro na casa, fronte ó Abellá ás 16:15 do serán no novo horario ó cambiar de mes.
Saúdos e Forza Toques.

No hay comentarios: