Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

jueves, 12 de marzo de 2009

UNHA MALA RACHA

Boas, e perdoade pola falta de información do noso equipo, pero aquí estamos de novo, para comentarvos que estamos pasando unha mala racha, despois de gañarlle o Vilarmaior por 2-1 na casa con goles de Pardo de cabeza e de Bareto con unha boa xogada individual, o Vilamaior complicou o partido ó final cun tiro dende fora da área que se convirtiu no 2-1 final.
Despois deste partido o Toques esta pasando unha crise, que ven cas derrotas no campo do Mesía por 2-0, a derrota na casa fronte ó líder "Oza" por mor dun gol en propia porta de Cristian e a última fronte ó San Estevo por 2-0. Esta derrota está marcada pola expulsión de Diego no minuto 17 de partido por dobre amarilla ambas por protestar ante a decisión do árbitro moi discutida. Antes do remate da primeira metade pita un penalti cando David toca o balón e o dianteiro lle fai falta e iso supón o 1-0. Na segunda metade tivemos ocasións para darlle a volta ó marcador pero o balón non quixo entrar, e así despois dun barullo expúlsanos a Bareto e a Mateo enchéndose aínda máis de gloria o colexiado; despois desta acción acabannos de matar co segundo gol á saída dun córner noso e cun contragolpe levado con éxito. Despois deste partido só quero dicirlle á xente da federación de árbitros que controle a quen ten, porque de verdade que dan moita pena. Só que os árbitros reflexionen porque complican os partidos eles soíños, con decisións absurdas.
Despois disto quero animar á xente para que nos axude aconseguila victoria o 1º fin de semana de abril fronteó Visantoña ás 16:45 do serán, un saúdo
e FORZA TOQUES.

lunes, 2 de marzo de 2009

3 PUNTOS DE 6 POSIBLES

Boas, os dous últimos partidos foron rematados cunha derrota na casa e unha victoria na casa do Encrobas. Fronte ó Poulo foi un partido duro, no que se esperaba algo máis positivo, pero non se sacou ningún punto xa que perdeuse por 1-2. Dar as gracias de parte de Molón pola homenaxe dos seus compañeiros cas camisetas grabadas, "ANIMO MOLÓN". Esperamos que se recupere pronto.
Xa nesta última xornada desplazámonos ata Encrobas para xogar o sábado ás 16.30. foi un partido con pouca historia xa que houbo poucas ocasións ata que cerca do final a uns 15 minutos a Penka deulle a victoria ó Toques, aínda que despois do gol, Bareto tivo un par de xogadas de auténtico Messi levándose a todos os contrarios que lle saían o paso, a primeira cedeulla a Carril que botou un disparo alto, e a segunda que lla para o porteiro cando lle daba o pase da morte para que Santi rematara a porta baleira. Así rematou o partido, agardando con ansias que chegue o próximo partido que será o domingo 8 de marzo ás 16:30 fronte ó Vilamaior. Espero vervos a todos animando o voso equipo.
Ánimo e FORZA TOQUES.