Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

jueves, 12 de marzo de 2009

UNHA MALA RACHA

Boas, e perdoade pola falta de información do noso equipo, pero aquí estamos de novo, para comentarvos que estamos pasando unha mala racha, despois de gañarlle o Vilarmaior por 2-1 na casa con goles de Pardo de cabeza e de Bareto con unha boa xogada individual, o Vilamaior complicou o partido ó final cun tiro dende fora da área que se convirtiu no 2-1 final.
Despois deste partido o Toques esta pasando unha crise, que ven cas derrotas no campo do Mesía por 2-0, a derrota na casa fronte ó líder "Oza" por mor dun gol en propia porta de Cristian e a última fronte ó San Estevo por 2-0. Esta derrota está marcada pola expulsión de Diego no minuto 17 de partido por dobre amarilla ambas por protestar ante a decisión do árbitro moi discutida. Antes do remate da primeira metade pita un penalti cando David toca o balón e o dianteiro lle fai falta e iso supón o 1-0. Na segunda metade tivemos ocasións para darlle a volta ó marcador pero o balón non quixo entrar, e así despois dun barullo expúlsanos a Bareto e a Mateo enchéndose aínda máis de gloria o colexiado; despois desta acción acabannos de matar co segundo gol á saída dun córner noso e cun contragolpe levado con éxito. Despois deste partido só quero dicirlle á xente da federación de árbitros que controle a quen ten, porque de verdade que dan moita pena. Só que os árbitros reflexionen porque complican os partidos eles soíños, con decisións absurdas.
Despois disto quero animar á xente para que nos axude aconseguila victoria o 1º fin de semana de abril fronteó Visantoña ás 16:45 do serán, un saúdo
e FORZA TOQUES.

No hay comentarios: