Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 27 de abril de 2009

VOLTOU CON GOLEADA

Si señor, volveu Molón, xogou uns minutos e marcou un dos 8 goles na tarde do domingo, no que o partido perdeu un pouco de interese posto que o Meicende xogou o partido con 9 xogadores. Así o partido encarrilouse con 2 goles de Carril; o Meicende opuxo resistencia cun gol pero logo se refrendou con máis goles, o resultado foi dun abultado 8-1, na segunda parte chegou a reacción dende o banquillo, e saíron o campo Richi,Santi e Molón, si escoitades ben, voltou Molón e marcou un gol de dianteiro centro de cabeza, noraboa Ángel. Así os goles foron de Santi, A Penka, Molón e Carril con 5 dianas que se pon como máximo goleador do Toques.
O fútbol volve a Toques o venres día 1 de Maio coa copa confederacións fronte ó Marino de segunda rexional ás 17.00 horas. O Toques terá que disputar ó día seguinte o partido de liga fronte ó Curtis no que será o último partido fóra da casa.
Nada máis, espero que disfrutedes co fútbol e FORZA TOQUES.

martes, 21 de abril de 2009

BOA GOLEADA E DERROTA FÓRA DA CASA

Boas, o derradeiro partido xogado na casa foi unha mostra da fame de victoria que ten o noso equipo, endosoulle un sorprendente 9-0 ó Curtis, o partido non tivo moita historia e dende que Carril abriu o marcador todo foi coser e cantar; Carril con 4 goles e despois Espomasa, Diego, Damián, Santi e Cabado firmaron unha boa goleada. O próximo partido xogouse no campo do San Martiño, eu non podo comentar moito deste partido porque non puiden asistir pero meteronnos un 3 a cero. Sin moito máis que contar nada máis recomendarvos que veñades animar ó Toques o próximo domingo ás 17 horas fronte ó Sporting Meicende.
Saúdos e FORZA TOQUES.

jueves, 9 de abril de 2009

VICTORIA MOI VALIOSA

Boas de novo, despois dunha mala racha o noso equipo sacou unha victoria ante un dos equipos da parta alta, con moitas baixas pero con un gran partido de todos e un bo apoio da afección.
O partido comezamolo con moitas ganas e antes de poñernos por diante a Penka xa tivera un par de ocasións pero nesta non fallou e tras un pase de Carril executou un bo disparo batendo por baixo ó porteiro. A partir de aquí o Visantoña empezouse a vir para arriba pero aínda así o Toques con máis corazón seguia tendo ocasións para aumentar a vantaxe no marcador antes de rematar o 1 tempo.No segundo tempo tocou sufrir un pouco máis e oubo que encerrarse para poder manter a vantaxe no marcador, cabe destacar unha boa ocasión de Carril cunha falta lonxana que petou no largueiro, e o sacrificio da Penka cas súas carreiras sobre todo despois da expulsión de Luis e dun medio do Visantoña. En xeral moi bo partido de todos.
Agardámosvos o próximo sábado para disputar o partido aprazado fronte ó Curtis ás 17:00 no campo de Toques, saúdos e FORZA TOQUES.