Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

jueves, 9 de abril de 2009

VICTORIA MOI VALIOSA

Boas de novo, despois dunha mala racha o noso equipo sacou unha victoria ante un dos equipos da parta alta, con moitas baixas pero con un gran partido de todos e un bo apoio da afección.
O partido comezamolo con moitas ganas e antes de poñernos por diante a Penka xa tivera un par de ocasións pero nesta non fallou e tras un pase de Carril executou un bo disparo batendo por baixo ó porteiro. A partir de aquí o Visantoña empezouse a vir para arriba pero aínda así o Toques con máis corazón seguia tendo ocasións para aumentar a vantaxe no marcador antes de rematar o 1 tempo.No segundo tempo tocou sufrir un pouco máis e oubo que encerrarse para poder manter a vantaxe no marcador, cabe destacar unha boa ocasión de Carril cunha falta lonxana que petou no largueiro, e o sacrificio da Penka cas súas carreiras sobre todo despois da expulsión de Luis e dun medio do Visantoña. En xeral moi bo partido de todos.
Agardámosvos o próximo sábado para disputar o partido aprazado fronte ó Curtis ás 17:00 no campo de Toques, saúdos e FORZA TOQUES.

No hay comentarios: