Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

jueves, 7 de mayo de 2009

DUAS IMPORTANTES VICTORIAS


Boas compañeiros, aquí estamos para contarvolas novas do Toques que chegan con dúas victorias, unha de copa e outra de liga.

A primeira, na copa fronte ó Marino de Mera foi un partido no que se notou a boa forma física do equipo de segunda pero no que os nosos xogadores deron o 200 % durante 120 minutos.

O Marino na primeira metade comezou marcando un gol de un remate de cabeza despois dun centro de falta.

Xa na segunda metade o Toques apretou algo mais e empatou mediante unha bonita xogada comezada por un pase de Diego á banda na que a Penka recortou o seu defensa e deulle o paso da morte a Bareto para que marcara.

Con este resultado chegouse o remate do partido posto que houbo que xogar unha prorroga de 30 minutos na que o Marino marcou un gol de falta e o Toques empatou cun gol de Carril a pase de Bareto.Con este marcador rematou o partido e houbo quir a penaltis para saber o gañador da eliminatoria.

Na tanda de penaltis resurxiu Carballal que parou 3 dos 4 penaltis que lle tiraron e pola nosa banda marcou Carril, Bareto, Diego e fallou Pardo.

Ben, así pasamola eliminatoria e xa anunciaremos cal é o noso próximo rivaL.



Aínda ca resaca da copa, oubo quir xogar a xornada de liga fronte o Curtis no que o Toques gañaou aínda que tivo que pasar moitos apuros porque ía con moitas baixas e só 10 xogadores de campo, asunto que se complicou ca lesión de Nacho así oubo que xogar a maior parte do partido con 9 xogadores.

Marcou 3 goles Bareto e 1 Diego. O resultado foi 3-4.


Así chegamos o remate da liga que será este domingo día 10/05/09 na casa ás 17:00 do serán contra o Boimorto.


Agardamos por todos vós.Un saúdo e FORZA TOQUES!!!!