Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 3 de octubre de 2011

Oza 1- Toques 0

Hola a tod@s.

Esta fin de semana non foi tan boa como se esperaba, para o equipo de fútbol do Toques. En primeiro lugar porque perdemos algúns xogadores por lesión e en segundo lugar por que o Toques colleitou a súa segunda derrota do campionato, ante un potente Oza.

O partido segundo me comentaron, (digo isto porque non puiden asistir) foi bastante igualado, con numerosas ocasións para ambos equipos, chegando ao descanso cun empate a cero. Sería na segunda metade cando se ía a adiantar o Oza despois dun balón solto na área tras saque de córner. O Toques tamén ía a dispoñer de varias ocasións das botas de Nacho e a Penka pero que non chegaron a materializar.

Polo demáis, pouco máis que dicir e a seguir loitando para recuperar os bos resultados e pensar na seguinte xornada..


Sen Máis unha aperta.

miércoles, 28 de septiembre de 2011

O Toques no Mobil

 Comentarvos que dende hoxe queda activa a páxina web para os visitantes, atraves dos teléfonos móbiles, para que a consulta maila navegación sexa o mais facil posible, para que todo o mundo poida acceder a información do Toques dende calquera sitio, so usando un teléfono mobil.  Un saudo FORZA TOQUESSSSSSS

ESTAMOS DE VOLTA....POR FIN...

Hola a tod@s, de novo estamos de volta neste blog, para comentar os partidos e deixar as diversas opinións desta tempada que acaba de empezar.

Despois dun longo período de tempo sen facer actualizacións, decidimos retomar este blog, ante as numerosas peticións feitas polos seguidores e bloggeros.

A partir deste momento iremos actualizando este blog, cos comentarios, cas opinións e demais información que sexa de interese.

Polo demáis, un grandisimo saúdo a todos e a todas e espero que disfrutudes desta nova tempada.

Angel do Toques.