Hola amigos e amigas unha semana máis na crónica deportiva; Esta fin de semana o Toques desprazouse o campo das Encrovas con numerosos baixas, pero acompañado de varios afeccionados que sen dúbida hai que agradecer a seu esforzo polo apoio e ánimos recibidos.
O Toques enfrenouse o último clasificado da táboa, pero a pesar de eso había un gran respecto xa que este campo non é nada fácil pa ningúen e sobre todo pa nós xa que o ano pasado caemos derrotados.
O partido desenrolouse do máis normal sen apenas incidentes cun resultado final de 0-3.
O partido comenzou con pouca intensidade e a medida que pasaba o tempo o Toques medrábase pero sen crear moito perigo. Pero o gol non tardou en chegar das botas dun dos mellores xogadores desta liga, o segundo Capi "Carril". Tras unha falta no borde esquerdo da área dispara Carril a media altura e sorprende ao porteiro local, era o 0-1 que empezaba a encarrilar o partido. O Encrovas non se veu abaixo e pouco antes de ir o vestiario despois dunha xogada do dianteiro local o noso lateral dereito comete un penalti absurdo que ninguén se atreveu a protestar xa que foi clarísimo. Pero ahí estaba o noso gran fichaxe de inverno "Tapi" que parou de bonita intervención enviando o balón a córner. Foi un gran susto que a punto estivo de complicar o partido. Polo demaís pouco máis que comentar da primeira metade.
A segunda metade un pouco mais do mesmo, o Toques tocaba, pero sen moito perigo. Pero ía ser de novo Carril no minuto 65 de partido o que ampliara o marcador tras unha boa xogada do medio campo que controla Migueliño dispara o balón queda rexeitado e Carril enchufa de forte disparo, foi un gran gol que daba a tranquilidade. A partir de ahí o dominio foi totalmente do equipo visitante e pouco despois no minuto 79 tras dunha falta o borde da área. Ia marcar o noso dianteiro de lanzamento directo por toda a escadra, un precioso gol que cerraba o marcador. A partir de aquí pouco máis que comentar.
De novo agradecer o esforzo dos xogadores, que a pesar de estar xustos xogaron un gran partido de sufrimento e seriedade.
Viaxe cara as encrovas no bus.
1. Momento onde varios xogadores colocan o brazalete de capi o gran Carril, dada ausencia de Xelo.
2. Boa xogada do medio centro Drakovic que leva o balón con calidade ante o xogador local.
3. Algúns dos afeccionados que nos acompañaron este domingo a apoiarnos.
Recordar que o vindeiro fin de semana: TOQUES CF- ATL PERILLO no muncipal de Toques o Domingo as 16:30. Non faltedes!
Nada máis amigos, ata a próxima.
O TOQUES MOLA, CADA VEZ MÁIS.