Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 3 de marzo de 2008

SOMOS UN EQUIPAZO


Hola amigos e amigas de novo, unha semana máis na crónica deportiva. Esta fin de semana o Toques deu outro golpe de autoridade o gañar na casa o Atlético Perillo, cunha gran actuación dos xogadores acadando o resultado final de 2-0. Con esta victoria o Toques encarrila seis partidos seguidos sen perder, despois da derrota contra o CIRE e situase en sexta posición na táboa con 40 puntos. A verdade é que se está a facer un bo traballo e eso nótase.
O Atlético Perillo desprazouse a Toques con ganas de levarse a victoria como fora, pero en diante encontrouse cun granToques ben organizado e que en ningún momento se deixou dominar. Os do Perillo trouxeron un delegado federativo para meterlle presión o árbitro e gravaron o partido cunha cámara para ter probas ante posibles erros arbitrais e poder queixarse como levan facendo toda a tempada. E que para ascender hai que gañar non negociar.
Bueno o importante e que pensaron que ian gañar fácil e a punto estiveron de sair goleados.



O Partido comenzou moi igualado pero o Toques non tardou en impoñer a súa autoridade e encarrilar o partido con ocasións. Xa que a primeira chegaria das botas de expomasa no minuto 10 da primeira metade tras xogada de carril que asiste e expomasa dispara fora. Corría o minuto 25 da primeira metade e tras gañarlle as espaldas Carril a defensa do Perillo estrela o balón no pau tras un forte disparo e o rechace iao aproveitar Migueliño "A Penka" para marcar o 1-0. Volvía a marcar tras case 6 meses de sequía goleadora. Foi un gol que facía xustiza o que estaba pasando no campo. Dez minutos máis tarde iase producir o 2-0 tras un penalti cometido sobre Carril que el mesmo transformou de forma maxistral.

Na segunda metade un pouco máis do mesmo, claro dominio do Toques que se amosou moi ben posicionado no campo e con claras ocasións das botas de Bareto, Carril e Expomasa que poideron aumentar a conta goleadora.


Tamén destacar a gran actuación do noso gardameta que sen dúbida e dos mellores con diferencia nesta categoria.


En xeral gran actuación do equipo que a pesar da baixa do seu Capi non a notaron en falta.



A alineación foi a seguinte: 1. Iker, 2. Leonnel Escaloni, 3. Fenerbache, 4. Javi"Pienso Biona" 5. kristian "Ganavaro" 6. Drako, 7. "Exposición 08" 8 .fiss, fiss, 9. Rotweilerman, 10. Carril Makay, 11. A Penka. 12. Peito erguido, 13, Lazovic, 14. Villarroia.




1. O vestiario concentrado.

2. Momento no que o 2º Capi Carril saúda o Capi do Perillo.

3. Saque dunha falta o equipo preparase pa rematar.

4. A penKa revosa de alegría cara as cámaras tras o seu gol.

5. O equipo saúda a aficción e agradece o seu apoio, o final do partido.

Recordar que o vindeiro fin de semana: BOIMORTO-TOQUES CF. no municipal de Boimorto, o sábado as 7:30 da tarde. Non faltedes que será un partidazo.

Moitas gracias a Aficción que estivo impresionante e as colaboradoras que fan moi bo café.

Nada máis amigos, Xa sabedes, ¡O TOQUES MOLA, DE VERDADE!.

Ata a próxima. Espero poder unirme a festa.

Un saúdo , Xelo.

20 comentarios:

ToquesCF dijo...

Gran partido de todo o equipo en xeral. Tamén destacar a actuación do gran Penkovic q co seu gol abriu o resultado, pero tamen decir q fallou un gol claro estando o defensal rival debaixo dos paos.

o gran penkovic converteuse no primeiro xogador desta liga en firmar os seus primeiros autógrafos, cando a aficción local esperou a salida aos xogadores locais.

Grande Toques e grande familia

Josu dijo...

O socabonero e moito.......!!!!eoi o vaaaaaaii....!!!!!!!!

Anónimo dijo...

josua,bo partido....pa un dia que estabas fresco e no banquillo..

Angel do Toques dijo...

Perdoade, a entrada estaba incompleta cando a modificou javi. Sufrin un problema no ordenador e quedeime sin conexión agora podedes facer os comentarios que queirades. Un saúdo a todos.

ToquesCF dijo...

Si es los momentos previos de los partidos en el vestuario es la caña. Somos una piña... aiiiii vaiiiiiii

Anónimo dijo...

cireeeeeeee...

Anónimo dijo...

TOQUESSSSSSSSSS

Montse dijo...

Boas equipo!
Felicitaciós polo partidazo do Domingo, case un dos mellores da tempada.
Un xogo impecable por parte do Toques e ademais un claro dominio en todo o partido.

Moita sorte para o vindeiro encontro, non vamos poder ir a animar pero xa nos enteraremos do resultado.

Saudiños e coma sempre:
ANIMO TOQUES!

Anónimo dijo...

anxel non desmentiches o dos fichaxes?eso quere decir que algo hay.forza toques e pa semana hay que gañar

Anónimo dijo...

xa esta ai outra vez, quen sera o tio o que lle interesa tanto este tema......¿querera vir xogar el po toques?.....este sabado ai que gañar...podemos,e un campo complicado, pero estamos nunha das mellores rachas, e con bo xogo....animo Toques!!!!

Angel do Toques dijo...

¿De que fichaxes estades falando? ¿Quen inventou esa película de que o Toques ia facer fichaxes? Que me aclaren esta situación.
No me gusta este tipo de comentarios anónimos que pretenden ir en contra dos intereses do noso equipo.
Que quede claro que este ano non se farán ningunha fichaxe porque temos un equipazo e para a próxima xa se verá en función das necesidades. Nos non queremos estrelas nin nos preocupa o ascenso, so queremos ter un equipo de colegas que o pasan ben xogando o futbol e que van de festa de vez en cando.
Eu non podo facer caso a comentarios anómimos que o único que crean e malestar no equipo.
Sen máis, un saúdo.

Anónimo dijo...

o q queira vir a xogar ao toques ten q pasar as probas q todos hemos pasado. E o anónimos a maioria da xente xa sabemos q é

Anónimo dijo...

o sabado ides morder o polbo aki en boimorto,tres cero.paquetes! e trankilizadebos nos fichaxes,porque serjio e manuel non van po toques nin de flay! o de victor e aparte por que ten moito trato coa xente de hay,pero non creo porque foronse de aka po abella cobrando e ir parar hay seria de jili! antes volveran paki apesar das difirencias coa actual directiva.ata sabado que os vamos a machacar.

Angel do Toques dijo...

Non vou entrar neste tipo de comentarios, e sobretodo eu non vou faltar o respecto a ninguén polo que o de paquetes gardadeo que igual vos fai falta unha envoltura.
Eu non sei que estarán pensando, tanto sergio, coma manuel, coma victor por andar metendo eses xogadores en temas que seguro non lle interesan.
Eu respectos, pero non teño nada que dicir o respecto.
E así como que respecto o Boimorto que e un gran equipo, e o sábado seguro que será un gran partido.
Pero pareceme moi mal que se esten facendo estes comentarios, cando en realidade a ninguén lle interesan.
Outra cousa, non sei quen é ese tal mario de boimorto pero se ten tanto interés, se tal quedamos pa tomar unha cervexa e falamos. Seguro que me sorprende...

Anónimo dijo...

veña angel aqui todos sabemos que tes boas relacios co vitor de sobrado e que estibo apunto de fichar polo toques a principio de tempada,e seria pola amistade que tes non?o da cervexa tomamola cando queiras aqui no boby,e o de paquetes era cariñoso home,era pa expresar que ides perder,eu xogo nos xuvenis,e digoche o que se comenta por aqui,tamen aproveito pa decir que os tres son uns pedazo de xogadores do mellor de 3 regional,con esto aclaro que non teño nada encontra deles como hay xente que quere entender mal.

Anónimo dijo...

bien molon..bien....

ToquesCF dijo...

Bien molón bien

Anónimo dijo...

tede cuidado non acabedes coma o valencia o toques esta a facer unha gran tempada e todo iso sen estreliñas todos sodes iguais e asi debedes deixar que siga sendo,
o nome destes tres sae continuamente en varios blogs e sempre e con tonterias e estupideces ,non sei se e algun deles peroe seña quen seña madurade .

Anónimo dijo...

A por certo o que cobran os tres xuntos mario non sei se chegara pa pagar acaña que queredes tomar ti mais angel jajajajajajajajajajajajajaja............ esto e de risa.

Anónimo dijo...

jajajajajajajaja non hay mais que falar,estes comentarios veñen de sobrado, entereime hoxe no instituto, a segir asi falando mal da xente do voso pobo.