Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

sábado, 27 de septiembre de 2008

COMENZA A TEMPADA

Hola amigos e amigas, ante todo pido disculpas por estar tanto tempo sen escribir neste blog, coa cantidade de cousas que hai que contar.

En primeiro lugar quero felicitar o Solaina-Toques. F.S. polo gran partido disputado o pasado día 25 de setembro no pavillón municipal de Toques ante o Autos Lobelle B de Santiago.

O partido saldouse cunha vitoria clara po equipo visitante, 1-4 resultado final. Os rapaces apenas tiveron opcións da victoria pero fixorono moi ben.

En segundo lugar quero dicir que este ano o equipo do Toques cambiou de vestimenta patrocinada pola empresa láctea CELEGA polo que o novo equipamento vai ser camiseta vermella e pantalón negro. Preténdese así recuperar as cores do antigo equipo do Toques, fundado a finais do oitenta e principios dos noventa, cando se xogaba na liga da amizade.

En terceir lugar ¡MÁIS IMPORTANTE! quero invitarvos, cun pouco de retraso,

A 2ª FESTA DO SOCIO DO TOQUES CF. que se celebrará mañá domingo 28 de setembro no municipal de Toques.

Os actos previstos son:

- As 13.30 presentación do novo equipo do Toques CF para a campaña 2008/2009.

- Apartir das 14.30 GRAN CHURRASCADA, con viño e queimada para amenizar o día.

- De seguido grandes actuacións dos grupos de gaitas de Toques.

A partir das 17.30, partidazo de alto nivel: TOQUES C.F- SAN MARTIÑO DE CERCEDA.

Xogo un gran trofeo que será entregado o equipo gañador polo Alcalde do Concello Miguel Angel Buján.

Amigos que disfrutedes coa festa, que seguro que será moita.

Espero que veñades, que o carne de socio estavos esperando.. ja..ja

Por último, quero saudar a diversos xogadores que por cuestións profesionais non poden acudir a esta festa. Tamén quero saúdar os grandísimos socios e socias que están espallados por diversos puntos da xeografía española que nos seguen e animan máis que ninguén e que me houbera gustado que todos eles estiveran nesta festa, que sen dúbida, é a festa do socio.

Saúdos tamén a todolos afeccionados e afeccionadas e seguidores deste blog que senón fora por eles esto non tiña moito sentido.

Non despedirme sen decirvos que o no primeiro partido da liga hai un GRAN DERBI no grupo 4 de terceira autonómica:

ATLETICO SOBRADO XUVENTUDE- TOQUES CF. O vindeiro domingo día 5 de outubro no estadio municipal de Sobrado.

Non volo perdades, vai ser un partidazo. Sorte os dous equipos que seguro que este ano van estar ahí arriba.

Sen máis ata pronto. Un Saúdo a todos.

1 comentario:

ToquesCF dijo...

q tal chicos??? moi boa actualización Xelo, é unha pena non poder asistir a festa do socio, moitos dos q me coñecen saben q é a típica festa q sempre gusta asistir, jejejejejeje
Queró desexarlle moita sorte ao equipo pola tempada q está apiques de comenzar.

Moita sorte e FORZA TOQUES