Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

martes, 11 de noviembre de 2008

2ª VICTORIA NA CASA

Ola amigos, estamos de novo aquí pra comentar a 2ª victoria na casa contra o Encrobas.
O Toques saiu ó partido co afán de non deixar escapar ningún punto do noso feudo.O partido comezou un pouco frío polo xogo e mais polo tempo xa que chovia, pero logo se quentou por mor dun gol visitante cun trallazo dende fóra da área no que Carballal pese a súa estirada non puido cortar a traxectoria do balón.O Toques reaccionou bastante ben e logo dun par de xogadas chegou o empate por medio dunha falta na que marcou Diego un fermoso gol, e así se chegou o final da primeira metade co empate no marcador.
A segunda metade comezou un pouco embarullada e con moitas faltas ata que ben entrado no segundo periodo Carril enganchou un bon disparo dende fóra da área para poñer ó marcador do Toques por diante. Aumentou a renda goleadora Espomasa cunha fermosa xogada do equipo e que a pase de Carril meteuno co peito ( o tetos ) na área pequena.
Xa case no remate do encontro Diego lanzou un disparo coa súa perna esquerda dende o medio campo que lle botou diante dos fuciños ó porteiro visitante e que colou o cuarto gol.
Así se chegou ó remate do encontro ca victoria por 4 goles a 1 e que aúpa o Toques á sexta posición da clasificación.
Pois ben, nada mais , só recordarvos que o próximo partido será na casa do Vilamaior ás 16:15 do serán do próximo Domingo.
Esperamos ver alí a toda a afección posible animando o noso equipo.
Saúdos e FORZA TOQUES!!

1 comentario:

Montse dijo...

Boas equipo!!!
Gran partido o do Domingo, a pesar do mal día que estivo.
Moita sorte no vindeiro encontro.
Saudiños e coma sempre:
Animo Toques!!!