Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

martes, 16 de diciembre de 2008

VICTORIA NA CASA E DERROTA FÓRA

Estamos aquí de novo e tedes que perdoar por non actualizar a semán pasada, pero e época de matanzas xa sabedes o traballo que dan.
Vamos falar do que realmente nos interesa que é o fútbol; a xornada pasada tivemos un bon partido fronte ó San Estevo de Abellá na casa que se saldou cunha victoria pola mínima cun resultado de 5-4. O resultado e algo engañoso, empezamos marcando cun gol de Espo pero logo nos empataron,o que nos reaccionamos con tres goles máis de Damián, Diego e Espo outra vez,pero o San Estevo sacou forzas e despois da expulsión de Luis chegaron a poñerse 4 a 3,pero cando tiñan un bon dominio do balón e chegaban con claridade apareceu Carril para marcar 1 gran gol. Despois deste gol aínda oubo 2 cousas ke nos perxudicaron, 1 tanto deles e a expulsión do noso capi Molón. Así rematou o partido cunha victoria merecida pero sufrida.
Este domingo pasado tivemos que xogar no campo do Visantoña cunha fría tarde, campo en mal estado e con importantes baixas.
O partido comezou cun toma e daca con ocasións claras para os dous equipos, aínda que o primeiro en golpear foi o Visantoña cun bo remate de cabeza do seu dianteiro, pero esa renda pouco lle durou o equipo local por mor dun penalti que lle fan a Bareto que transforma este mismo no rechaze despois de que llo parara o porteiro. Con este marcador pasouse ó segundo tempo que co terreo en moi mal estado foise xogando ata que nos últimos minutos complicouse un pouco o árbitro cando Carballal saca un balón en largo que Bareto aproveita para marcharse sólo cara o porteiro e o lateral deles agarrao e intenta desequilibralo cousa que non da pero non remata e a ocasión perdese, xa que era expulsión e falta fóra da área, pero o árbitro deixa seguir e o Visantoña despois de varios pases remata en gol tras un claro fóra de xogo, que despois de protestarlle a xogada comelle 5 minutos ó partido e rematao así. Quero resaltar que foi un partido totalmente limpo pese ó estado campo.
A alineación foi a seguinte:
1.Carballal,2.Mateo,3.Penka,4.Espo,5.Cristian,6.Diego,7.Santi,8.Pardo,9.Bareto,10.Carril,11.José,12.Pío.
Cabe resaltar que ante a ausencia de centrales empeza xogando Espo con Cris pero non está o campo pa regates e o míster Pepe decide poñer a Carril de central e a Bareto como referencia sola en ataque.
A última xornada antes de nadal e fronte ó San Martiño na casa o domingo día 21 de decembro ás 16:00 horas no municipal de Pontequeimadas, espero que vos acheguedes ata o partido para animar ó voso equipo.
Con esto nada máis e FORZA TOQUES!!!!!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

non tedes abuela verdad!!!!

Anónimo dijo...

wueno xa empzamos ko de sempre,parade un poko. a penka

Anónimo dijo...

joder non sei coma facedes pero sempre perdedes por culpa do arbitro que pena chicos
sodes o equipo mais choron da categoria

Nuria dijo...

Boas equipo, foi un partido moi duro e fixestelo genial.tiñades ven merecido gañar pero é o que ahi. os arbitros a verda e que non se estan a portar moi ben.Un saudo e aseguir loitando que sodes os mellores!!!

Anónimo dijo...

nuria¿ers cega,verdad? pero se dan pena votan o partido chorando por todo . a culpa e da xente q lles di q son os mellores.


seguide asi , sodes os mellores

Anónimo dijo...

Para que xogue Pio no equipo o Toques ten que estar ben mal