Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

jueves, 16 de agosto de 2007

Resumo da festa do socio

A mañá do 15 apareceu con choiva, pero tíñamos moita ilusión posta nese día.
As 14:30 dispoñémonos a comer: pan, viño, cañas, refrescos, churrasco , mais churrasco....Quero felicitar o cociñeiro pois saliulle un bo churrasco, mellor co día da festa do río, jejejeejej

O acabar de comer houbo queimada e baile coa actuación do grupo de gaitas de toques. A medida q pasaban os minutos, o campo íase enchendo de xente para presenciar o encontro entre o Toques CF -Friol, xa q o tempo acompañama , un partido q non defraudou tanto os xogadores coma para o público.



CRONICA

Gran encontro visto no municipal toquense, onde deuse o resultado final de 3-3, partido gañado polo toques nos penaltis.

O comenzo do partido díronse 2 trofeos: Max. goleador-Bareto, Xogador mais determinante-Carril do toques na tempada anterior.



O partido empezou cun ritmo altísimo, pouco propio dun amistoso, pero os xogadores tiñan ganas.

A posesión do balón tiña o Friol, peo o peligro chegaba polo lado toquense, con boas oportunidades pra inagurar o marcador, un marcador q desnivelou Carril con disparo de longa distancia q nada puido facer o gardamallas friolense. Era o 1-0 pero o toques tiña ganas, e despois dunha internada pola banda, e dun amago o defensor, miguel ángel(Messi) puxo o 2-0.
A partir dese momento, o toques relaxouse, momento q aproveitou o Friol para facer o 2-1.
O toques necesitaba un gol, enton pepe dou entrada a Angelito(chico decalthon) q a 3 min de sair ao campo regateo o defensor e bate por baixo o cancerbeiro friolense, un gol de auténtica belleza.
Pero en 20 min o friol empatou o partido, 3-3. Con dito resultado, chegouse a tada de penaltis. O Toques meteu todos os penaltis, mentres q o Friol faiou o 3º lanzamento.

Un bo partido para unha bonita tarde de verano..

A alineación: 1- David, 2-Carlos, 3-david, 4-Cristhian, 5-Jose Ángel, 6- Diego Armando, 7-bareto 8-Mateo, 9-Espomasa, 10-Carril, 11-Miguel Angel, 12-Alfonso, 13-Yosu, 14-Javi, 15-Miguelinho, 16-José, 17-Ignacio, 18-Manolinho, 19-Angelito

Os penaltis: Diego Armándo, Bareto, Cristhian, Carril, Jose Ángel

A pretemporada do Toques Cf ainda non rematou, esteredes informados de novas datas.

Un saludo e grazas pola a súa asistencia o minicipal toquense

11 comentarios:

Anónimo dijo...

NOraboa polo resultado, esperamos que o dia do caralampio se repita un bo espectaculo, e non se mancar. Vemonos
Noraboa
Forza Cire e aupa Toques

ToquesCF dijo...

moitas grazas.
por fin hemos podido subir unhas cantas fotos do equipo, xa tíñamos ganas de poñer algunha foto q outra

Anónimo dijo...

noraboa polo resultado. pero xa podiades poñer o enlace coa nosa paxina (ainda que esta en construccion) en clubes da comarca, grazas e un saudo
FORZA ATLETICO FORZA TOQUES

Anónimo dijo...

Os meus parabéns para o Toques c.f. e a seguir así de ben.
A festa do socio creo que foi un acerto, a pesar de que o tempo non axudou moito, pero aínda así a comida, café, sobremesa con música incluída, e o partido fixéronos pasar unha tarde agradábel.
Descubrín hoxe de casualidade o "blog" do Toques, non tiña nin idea de que levase funcionando case dous meses: Felicitacións!!! e seguir avanzando paso a paso.
Saudos dende A Coruña

ToquesCF dijo...

Para o q está na coruña quen eresss??? estiveches na festa do socio???

Anónimo dijo...

Por suposto que estiven, como socio que son.
Saudos

Anónimo dijo...

Corre o rumor de q bareto está preto de fichar polo MelideF.S

Anónimo dijo...

eu oin que vai ir o atletico.

ToquesCF dijo...

todo verase no inicio da campaña. Pero pola miña opinión é pouco probable q marche do toques

Anónimo dijo...

boas¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

que ten que ver que poida ir xogar o futbol sala no MELIDE F.S., ai outros xogadores do equipo que tamen o fan e non influe en nada, xa que pode ter ficha nos dous equipos, outra cousa seria que fichara polo ATLETICO (cousa que dudo) porque teria que deixar o TOQUES

forza MELIDE F.S e forza TOQUES

UN SAUDO

ToquesCF dijo...

Estamos todos de acordo co iso. nade o discute. O noso compañeiro cristhian xoga no Melide F.S e pq non bareto pode xogar tamen??????? mentres non falte os partidos por ir xogar ao futbol sala¡¡¡¡¡¡