Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 22 de octubre de 2007

o domingo foi o día

O domingo 21 será recordado polo día que o Toques CF rompeu a súa mala racha.

O Resultado foi de ToquesCF 4 - Encrobas 0

Brillante victoria contra un dos equipos mais floxos da competición. O que non saliu os outros días, saliu neste. Levaba o Toques 5 tiros a porta e 4 goles, moi boa marca para os que lles gusten as estadísticas futbolísticas.

O Toques cf dominou todo o partido, con pases o primer toque, centros dende a banda, sin rifala pelota. Levábamos 5 min de partido e o toques adelántase por mediación de Luis despois de rematar un centro de miguelinho. 2 min despois era bareto o q fulminaba por baixo ao porteiro rival. 2-0

O Toques CF estaba a gusto, o encrobas deixaba xogar moito, e non tardaba en chegar o gol, un corner botado polo gran carril e remata o capi Xelo a portería, era o 3-0 e o Toques non se conformaba. Outra xogada pola banda, botan o centro e cabecea Bareto, era o 4-0, resultado cal chegouse o descanso.

A aficción estaba ilusionada, 4-0 na primeira metada, a xente empezou a facer comentarios do tipo ¡ Este é o Toques que mola vir a ver ¡

Na segunda parte baixouxe o ritmo, tamén hai q decir que o Encrobas empezou a xogar o que mellor sabe facer ¡ O fora de xogo ¡, adiantando os defensas ata o medio do campo, pero non pasou nada mais, alguns tiros a porta que paraba o porteiro rival.

Decir q este foi un partido moi calmado, xa q Javi repetía na porteria local, e non tivo nada de traballo, bueno sacar os saques de porta, nada dificil. Os aficionados locales decíanlle q viña tomar un cubalibre ante o pouco traballo que tiña, jejeje.

A alineación foi a seguinte: 1- Javi, 2- Carlos, 3- David, 4- Cristhian, 5- Xelo(Capi), 6- Diego, 7- Mateo, 8- Luis, 9- Bareto, 10- Carril, 11- Miguelinho, 12- Alfonso, 13- José, 14- Ricardo, 15- Yosu, 16- Espomasa

O próximo partido será contra o Atlético Perillo no municipal de Periilo as 16:30

Gracias a nosa aficcion polo apoyo mostrado o Domingo no municipal Toquense, decirlle a aficción q os partidos do mes de Outubro son as 16:30, pero a partir de Novembro será as 16:15, pq a xente tarde en chegar o campo.

Gracias e Forza Toques

7 comentarios:

rikimelide dijo...

Noraboa ó C.F.Toques pola vosa victoria que remata con esa mala racha. Non cabe dúbida que a cena do venres foi clave. Que siga, e que non decaiga. Forza equipos da Terra de Melide¡¡¡¡,

Anónimo dijo...

o ke fai o blog ken e o 4 de arriba pola eskerda o ke esta o lado do porteiro?

Anónimo dijo...

Son os dous q están a esquerda do porteiro

Montse dijo...

Parabéns polo resultado do Domingo, por fin chegou a victoria tan ansiada por todos (quedan moitas aínda por celebrar).Os que estabamos no campo disfrutamos cos goles do noso equipo e co bo xogo en xeral, e marchamos para casa con certa ilusión para os seguintes partidos.
Saudiños
ANIMO TOQUES C.F. e a seguir así.

ToquesCF dijo...

pa que queredes saber quen fai o blog???

Quintás dijo...

Noraboa por esa gran victoria equipo. Seguro que esta e a primeira de moitas victorias (menos contra o CIre, je je). Veña un saudo e a seguir asi.
FORZA CIRE!!!!
Forza TOQUES!!!!

Anónimo dijo...

esta semana tedes k gañarlle ao perillo,keremos un cire lider en solitario...forza toques e cire¡¡¡