Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

miércoles, 30 de enero de 2008

Case a metade do municipio de Toques está protexido pola Red Natura

A aprobación definitiva do PXOM condicionará as prioridades do Concello de Toques, que centrará os seus investimentos na dotación progresiva dos servizos básicos de saneamento e abastecemento de auga aos núcleos de poboación que carecen desa infraestrutura. Avanzouno o alcalde, Miguel Buján, que indicou como outra prioridade promover o desenvolvemento da masa de chan urbanizable catalogado en Souto.

Desde o goberno municipal estudarán a posibilidade de que a Consellería de Vivenda promova a través de Xestur a urbanización dos 60.000 metros cadrados de chan industrial reservados no PXOM. A achaiadura urbanística de Toques está condicionado pola Red europea Natura 2000. O 40 por cen do territorio municipal, o que implica a catro parroquias, é de especial protección ao estar incluído nese espazo da Serra do Careón.

No hay comentarios: