Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 18 de febrero de 2008

UN EMPATE CON SABOR A DERROTA

Hola a todos e a todas esta fin de semana no muncipal de Toques disputouse un partido bastante engorroso e duro, con resultado final de 1-1. Digo esto porque o Vilarmaior chegou a Toques a facer o que mellor sabe, xogar duro e interrumpir o partido a base de faltas.

O partido comenzou bastante animado e as ocasións non tardaron en chegar. A primeira ocasión logo dunha falta botada por Kristian que Xelo remata fora por pouco. O Toques medrábase e non tardaría en chegar o primeiro gol. Tras outra falta botada por Kristian Xelo controla de espaldas pasalle a Diego que dispara rexeita na defensa, tira Xelo peta no longueiro, o balón queda morto na liña de gol e marca Luis de cabeza, foi un bo gol que facía xustiza o que estaba ocorrendo. Pero a partir de ahí o Vilarmaior endureceu o seu xogo e as faltas medraban a medida que pasaba o tempo. Pouco despois ia empatar o Vilarmaior tras un rexeite e un disparo cruzado do dianteiro número nove. Na primeira metade pouco máis que destacar.

Comenza a segunda metade e o Toques comenza ben pero a medida que pasa o tempo o partido entra na dinámica deles, faltas máis faltas e eso ao Toques perxudicouno por completo. O bo xogo despregado en partidos anteriores non puido ser participe neste domingo, onde ó final o Toques acabou con varios lesionados.

Pero aínda así o Toques tería ocasión de marcar tras unha xogada de Carril que se leva a dous contrarios dispara, rexeita o porteiro e José pica o balón que non entra por pouco. Pouco despois volvería a ser José quen dispuxera doutra ocasión tras xogada de Bareto que se mete pola banda esquerda chega ata o fondo pase da morte e José tiralle ao porteiro. Xa se cantaba o gol na grada pero ó final nada. O partido cada vez ía entrando en fases máis duras e con continuas interrumpcións e así ata chegar o final.

O final un empate que sabe a derrota polas patadas e faltas recibidas e os lesionados.

Destacar a boa actuación en xeral do equipo.

A alineación foi a seguinte: 7- José "Turu Flores" ( porteiro mentres non chegou David " San Iker")- 2 Mateo "Leon Scaloni", 3- David "Fenerbache", 4- Xelo " Capi Mol..", 5 Kristian " Ganavaro", 6- Diego " Conde Drako, ja, ja," 8- Luis, "fiss, fiss, fiss..." 9- Bareto "Boxerman", 10 Carril " pernas de ouro", 11- Migueliño " A PenKa Millatovic", 13- Carlos " Lazovic", 12- Richardo " Richiño - Tuchiño"

Quero agradecer unha vez máis a nosa afección o gran apoio recibido e o bo comportamento que está mostrando partido a partido e tamén a xente que colabora co equipo desinteresadamente.

Recordar que o próximo partido será o domingo 24 no campo das Encrovas as 16:15 e que dadas as numerosas baixas que volvemos a ter pidese o máximo esforzo por parte dos xogadores.

Un saúdo a todolos lectores do blog e coma sempre O TOQUES MOLA, CADA VEZ MAIS!

10 comentarios:

ToquesCF dijo...

Ao final o capi molón entra la lista de convocados pra o partido en encrobas?????

Foi unha pena de resultado pero temos q seguir así, estamos na boa línea

ToquesCF dijo...

Montse o teu comentario de todas as xornadas non pode faltar. Da señales de vida. Saudoss

Montse dijo...

Boas!
Non me esquezo do comentario pero e que onte cheguei tarde a casa e hoxe fun traballar de mañá.

No partido do Domingo puidemos conseguir os tres puntos, pero a sorte non acompañou moito, houbo varias ocasiós claras de gol pero non puido ser ...noutra ocasión será.

O primeiro tempo estivo algo entretido pero na segunda metade o equipo visitante entrou a saco, non xogaba nin deixaban xogar,o árbitro tiña que estar de seguido pitando nas faltas(dos outros)e o partido parabase continuamente, a verdade é que non se puido disfrutar do encontro en si.

Por suposto para o noso equipo un 10 para todos, xa que é complicado
mantela la calma e non perdelo norte en encontros como o deste Domingo.

Saudiños e coma sempre:
ANIMO TOQUES!!!

Anónimo dijo...

O final foi verdade que ainda non vos tocan e xa estades no chan, sobre todo o voso número 8. Sei que houbo moitas faltas pero non todas do Vilamaior mal que vos pese. Recordovos que o voso señor porteiro doulle un golpe o número 9 do Vilamaior cando estaba tirado no chan e eso para o arbitro non foi tarxeta vermella. Increible pero certo.
Ademais desto dar a enhoraboa a varios dos vosos xogadores que fixeron bo futbol por exemplo o número 4, o 9 e o 10.
Sorte no próximo partido e por favor intentade tamén ver o que vos facedes mal que tampouco sodes un equipo tan limpo como dicides.

Saudos

Anónimo dijo...

jajajaja ya faltaban por entrar en el blog nuestros compañeros

ToquesCF dijo...

Desde aquí quiero felicitar a josé pq segun me contaron desde q no llego david estuvo muy seguro.
La verdad es q este año a pesar de disponer 1 portero y en varios ocasiones de 2 porteros jugadores somos de los equipos menos goleados. Por eso felicitar a david el porteiro mas a José y Javi por ponerse bajo los palos de la porteria toquense

Anónimo dijo...

non me gusta q vinculedes así o nome dun club d futbol a un partido político..Sei q algún d vos(uns máis q outros) estades d dacordo cn esta opción política, pro stou seguro q moitos xogadores e afición non. Por respeto polo menos a afición, spero q este blog siga sendo 1 blog do noso equipo.

Anónimo dijo...

Ao anónimo da arriba decirlle q fale claro. Q non tire a pedra e esconda a man

Anónimo dijo...

Xa estas as peperas das xuventudes tocando as narices neste blogue

Anónimo dijo...

precisamente o q eu critico e q stea vinculado o do PP..así q non sei q dicides. Pero tampouco xq sexa o link ds xuventudes do PP, senon de calkera outro tamen