Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

martes, 27 de noviembre de 2007

Bo partido.

Hola amigos e amigas, seguidores e seguidores do clube Toques CF, antes de nada grazas unha semana máis polo apoio e os ánimos cara o noso Clube que cada día son máis.

O partido desta fin de semana pódese resumir nunha soa palabra: SACRIFICIO.

Ese digo isto é porque para min foi un dos mellores partidos que xogamos despois dos contratempos iniciais e onde o equipo soubo en todo momento, sobreporse o adversario.


O partido prevíase complicado inicialmente, pois íamos xogar cun dos equipos máis fortes da competición, un equipo moi organizado e forte nas diputas do balón, onde a veteranía deste grupo e o seu campo son a gran vaza deste equipo. Equipo que, ó final da tempada, vai estar ahí arriba.


O partido comenzou moi disputado e con entradas bastante fortes. Os poucos minutos un mal entendido entre a nosa defensa e o porteiro deixa un balón morto e o dianteiro local marca o 1-0. Un gol de mala sorte que nos facía temer o peor. Pero o Toques nunca baixo a garda e seguiu loitando e aguantando o balón.

Logo dunha xogada na banda dereita e coa tan mala sorte que o noso dianteiro Miguel expomasa cae lesionado nun forcexeo co balón, tivo que ser sustituido xa que a historia tiña mala pinta.

Era outro contratempo para o equipo visitante.

Na primeira metade pouco máis, so destacar un balón o longueiro tras un centro do equipo local.

Na segunda metade o equipo saíu o campo, con ganas e ilusión e sacou eso que se chama CASTA, mellor dito " un par de co...." e levou o partido onde quería.

O toques presionaba, corría e creaba ocasións e na metade da segunda parte tras unha xogada de boa convinación, entre o noso medio centro Diego que abre para Migueliño e este asiste a Bareto que de espaldas a portería recibe e deixa os defensas descolocados e vate de vaselina o porteiro local era o empate a 1, un gol de auténtico dianteiro.

Pero o toques quería máis, e logo dunha falta votada polo noso lateral esquerdo David, a piques estivo de metela dentro o capi Xelo, ocasión que volvería a ter despois doutra falta votada por Kristian. O final poidemos levar os 3 puntos nun partido que a priori se puxera bastante complicado.

Destacar a gran actuación do equipo en todalas súas liñas.

A alineación foi a seguinte: 1: Javi, 2: Mateo, 3: David, 4: Xelo (Capi), 5: Kristian; 6: Diego, 7: Expomasa, 8: Luis, 9: Bareto, 10: Carril, 11: Alfonso. 12: Migueliño, 13: David; 14: José, 15: Ricardo.

Recordar que o vindeiro domingo no municipal de Toques, as 16:00 . Toques-Mesía.

Desexar que Expomasa se recupere canto antes e que a lesión sexa so un susto.


Non me quero olvidar do apoio da nosa aficción, que unha semana nos acompaña ali onde imos.

Sen maís Grazas a todos e coma sempre: O TOQUES MOLA! Faite Socio.

Ah! E sorte para o derbi da próxima xornada, Sobrado-Melide.

6 comentarios:

ToquesCF dijo...

Enton a partir de agora os partidos de decembro son as 16:00, menos tempo pra dormir. Moi boa actualización Xelo

Montse dijo...

Bos días!
Parabéns polo estupendo partido do Domingo. Nos chegamos un pouquiño tarde( un despiste nun cruce non moi sinalizado...) Cando nos sentamos nas gradas informáronos de que iamos perdendo e tiñamos un xogador lesionado, dende aquí esperamos que non sexa nada grave e que se mellore.
Non vimos os primeiros 15 mints. do partido pero o resto foi do mais entretido ata o momento, houbo bo xogo, chegabades con facilidade a portería rival, varias ocasións claras de gol....en fin, que notabase que tiñades as ideas claras e queriades gañar o partido.
Saudiños e a seguir así de ben:
ANIMO TOQUES!!!


Pablo: non sabia que seguías as andanzas do noso equipo dende Bilbao, saúdos de Sandra e meus e xa nos veremos polo Nadal ou polo carnaval, bicos para os tres.

pablo dijo...

Un bo resultado nun campo dificil seguide asi que bades ven.
MONSE un abrazo pa todos dos tres.

Anónimo dijo...

Boas, son un siareiro do Ponte Carreira, en primeiro lugar felicitarvos polo gran partido que fixéstedes o domingo pasado.Paréceme increible que ocupedes a oitava posicion, xogando asi e con ese equipo tan xoven chegaredes lonxe. e en segundo lugar animar a xente a que visite as páxinas dos clubes de terceira que son do milloriño..Moitas grazas. sdpontecarreira.blogia.com

Melide Fs dijo...

Parece que xa encontrastes o rumbo, e estas ultimas semanas estades a ter uns moi bos resultados, asi que NORABOA¡¡. Por certo se sabes a dirección para encontrar o rumbo avisa, e que nos tamén o andamos a buscar ejejeje.

Un saudo¡¡¡¡¡

ToquesCF dijo...

Non nos podemos queixar deste mes de novembro: 2 victoras e 2 empates. Haber q nos depara o mes de decembro