Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 12 de noviembre de 2007

UN EMPATE E GRACIAS...

Un domingo extraño para o Toques C.F.. Cando se previa que ia ser un partido, en teoría fácil e poder acadala primeira victoria a domicilio, ocorre que para ir xogar estamos tan so 10 xogadores. Algo inexplicable cando nalguns partidos anteriores os afrontamos con xogadores dabondo e incluso houbo convocatorias para descartes. Pois o certo, é que sen explicación algunha moitos xogadores non apareceron e tivemos que partir cara a San Mariño de Dorneda con tan so 10 xogadores e improvisar a alineación.

O partido empezou bastante igualado, pero o certo é que o Toques levou a iniciativa dende o primeiro momento. Algunha ocasión máis que outra, ata que no minuto 15 da primeira metade tras un córner botado por Carril, Bareto engancha unha preciosa bolea e enchufa o balon pegado ao pao da portería contraria. Un auténtico golazo. Era o 0-1, pero o Toques aínda quería máis.
Logo duns minutos máis tarde, unha boa xogada de Diego que asiste a banda esquerda para que Carril logo dunha xogada individual saque un magnifico zapatazo, coa mala sorte de que o balón peta no pao. A verdade e que se entra era un auténtico golazo.

Destacar tamén outro balón ó longueiro ó final da primeira metade logo de sacar unha falta dende a esquerda o noso defensa David. Polo demaís pouco mais.

Na segunda parte o Toques quería sentenciar o partido, pero non se daba adaptado as circunstancias. As forzas cada vez minguaban, o campo non axudada para nada, un terreo de area complidado para xogar, e como non, o árbitro que non deixaba de pitar cousas absurdas fixo que o Toques a partir do minuto 20 desta parte fora perdendo fuelle, e nunha falta botada o borde da área botada por un dos xogadores do Dorneda fixo que nos emparan o partido.

Pouco demáis destacar un penalty fallado por un dos xogadores do Dorneda. Penalty completamene inexistente, que pitou o árbitro de oidas e destacar tamén un gol anulado a Bareto no minuto 40 da segunda metade por fóra de xogo bastante riguroso.

Polo tanto un empate, que a priori non está mal dadas as circunstancias deste domingo.

Haber se no se repite tal circunstancia, e no próximo partido volvemos a disfrutar co noso equipo.

Recordar que o vindeiro partido será no campo municipal de Toques contra o San Martiño, o domigo 18 as 16:15.

Dar AS GRACIAS de novo os nosos afeccionados que viaxaron co equipo e os que se desprazaron pola súa conta e en particular as seguidoras da Coruña que no nos abandonan en ningún momento.

FORZA TOQUES! O TOQUES MOLA! Faite Socio.



9 comentarios:

ToquesCF dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Montse dijo...

Bos días!
O partido do Domingo foi un pouco raro, pero a pesar de ter moitas cartas en contra conseguichedes traer un punto.
Eu nin quero, nin debo falar sobre situacións que no coñezo, todos temos infinidade de compromisos o longo da semana e cada un ten que ser responsable dos seus.Isto soamente é un humilde comentario non critico a ninguén.
Saudiños e :
ANIMO TOQUES!

Anónimo dijo...

Bos días,
Vos escribo dende Dorneda, para falar un pouco do partido do domingo. Antes de nada felicitarvos pola páxina, creo que está moi ben e é moi interesante para todos os que xogamos neste grupo IV da 3ª autonómica.
Do partido comentarvos que debo estar mal da vista por que eu contei 11 xogadores, e que por suposto suposto para min foi penalty e fora de xogo, pero as veces a paixon nubrame os ollos.
Polo demais creo que houbo bastante bo rollo no campo e fora de el e esperoque se repita á volta, moita sorte e un saudo.

ToquesCF dijo...

eu non o sei, eu faltei, pero dixéronme q xogaron o partido con 10 xogadores.
Muchas gracias, no partido de volta tomaremos algo.
Saudos pa dorneda

Anónimo dijo...

boas noites,noticia de ultima hora,victor do boimorto ficha polo toques,porfavor capi confirmanos se e verdade xa que ti eres unha persoa cercana a el. seria unha noticia impresionante para o noso clube,xa que pa min sege sendo dos mellores defensas desta liga,por garra,por fisico e por forza, animo toques

ToquesCF dijo...

pois se se confirma esa noticia, o CAPI po banquillo, jejejej

Angel do Toques dijo...

Gustariame saber que anómino do clube do Toques escribiu esa noticia. Non vou a facer ningun comentario sobre eso. Pero eso non é verdade. Houbo contactos a comenzos de temporada pero non se chegou a nada, el seguiu no boimorto. De momento non hai nada de nada.
Eu recoñezo que é un gran xogador e un gran competidor; pero de ahi a que fichara polo Toques....

Non me gustan os comentarios dos

ToquesCF dijo...

Pero haber Xelo, non he pra poñerse así, el pensaría q era verdade, escoitaria o rumor pero xo e ixo.

Eu penso q non e para tanto Xelo.

Anónimo dijo...

Xa comenzan os spin-doctors a furular po las espaldas tede cuidado toquenses ese e un camiño que nunca se sabe a donde leva non teñades prisas nin por gañar nin por ser un gran equipo seguide asi todo chegara ,pero tede coidado con quen metedes no voso vestuario