Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

miércoles, 19 de diciembre de 2007

Os alcaldes da comarca esixen a Fomento confirmar a modificación do trazado da autovía

A Plataforma Autovía por Melide recibiu o respaldo explícito da alcaldesa melidense, Socorro Cea, e dos seus homólogos de Toques e de Santiso, Miguel Buján e Ovidio Leiva, para esixir ao Ministerio de Fomento que confirme, oficialmente, a modificación do trazado inicial da autovía Lugo-Santiago (A-54).

En consonancia coa reivindicación do colectivo cidadán, o departamento ministerial estudou tres corredores alternativos para o tramo entre Arzúa e Pas de Rei, que achegarían a futura vía de alta capacidade a Melide.

A publicación do correspondente estudo informativo no Boletín Oficial do Estado (BOE) é o trámite pendente que avalaría a demandada modificación do trazado viario, en favor da que se pronunciaron os tres rexedores da comarca melidense nunha reunión aberta ao público convocada pola Plataforma. Na súa intervención, a máxima mandataria da capital comarcal, Socorro Cea (Bloque Nacionalista Galego), expresou o apoio do Concello de Melide a «esta causa onde todos #\\\\ que estar unidos» e aludiu á publicación oficial dos corredores que se estudaron como alternativa «para poder estar todos vos melidenses máis tranquilos».

Miguel Buján (PSDEG) tamén expresou o apoio do Concello de Toques ante unha reivindicación «xusta e lexítima que a Plataforma está a esixir dende hai tempo». Pola súa banda, o rexedor de Santiso apelou a medidas de presión para «facer valer vos nosos dereitos».

1 comentario:

Unknown dijo...

Moi Boas, en nome da Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude queríamos desexar a Directivos, xogadores, corpo técnico, socios, afeccioados e xente relacionada co Toques C.F. un bo nadal e un próspero 2008.

Saudos dende Sobrado