Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 17 de diciembre de 2007

VICTORIA SUFRIDA



HOLA AMIGOS E AMIGAS! Unha semana máis na crónica deportiva.

Esta fin de semana o Toques conseguiu unha nova victoria no Municipal de Toques despois de vencer o Ordes B nun partido bastante complicado. Unha victoria que coloca o noso equipo na sexta posición da táboa con 24 ptos empatado a puntos co quinto clasificado. Sen dúbida, o Toques está a manter unha racha de partidos sen perder que xa ascenden a 7.

A Clave está na pócima máxica que se mostra na imaxe.

Antes de nada quero felicitar o equipo do Ordes que fixo un gran partido, cun fútbol vistoso e de gran categoria e nos deixou claro de como se xoga o futbol de verdade. Para min é un dos mellores equipos da categoría en canto o futbol despregado.

O partido comenzou bastante igualado para os dous equipos en canto a posesión de balón, pero o Toques ía medrando co pase dos minutos e creando ocasións. Pero ía selo Ordes quen tivo a primeira ocasión de perigo que erran os dianteros diante do porteiro local.


Corrían pouco maís de 10 minutos cando o noso dianteiro Ricardo nun forcexeo co porteiro cae lesionado e tivo que ser sustituido por Alfonso. Outro percance máis para o equipo xa que se suma outra baixa por lesión xunto con Expomasa. ¡Esperemos que se recuperen pronto!.


No minuto 20 da primieira metade foi o Toques quen puxo o único gol do partido despois dunha magnífica xogada do medio campo que cabecea Josu e o noso dianteiro Alfonso "Villarrolla" marca un expléndido gol, era o 1-0 para os locais. O partido estaba na mellor fase.


Os visitantes tamén tentaban de crear perigo e nunha xogada pola banda esquerda a centro tiveron outra gran ocasión que a botaron fora.


Pero O Toques non se veu a baixo e dispuxo de outra ocasión clara. Migueliño a pase de Diego leva o balón pola banda e centra e outra vez Alfonso está a piques de marcar, de cabeza.


Na primeira parte pouco maís so destacar un par de intervencións do noso porteiro, que sen dúbida, é o mellor da liga e un par de disparos de Carril que a punto estiveron de convertirse en gol.

Na segunda metade o Ordes seguía na súa liña de equipo ordeado e praticando un futbol vistoso
e o Toques recuou un pouco e puxo en práctica un traballo defensivo expléndido.


O Ordes tiña o balón, sacábaoo xogado con criterio e sempre con control, pero o Toques non se rendía e aínda ía ter un par de ocasións claras nas botas de Josu que a punto estivo de marcar de vaselina e nas botas de Migueliño que o seu disparo saiu fóra pegado o pao.


Polo demáis pouco máis que comentar.

A alineación foi a seguinte: 1-David "Iker". 2 -David "Fenerbache". 3. Mateo "López Recarte", 4-Xelo "O capi Mol...", 5. Kristian "Ganavaro", 6. Diego "Drako", 7. Josu "Peito erguido" 8. Luis " fiss, fiss, fiss, fiss.." 9. Ricardo "Richinho", 10. Carril "Rizos de Ouro". 11. Migueliño "Penkovic" 12. Alfonso "Villarrolla". 13. Nacho "Rarovic".



Destacar as baixas de Bareto, Javi, Expomasa por lesión e José.


Decir que o último partido deste ano será en Frades contra o San Estevo de Abellá o vindeiro día 23 ás 16:00 horas.

Recordar que esta semana volvemos a adestrar o xoves xa que o venres hai cea de Nadal.


Quero deixar tamén unha mensaxe para os amantes da cultura galega. Organizado polos nosos compañeiros de música tradicional de Toques. Non Faltedes que está moi ben.




Nada máis amigos, e cosempre un saúdo a todolos seguidores e clubes da comarca e teñades boas festas e un feliz anoma .

O TOQUES MOLA! ...... Si, Si. CADA VEZ MAÍS, faite socio!










3 comentarios:

Montse dijo...

Noraboa polo partidazo do sabado, unha victoria "sufrida", si, pero moi, moi merecida. Un partido desos que da gusto ver, competitivo ata o final e cheo de boas xogadas por ambolos dous equipos.

Espero que Ricardo se recupere pronto e que a lesión non seña grave.

Quero aproveitar este post para desexar un BO NADAL: O entrenador, xogadores, colaboradores,directivos, socios-as e a toda esa xentiña coa que me atopo os Domingos no campo e fan que pase unha tarde diferente e cos que teño rido e pasado moi bos ratos( Conchi, Suso, Sandra, Carlos, Alfonso....)

P.D: disfrutade da cea de Nadal do equipo, pero lembrade que o Domingo tedes partido. Pensando mellor, non fai falta preocuparse, agora que sabemos da existencia dunha poción máxica, non hai problema, unha dosis axeitada para cada un antes do partido e a arrasar co San Estevo e todo o que se poña por diante.

Saudiños e coma sempre: ANIMO TOQUES

Anónimo dijo...

A clave do éxito do toques foi a cena no lorena a finales de Octubre.

Por cierto Xelo, te faltó poner los de motes a los ausentes.....

Grande Toques

Anónimo dijo...

toques molonnnnnnnnnn....
Fiss,fiss,fiss,fiss.
Gran partido o sabado cun golazo do Gran Villarolla. Quen o aguantara o venres na cea....