Temporada 2010-2011

Temporada 2010-2011
Image Hosted by ImageShack.us
Blog do ToquesCF e de todos os toqueses

lunes, 27 de abril de 2009

VOLTOU CON GOLEADA

Si señor, volveu Molón, xogou uns minutos e marcou un dos 8 goles na tarde do domingo, no que o partido perdeu un pouco de interese posto que o Meicende xogou o partido con 9 xogadores. Así o partido encarrilouse con 2 goles de Carril; o Meicende opuxo resistencia cun gol pero logo se refrendou con máis goles, o resultado foi dun abultado 8-1, na segunda parte chegou a reacción dende o banquillo, e saíron o campo Richi,Santi e Molón, si escoitades ben, voltou Molón e marcou un gol de dianteiro centro de cabeza, noraboa Ángel. Así os goles foron de Santi, A Penka, Molón e Carril con 5 dianas que se pon como máximo goleador do Toques.
O fútbol volve a Toques o venres día 1 de Maio coa copa confederacións fronte ó Marino de segunda rexional ás 17.00 horas. O Toques terá que disputar ó día seguinte o partido de liga fronte ó Curtis no que será o último partido fóra da casa.
Nada máis, espero que disfrutedes co fútbol e FORZA TOQUES.

No hay comentarios: