lunes, 3 de octubre de 2011
Oza 1- Toques 0
miércoles, 28 de septiembre de 2011
O Toques no Mobil
ESTAMOS DE VOLTA....POR FIN...
Angel do Toques.
sábado, 10 de abril de 2010
jueves, 9 de julio de 2009
Cerrado por Vacaciones
Sede todos bos e pasade un bo verano
jueves, 7 de mayo de 2009
DUAS IMPORTANTES VICTORIAS
lunes, 27 de abril de 2009
VOLTOU CON GOLEADA
O fútbol volve a Toques o venres día 1 de Maio coa copa confederacións fronte ó Marino de segunda rexional ás 17.00 horas. O Toques terá que disputar ó día seguinte o partido de liga fronte ó Curtis no que será o último partido fóra da casa.
Nada máis, espero que disfrutedes co fútbol e FORZA TOQUES.
martes, 21 de abril de 2009
BOA GOLEADA E DERROTA FÓRA DA CASA
Saúdos e FORZA TOQUES.
jueves, 9 de abril de 2009
VICTORIA MOI VALIOSA
O partido comezamolo con moitas ganas e antes de poñernos por diante a Penka xa tivera un par de ocasións pero nesta non fallou e tras un pase de Carril executou un bo disparo batendo por baixo ó porteiro. A partir de aquí o Visantoña empezouse a vir para arriba pero aínda así o Toques con máis corazón seguia tendo ocasións para aumentar a vantaxe no marcador antes de rematar o 1 tempo.No segundo tempo tocou sufrir un pouco máis e oubo que encerrarse para poder manter a vantaxe no marcador, cabe destacar unha boa ocasión de Carril cunha falta lonxana que petou no largueiro, e o sacrificio da Penka cas súas carreiras sobre todo despois da expulsión de Luis e dun medio do Visantoña. En xeral moi bo partido de todos.
Agardámosvos o próximo sábado para disputar o partido aprazado fronte ó Curtis ás 17:00 no campo de Toques, saúdos e FORZA TOQUES.
jueves, 12 de marzo de 2009
UNHA MALA RACHA
Despois deste partido o Toques esta pasando unha crise, que ven cas derrotas no campo do Mesía por 2-0, a derrota na casa fronte ó líder "Oza" por mor dun gol en propia porta de Cristian e a última fronte ó San Estevo por 2-0. Esta derrota está marcada pola expulsión de Diego no minuto 17 de partido por dobre amarilla ambas por protestar ante a decisión do árbitro moi discutida. Antes do remate da primeira metade pita un penalti cando David toca o balón e o dianteiro lle fai falta e iso supón o 1-0. Na segunda metade tivemos ocasións para darlle a volta ó marcador pero o balón non quixo entrar, e así despois dun barullo expúlsanos a Bareto e a Mateo enchéndose aínda máis de gloria o colexiado; despois desta acción acabannos de matar co segundo gol á saída dun córner noso e cun contragolpe levado con éxito. Despois deste partido só quero dicirlle á xente da federación de árbitros que controle a quen ten, porque de verdade que dan moita pena. Só que os árbitros reflexionen porque complican os partidos eles soíños, con decisións absurdas.
Despois disto quero animar á xente para que nos axude aconseguila victoria o 1º fin de semana de abril fronteó Visantoña ás 16:45 do serán, un saúdo
e FORZA TOQUES.
lunes, 2 de marzo de 2009
3 PUNTOS DE 6 POSIBLES
Xa nesta última xornada desplazámonos ata Encrobas para xogar o sábado ás 16.30. foi un partido con pouca historia xa que houbo poucas ocasións ata que cerca do final a uns 15 minutos a Penka deulle a victoria ó Toques, aínda que despois do gol, Bareto tivo un par de xogadas de auténtico Messi levándose a todos os contrarios que lle saían o paso, a primeira cedeulla a Carril que botou un disparo alto, e a segunda que lla para o porteiro cando lle daba o pase da morte para que Santi rematara a porta baleira. Así rematou o partido, agardando con ansias que chegue o próximo partido que será o domingo 8 de marzo ás 16:30 fronte ó Vilamaior. Espero vervos a todos animando o voso equipo.
Ánimo e FORZA TOQUES.
martes, 17 de febrero de 2009
UNHA DURA VICTORIA
O partido comezou cun dominio do balón por parte do Vizoño pero de ocasións do Toques, ata que nunha mala saída do porteiro, o balón foise cara o lado dereito e Carril case sen ángulo aproveitou para poñer o 0-1 no marcador.
Xa na segunda metade o Vizoño saíu polo partido e deulle a volta ó marcador con dous goles que viñeron de ambos centros dende o lado dereito con remates do extremo esquerdo poñendo o 2-1. Na xogada seguinte chegou o golazo do partido cunha falta que botou Diego e que entrou maxistralmente na portería do Vizoño alcanzando o empate, pero pouco despois chegou a ledicia ó Toques cando Miguelinho "A PENKA" marca o terceiro tanto visitante dandonos así os tres puntos, "que boa falta nos fan".
Nada máis, agárdovos o próximo domingo 22 de Febreiro(Carnaval) para que disfrutedes do partido fronte ó Poulo ás 16:15 do serán.
Saúdos e FORZA TOQUES.
sábado, 14 de febrero de 2009
Un empate ante un dos favoritos
Nun encontro moi igualado no que o empate foi xusto a pesar de que a ningún dos dous equipos conformábase co empate, xa que era un resultado malo para os dous equipos.
No seguinte partido, e decir este fin de semana, o Toques desplázase o sempre dificil campo do Vizoño B, pero esperemos sacar algo positivo, xa que é un campo que se lle da moi ben o conxunto toquense.
Sin mais despedirme, e decir que, con esta actualización que fago, o blog estará moi operativo, xa queagora teño moito tempo.
Un saludo e forza toques
lunes, 2 de febrero de 2009
UNHA DURA DERROTA
Comezou o partido baixo un diluvio e unha forte granizada no que o xogo era moi embarullado e con poucas ocasións, un partido moi físico no medio campo. Así o gol local chegou despois dunha boa xogada de Espo na que recorta a un xogador e o seu tiro no no da agarrado o porteiro e queda rexeitado para quen se non, Bareto puxese en vantaxe o equipo local. Pouco despois tivemos outra clara ocasión nos pés de Pardo que non deu aumentado o marcador. Cabe salientar unha fermosa falta que tira o xogador do Sobrado ¨Chino¨ que se estrela no traveseiro e lle dá a Carballal na testa saíndose fóra da portería por moi pouco; antes de rematar a primeira metade o Sobrado empataría o encontro despois dunha bonita xogada que un dos seus dianteiros remacharía o fondo das mallas do Toques.
Xa na segunda metade co campo moi pesado e o sobrado ben plantado no campo o Toques non daba creado ocasións claras de perigo, e así nun mal despexe o Sobrado aproveitou para marcar o segundo gol e levarse os tres puntos do noso feudo.
despois desta xornada non volveremos xogar ata o día 8 de febreiro na casa, fronte ó Abellá ás 16:15 do serán no novo horario ó cambiar de mes.
Saúdos e Forza Toques.
martes, 20 de enero de 2009
3 PUNTOS MÁIS
Despois de dúas semáns sin actualidade deportiva do voso equipo voubos comentar as dúas últimas xornadas de liga.
A segunda xornada de ano foi fronte ó Curtis, e foi un partido que non se disputou, porque o árbitro atabase mal e cando se deu avisado ao outro árbitro os xogadores do Curtis decidiron marxar posto que pasaban 35 minutos da hora.Este partido está nos xuzgados e aínda non se sabe que resultado adoptará, se se volverá a xogar ou nos darán o partido por gañado,asique xa vos seguirei informando.
A semana pasada xogamos fóra da casa contra o Boimorto, no que foi un partido moi interesante e derrotamolos por 0-3.
O partido disputouse o Sábado as 19:30 do serán , con bastante frío.Calqueira dos dous equipos tivo ocasións para adiantarse no marcador, pero Carril, tras un pase de José, puxonos por diante no marcador. A raísz deste gol o Boimorto veuse abaixo e tivemos un par de ocasíóns claras para agrandar a vantaxe pero non se puido.
Oubo unha xogada curiosa na que quedou mancado Pio e o árbitro parou o partido co balón nas máns de Carballal.Oubo un bote neutral e nós pensando que nos ían volver o balón un dos xogadores marcou o primeiro tanto para o seu marcador, pero por lóxica o seu entenador pidiu que nos devolveran o tanto e o porteiro marcou en propia.Xa chegados o descanso aclarouse todo e o árbitro decidiu non anotar estes dous goles e así voltamos oterreo de xogo con 0-1 no marcador.Xa no segundo tempo e o Boimorto votado arriba e con varias ocasións de gol aproveiamos unha contra e un despiste e un mal entendemento do porteiro co central, fixo que Bareto mascase o segundo tanto de vaselina. A partir de aquí controlamolo partido e un mal despexe do porteiro fixo que Diego de primeiras lle marcase o terceiro.
Así rematou o encontro cun 0-3 para o Toques.
A alineación foi a seguinte:1-Carballal, 2-Mateo, 3-Penka, 4-Nacho, 5-Cristian, 6-Diego, 7-Pio, 8-Santi, 9-Bareto, 10-Carril, 11-Jose, 12-Ricardo,13-Cabado, 14-Tapi.
Convídovos que veñades ver o próximo encontro o domingo día 25/01/09 ás 16:00 do serán contra o Sobrado, xa que vai ser un bonito encontro.
Ún saúdo e FORZA TOQUES!!!!
miércoles, 7 de enero de 2009
COMEZOU O ANO CUNHA VICTORIA
Comezamos o partido con varias ocasións ata que o Toques tivo 10 minutos de lucidez e marcamos 3 goles, o primeiro de Bareto, seguiulle Damián e volveu repetir Bareto; así chegamos con varias ocasións máis ó final da primeira metade.
Xa na segunda metade saltamos o terreo de xogo sen cambios e algo máis relaxados, e non con tan claras ocasións pero co mismo esquema ata que Bareto repetiu e redondeou o marcador con un 0-4. Pouco despois oMeicende sufriu unha expulsión e aínda tivo varias ocasións claras de recortar o marcador pero xa non se moveu.
O próximo partido será o domingo 11 fronte ó Curtis na casa ás 16.00 horas. Esperamos que acudades ver o partido e animar ó voso equipo aínda que faga un pouco de frío.
Que teñades von ano e dende o equipo do Toques desexámosvos que e cumplan tódolos vosos desexos, ánimo e FORZA TOQUES.
lunes, 29 de diciembre de 2008
FIN DE ANO 2008
Hola amigos e amigas, antes de nada quero desculparme por estar tanto tempo sen escribir neste blog e que o tempo non dá pa máis e non quería despedir este ano sen felicitar o Toques CF e o SOLAINA pola gran tempada 07/08 que disputaron ambos equipos. Unha tempada, que sen dúbida, e pa enmarcar.
Desexando que para o vindeiro ano que entra sexa igual ou mellor para ambos equipos.
Quero felicitar a todos os seguidores deste blog, a todolos afeccionados e afeccionadas que semana tras semana dan o apoio ao equipo. Esperemos que para as vindeiras datas poidamos agasallar a toda a afección con victorias e alegrías.
Por outra parte en nome do Toques CF. quero mandarlles un feliz e próspero ano a todolos equipos de terceira rexional para que o vindeiro ano as cousas lles vaian mellor.
Quero felicitar tamén a todolos seguidores que andan espallados polo territorio español que non poden estar con nós cada semana pero que seguén de cerca todo o que pasa grazas a este blog.
FELICES FESTAS E UN BO ANO PARA TODOS E TODAS E EN PARTICULAR PARA O FUTBOL AFECCIONADO.
Ah, Javi que sepas que me lesionei parado esperando subir a un remonte. Pero para o ano voltarei para baixar polas pistas negras que son as máis complicadas....ja, ja.
¡Coidadiño coa festa de fin de ano que o día 4 hai que xogar outra vez.!
Eu non poderei xa que teño unha lesión de ligamentos pero estarei co meu equipo a tope!
Ata pronto amigos.. e sorte cas lesións.
viernes, 26 de diciembre de 2008
ÚLTIMA XORNADA DO ANO
Chegouse ó partido cun día fenomenalpara a práctica do fútbol, soleado pero sin moito calor, e así comezou o partido, oubo ocasións para os dous equipos, Carballal parou unha pena máxima e o porteiro do San Martiño tamén fixo unha boa parada dun disparo de falta de Diego.
Así foi tanscurrindo o partido con varias ocasións para os dous equipos pero non se moveu o marcador e rapartironse os puntos.
Como xa sabedes non se volve xogar ata o 4 de Xaneiro por mor cas festas de nadal, ese próximo encontro será na casa do Meicende ás 4 da tarde.
Quero darlle ánimos ó noso capi Molón que se lesionou esquiando, esperamos que se recupere pronto, Ánimo MOLÓN.
E a todos vós desexobos unhas boas festas e próspero ano novo.
FORZA TOQUES
martes, 16 de diciembre de 2008
VICTORIA NA CASA E DERROTA FÓRA
Vamos falar do que realmente nos interesa que é o fútbol; a xornada pasada tivemos un bon partido fronte ó San Estevo de Abellá na casa que se saldou cunha victoria pola mínima cun resultado de 5-4. O resultado e algo engañoso, empezamos marcando cun gol de Espo pero logo nos empataron,o que nos reaccionamos con tres goles máis de Damián, Diego e Espo outra vez,pero o San Estevo sacou forzas e despois da expulsión de Luis chegaron a poñerse 4 a 3,pero cando tiñan un bon dominio do balón e chegaban con claridade apareceu Carril para marcar 1 gran gol. Despois deste gol aínda oubo 2 cousas ke nos perxudicaron, 1 tanto deles e a expulsión do noso capi Molón. Así rematou o partido cunha victoria merecida pero sufrida.
Este domingo pasado tivemos que xogar no campo do Visantoña cunha fría tarde, campo en mal estado e con importantes baixas.
O partido comezou cun toma e daca con ocasións claras para os dous equipos, aínda que o primeiro en golpear foi o Visantoña cun bo remate de cabeza do seu dianteiro, pero esa renda pouco lle durou o equipo local por mor dun penalti que lle fan a Bareto que transforma este mismo no rechaze despois de que llo parara o porteiro. Con este marcador pasouse ó segundo tempo que co terreo en moi mal estado foise xogando ata que nos últimos minutos complicouse un pouco o árbitro cando Carballal saca un balón en largo que Bareto aproveita para marcharse sólo cara o porteiro e o lateral deles agarrao e intenta desequilibralo cousa que non da pero non remata e a ocasión perdese, xa que era expulsión e falta fóra da área, pero o árbitro deixa seguir e o Visantoña despois de varios pases remata en gol tras un claro fóra de xogo, que despois de protestarlle a xogada comelle 5 minutos ó partido e rematao así. Quero resaltar que foi un partido totalmente limpo pese ó estado campo.
A alineación foi a seguinte:
1.Carballal,2.Mateo,3.Penka,4.Espo,5.Cristian,6.Diego,7.Santi,8.Pardo,9.Bareto,10.Carril,11.José,12.Pío.
Cabe resaltar que ante a ausencia de centrales empeza xogando Espo con Cris pero non está o campo pa regates e o míster Pepe decide poñer a Carril de central e a Bareto como referencia sola en ataque.
A última xornada antes de nadal e fronte ó San Martiño na casa o domingo día 21 de decembro ás 16:00 horas no municipal de Pontequeimadas, espero que vos acheguedes ata o partido para animar ó voso equipo.
Con esto nada máis e FORZA TOQUES!!!!!
miércoles, 3 de diciembre de 2008
A PRIMEIRA DERROTA
lunes, 24 de noviembre de 2008
OUTRO EMPATE PERO INVICTOS
O empate a uns por parte do Mesia chegou pouco despois, sacaron de corner e unha mala colocación dos xogadores fixo que sumaran o primeiro tanto ó marcador.
Na segunda metade o partido fixose un pouco mais pesado xa que a choiva axudou bastante.Nunha xogada con varios rechaces, Carballal, despois de facer un par de paradas ben boas, colouselle o que foi o segundo tanto para o marcador do Mesía.
O segundo tanto do Toques, chegou por mor dun penalti que lle ocasionaron a Bareto,o porteiro do Mesía fixo o posible por paralo, pero un tiro como este que foi directo a portería era imposible paralo.
O pouco de que Bareto metera ese penalti, os xogadores do Mesía tiveron outra oportunidade de meter o terceiro tanto ao seu marcador, unha xogada con varios rechaces no cal surxiu un trallazo que todos pensamos que iba pa dentro das redes, pero non, no foi así, Carballal non a puido salvar, pero aí estaba Nacho, o noso Nacho, que fixo un paradón criminal (gracias as máns claro)e que o árbitro non viu.
Pois ben amigos así rematou o encontro cun empate a douses e algunha que outra tarxeta inxusta.
A alineación foi a seguinte: 1-Carballal,2-Mateo,3-Penka,4-Molón,5-Nacho,6-Diego,7-Luís,8-Pardo,9-Bareto,10-Carril,12-Santi,13-Jose,14- Espomasa.
O próximo partido desprazaremonos ata o campo do Oza dos Ríos,o domingo 30/11/08 ás 16:15 do serán.
Esperamos ver alí a toda a afección posible.
Ún saúdo e FORZA TOQUES!!
lunes, 17 de noviembre de 2008
PUNTO VALIOSO
O partido comezou embarullao co dominio do Vilamaior pero sen ter ocasións moi claras, foi un partido moi físico e no que os xogadores de medio campo tiveron que rendir a un gran nivel.O Toques pouco a pouco foi despegando o dominio de Vilamaior, e así foi chegando sin moito acerto á portería local, dando por finalizados os primeiros 45 minutos.
A segunda parte seguiu marcada polo xogo duro e así despois dunha falta que non pitou o árbitro por un empuxón chegou o tanto local, poñendose así o Vilamaior en ventaxa no marcador.
O Toques non se veu abaixo e tivo varias ocasións para poder empatalo encontro:dous tiros de Carril que salvou o gardamallas local e catro bos centros que non atoparon rematador.Así que o gol tivo que chegar dun saque de Carballal que lle pegou tan forte o balón que chegou dunha área á outra tocando nun defensa local , despistando ó porteiro e así marcando o primeiro e único tanto para o Toques.Con todo isto acabou o encontro dando por bo o empate xa que nese campo non gañaran moitos equipos polo xogo ordenado e duro dos seus xogadores.
A alineación foi: 1-Carballal, 2- Mateo, 3- Penka, 4-Molón, 5- Nacho, 6-Diego, 14-Espomasa, 8- Pardo, 9- Bareto, 10- Carril, 11- Jose, 12 - Santi, 13- Pio
O próximo partido será na casa contra o Mesía o Domingo día 23 as 16:15 do serán.
Esperamos ver alí a toda a afección porque vai ser un partido moi interesante.
Ata logo e FORZA TOQUES!!!!!
martes, 11 de noviembre de 2008
2ª VICTORIA NA CASA
O Toques saiu ó partido co afán de non deixar escapar ningún punto do noso feudo.O partido comezou un pouco frío polo xogo e mais polo tempo xa que chovia, pero logo se quentou por mor dun gol visitante cun trallazo dende fóra da área no que Carballal pese a súa estirada non puido cortar a traxectoria do balón.O Toques reaccionou bastante ben e logo dun par de xogadas chegou o empate por medio dunha falta na que marcou Diego un fermoso gol, e así se chegou o final da primeira metade co empate no marcador.
A segunda metade comezou un pouco embarullada e con moitas faltas ata que ben entrado no segundo periodo Carril enganchou un bon disparo dende fóra da área para poñer ó marcador do Toques por diante. Aumentou a renda goleadora Espomasa cunha fermosa xogada do equipo e que a pase de Carril meteuno co peito ( o tetos ) na área pequena.
Xa case no remate do encontro Diego lanzou un disparo coa súa perna esquerda dende o medio campo que lle botou diante dos fuciños ó porteiro visitante e que colou o cuarto gol.
Así se chegou ó remate do encontro ca victoria por 4 goles a 1 e que aúpa o Toques á sexta posición da clasificación.
Pois ben, nada mais , só recordarvos que o próximo partido será na casa do Vilamaior ás 16:15 do serán do próximo Domingo.
Esperamos ver alí a toda a afección posible animando o noso equipo.
Saúdos e FORZA TOQUES!!
lunes, 3 de noviembre de 2008
O REI DO EMPATE
Boas de novo, esta xornada saldouse cun empate no feudo do Poulo.O partido foi moi embarullado sin ter un claro dominador en ningunha das dúas partes, pero tendo o Toques as mais claras ocasións, sobre todo na primeira metade,con dous tiros dende a frontal da área que ben puideron poñer o marcador en vantaxe para o Toques, sendo Carril, Bareto e José os principais protagonistas das xogadas.
Os xogadores locais tiveron que se emplear a fondo nas xogadas de perigo, sacando incluso un balón debaixo dos paus.
Na segunda metade, foi un partido moi físico na que os equipos pagaron a pesadez do terreo de xogo, xa que chovia. As ocasións nesta segunda metade foron escasas, dando por bo o empate os dous equipos.
A alineación foi a seguinte: 1-Carballal, 2- Mateo, 3- Nacho, 4- Ángel, 5- Cristian, 6- Diego, 7- José, 8- Luís, 9- Bareto, 10 Carril, 11-Miguelinho (A Penka ), 12- Santy, 13- Pio
O próximo partido será o domingo día 09/11/08 no campo do Toques, ás 16:15 do serán contra o equipo Encrobas C.F.
Esperamos ver alí a todos os afeccionados para disfrutar unha boa tarde de fútbol.
Un saúdo e FORZA TOQUES!!
viernes, 31 de octubre de 2008
VICTORIA MOI IMPORTANTE
Hola amigos e amigas, antes de nada perdoade por actualizar o blog tan tarde, e que ando bastante liado e apenas teño tempo pa sentarme diante do ordeñador e poñerme a escribir.
O pasado fin de semana o Toques CF disputou un gran partido na casa ante o Vizoño B que se saldou co resultado final de 3-1 para os locais : O partido comenzou moi igualado con ocasións para os dous equipos e o Vizoño intentando dominar o partido dende o principio pero o Toques trala presión do equipo visitante ía sacar un par de xogadas ben elaboradas para que; primeiro Bareto cunha magnifica vaselina a pase de Carril fixera o primeiro gol no minuto 20 de xogo e logo dende frontal da área Nacho, de cabeza tras un centro tamén de Carril dende a banda dereita ía facer o 2-0 minutos máis tarde. O partido poñíase de cara para os locais, pero o Vizoño ía reaccionar rapidamente cun gol minutos antes de rematar a primeira metade tras botar unha falta o segundo pau que remata o dianteiro visitante.
Polo demáis salientar un balón o longueiro do Vizoño que puido supoñer o empate e pouco máis na primeira metade.
Tras o descanso o Toques saíu con ganas de sentenciar o partido e ía dispoñer de numerosas ocasións por parte de Bareto, Migueliño e Carril, pero non se consegue aumentar o marcador ata o minuto 80 desta metade tras xogada de Luis que asiste a Bareto e este pasa atrás para que controle Carril regatee e dispare axustado o pau dereito onde non pode chegar o porteiro. Era o gol da tranquilidade e o gol que se buscaba tras as numerosas ocasións desaproveitadas.
Pouco máis que comentar, e destacar o gran número de afeccionados que acudiron o municipal de Toques por ambas partes para animar os equipos e a deportividade dos xogadores visitantes.
Nada máis, so recordar que o vindeiro domingo día 2 de Novembro o Toques viaxa a Poulo para disputar 5ª xornada do campionato.
O partido será o domingo as 16:15 da tarde no campo do Poulo.
UN SAÚDO A TODOS OS SEGUIDORES DESTE BLOG E OS SEGUIDORES DO TOQUES CF.
miércoles, 22 de octubre de 2008
SACOUSE UN EMPATE
Despois do tempo de lecer o Toques saíu con máis forzas e tivo claras ocasións para poder empatar o encontro, pero houbo que agardar ó minuto 80 para que Damián rematara un centro dende a esquerda para empatar o encontro. Minutos despois ante un maxistral pase de Carril, Bareto quedouse só diante do porteiro o que lla picou por riba e puxo o 1-2 no marcador. Cando o Toques ía gañando e xa tiñamos os tres puntos no peto, o Abellá tivo unha falta escorada que rematou en gol aínda que remataran ca man pero o resultado xa non se moveu.
Despois de todo marchamos cun sabor agridoce despois de ter casi o partido gañado.
Recordovos que para o vindeiro domingo día 26 xogamos o 1º partido na casa contra o Vizoño ás 16.30 do serán, espérovos a todos e espero que disfrutedes co partido, saúdos.
FORZA TOQUES
jueves, 16 de octubre de 2008
SEGUNDA XORNADA
Así que esta semana imos xogar contra o cuarto clasificado que é o Abellá, xogaremos as 4.30 da tarde, esperamos que acuda toda a afección que poida e que disfrute do partido.
Deixovos a Clasificación para que vexades como se mantén o voso equipo, saúdos e
FORZA TOQUES.
1 OZA DE LOS RIOS C.F.
2 A.D. VILAMAIOR
3 VIZOÑO S.D. "B"
4 A.D. ABELLA
5 C.F. VISANTOÑA
6 SAN MARTIÑO S.D.
7 A.C.D. POULO
8 C.D. MESIA
9 TOQUES C.F.
10 BOIMORTO C.F.
11 ATL.SOBRADO XUVENTUDE
12 ENCROBAS C.F.
13 C.C.D. CURTIS
14 SAN ESTEVO DE ABELLA
15 SPORTING MEICENDE
martes, 7 de octubre de 2008
COMEZOU A TEMPADA
O encontro foi moi disputado con ocasións para os dous equipos, ata que cerca do descanso o noso equipo deu un arreón cun gol de Diego de falta e un gol olímpico de José que puxo o Toques en ventaxa antes de rematar a 1ªmetade.
Na segunda metade o relaxamento do equipo e un penalti moi discutido puxo ó Sobrado a un gol do empate. Despois duns minutos moi disputados e con tres expulsións, 2 para o Sobrado e con Espo pola nosa parte,chegou o empate acadado nunha falta lonxana cun remate de cabeza no minuto "98".
Despois deste partido non se sabe se xogaremos o próximo domingo. Cando sepamos algo xa avisaremos.
FORZA TOQUES.
jueves, 2 de octubre de 2008
DA FESTA A LIGA
Hola amigos e amigas, perdoade polo retraso na actualización, pero e que non dou abasto. O pasado fin de semana, como xa bos adiantei tivo lugar a festa do socio do Toques e posteriormente un partidazo contra o SAN MARTIÑO DE CERCEDA que se saldou cunha vitoria do Toques por 2-1. Destacar a gran deportividade dos xogadores do San Mariño e decir tamén que teñen un equipazo. Este ano seguro que van a ir polo ascenso
Por outra banda ahi vos deixo unha secuencia de fotos do pasado domingo:1. Preparando o xantar 2. Tiñan fame... 3. Un despistado que chega tarde
4. O outros artistas de toques 5. Como ía faltar a pócima 6.
7. Amigos forever 8. As pernas xa non aguantan e ........
10. Espléndido terreo de xogo 11. Previo do partido 12. Menudo xuiz de liña..
Tamén quero recordar que o GRAN DERBI DESTA FIN DE SEMANA SERÁ O VINDEIRO DOMINGO DÍA 5 DE OUTUBRO NO CAMPO DE VILASANTAR AS 4:30 DA TARDE, XA QUE ESTAMOS EN OUTUBRO. E en Vilasantar por que o municipal de Sobrado non está en condicións de uso.Este campo traeme moi bos recordos de anos pasados.
Esperemos que sexa un gran partido onde prime a deportividade e o futbol.
Sen máis un saúdo a todos e todas.
RECORDOVOS QUE O TOQUES MOLA, POLO TANTO FAITE SOCIO.
sábado, 27 de septiembre de 2008
COMENZA A TEMPADA
Hola amigos e amigas, ante todo pido disculpas por estar tanto tempo sen escribir neste blog, coa cantidade de cousas que hai que contar.
En primeiro lugar quero felicitar o Solaina-Toques. F.S. polo gran partido disputado o pasado día 25 de setembro no pavillón municipal de Toques ante o Autos Lobelle B de Santiago.
O partido saldouse cunha vitoria clara po equipo visitante, 1-4 resultado final. Os rapaces apenas tiveron opcións da victoria pero fixorono moi ben.
En segundo lugar quero dicir que este ano o equipo do Toques cambiou de vestimenta patrocinada pola empresa láctea CELEGA polo que o novo equipamento vai ser camiseta vermella e pantalón negro. Preténdese así recuperar as cores do antigo equipo do Toques, fundado a finais do oitenta e principios dos noventa, cando se xogaba na liga da amizade.
En terceir lugar ¡MÁIS IMPORTANTE! quero invitarvos, cun pouco de retraso,
A 2ª FESTA DO SOCIO DO TOQUES CF. que se celebrará mañá domingo 28 de setembro no municipal de Toques.
Os actos previstos son:
- As 13.30 presentación do novo equipo do Toques CF para a campaña 2008/2009.
- Apartir das 14.30 GRAN CHURRASCADA, con viño e queimada para amenizar o día.
- De seguido grandes actuacións dos grupos de gaitas de Toques.
A partir das 17.30, partidazo de alto nivel: TOQUES C.F- SAN MARTIÑO DE CERCEDA.
Xogo un gran trofeo que será entregado o equipo gañador polo Alcalde do Concello Miguel Angel Buján.
Amigos que disfrutedes coa festa, que seguro que será moita.
Espero que veñades, que o carne de socio estavos esperando.. ja..ja
Por último, quero saudar a diversos xogadores que por cuestións profesionais non poden acudir a esta festa. Tamén quero saúdar os grandísimos socios e socias que están espallados por diversos puntos da xeografía española que nos seguen e animan máis que ninguén e que me houbera gustado que todos eles estiveran nesta festa, que sen dúbida, é a festa do socio.
Saúdos tamén a todolos afeccionados e afeccionadas e seguidores deste blog que senón fora por eles esto non tiña moito sentido.
Non despedirme sen decirvos que o no primeiro partido da liga hai un GRAN DERBI no grupo 4 de terceira autonómica:
ATLETICO SOBRADO XUVENTUDE- TOQUES CF. O vindeiro domingo día 5 de outubro no estadio municipal de Sobrado.
Non volo perdades, vai ser un partidazo. Sorte os dous equipos que seguro que este ano van estar ahí arriba.
Sen máis ata pronto. Un Saúdo a todos.
jueves, 11 de septiembre de 2008
SEGUIMOS CA PRETEMPADA
Nese dito campionato lesionouse o noso compañeiro Alfonso que desexamos que se millore, e a Cristian tamén que ten un esguince de rodilla;os dous esperamos que se milloren rápido para volver a estar nos terreos de xogo con todos nós. ÁNIMO RAPACES.
O pasado domingo día7 de setembro tivo lugar no municipal de Toques un encontro amigable entre o Toques e o Santiso. Foi un partido moi disputado no que comezou marcando o equipo visitante cun gol de Michu. Xa na segunda metade marcou un golazo Ricardo(Tucho) con un gran pase de Carril. Pouco despois chegaron dous goles mais marcados por Miguito á saída dun córner e Diego cun tiro dende lonxe. Asi rematou o encontro cun 3-1 a favor do Toques.
Lembrar os seguidores do Toques que o próximo sábado13 hai un encontro amigable contra os veteranos do Cire ás 6 da tarde, esperamos a vosa asistencia.
FORZA TOQUES
sábado, 6 de septiembre de 2008
Felicidades
Hoxe escribo dende Baeza para felicitar aos campeóns do torneo de futbol sala de Melide.
Felicidades ao conxunto do Solaina formado por xogadores do Toques C.F.
haber q me pode contar q lle pasou a Alfonso q parece mancado na foto. Unha aperta amijosss
lunes, 25 de agosto de 2008
PASARON AS FESTAS
Agora estamos esperando a ter algún partido máis de pretempada, non sabemos se xogaremos algún o ùltimo fin de semán de agosto, xa estaremos informando.
Saúdos e FORZA TOQUES
martes, 12 de agosto de 2008
COMEZOU A TEMPORADA
De momento non se xogaron máis partidos pero xa se sabe da participación do equipo no torneo do Cire; que encadraran na 1ª semifinal o noso equipo co Cire(15 agosto), e na 2ª semifinal os equipos do Arzúa fronte o Palas(16 agosto). Os equipos que saian finalistas xogaran o dia 17 de agosto a final do trofeo.
Invitovos a todos a animar ó noso equipo.
FORZA TOQUES
sábado, 2 de agosto de 2008
Noticias de Interes
Onte empezou oficialmente a tempada 2008-2009, e como non empezaou como acabou a pasada tempada cunha nova cena, onde planeouse e confeccionouse o q vai ser o equipo toquesense de dita campaña.
Na cena aparte de comer e beber falouse de moito puntos e sobre todo os q afecta o Toques C.F.
Punto 1º
A liga empeza o 5 de Outubro.
Contará con 16 equipos pero a novedade será a seguinte:
Tanto o Atlético Perillo coma o Dorneda B cambian de grupo, motivo de satisfacción pq vanse tamen os dous peores campos da categoría.
Entran 3 novos: o Abellá descendido da 2ª autónomica e entran o Curtis mailo o Sporting Meicende da Coruña.
Na reunión celebrada na federación de futbol na Coruña, acordouse q os conxuntos Toquenses e Cirense non coincidan o seus partidos como locais, xa q axí xente de toques e de melide poderá animar ao seu conxunto e mailo veciño
Punto 2º
No apartado de fichaxes e baixas, decir q hai moitas novidades.
Fichaxes:
-Nacho bodegas heineken(ex-cire hijo de rivera)
-Miguito(ex-cire)
-Santi(axente libre-Kemais)
-Damián(ex-atlético melide)
-Tapi(o Toques exerceu a acción de compra q tiña polo "grandísimo" porteiro)
-Roberto Pardo(Ex-atlético melide) a fichaxe mediática, gracias a subvención do ministro de interior e da ministra de defensa
Interesan e negociacións avanzadas
-Nacho, irmán de piston(cire)
-Jose(Juvenis Arzúa)
Baixas:
-Carlos
-David Fenerbache(cedido ata febreiro ao conxunto da academia de Ávila de maderos)
-Javi Pienso Biona(cedido ata febreiro ao conxunto da academia de Baeza de pikoletos)
-Damián(cedido ata febreiro ao conxunto da academia de Baeza de pikoletos)
Punto 3º
A pretemporada iníciase o Domingo día 3 de Agosto cun amistoso no municipal Melidense. Nun partido q vai enfrontar as 19:00 ao conxunto local o Atlético Melide-ToquesC.F, un amistoso acordado nas negociacións nas fichaxes dos 2 xogadores do atlético melide
Tamén felicitar o conxunto do Solaina formado por maioría de xogadores do Toques C.F, o subcampeonato do torneo de Futbol 7 celebrado en Melide.
Sin mais despedirme de todos vos, xa q como vedes marcharei cedido para Jaén pero promentendo volver.
O blogue xa falei cos interesados e vai quedar en boas máns, esperando q actualicen o blogue de vez en cando e intentando q non quede no olvido o maravilloso blog como é o do Toques C.F.
UN ABRAZO AMIGOS
lunes, 28 de julio de 2008
ACLARACIÓN URXENTE
Hola a todos/as, que non vos extrañe a miña intervención neste blog a estas alturas e que so quero aclarar uns temas. O parecer alguén durante esta tempada decidiu facer comentarios no blog en nome doutras persoas, as cales non teñen nada que ver cos equipos e eso e unha gran barbaridade e falta de respeto. Digo esto porque aparece o nome de Jose de Présaras " o da funeraria " nos comentarios e chamoume dicindo que él xamais entrara no blog nin escribira nada polo estilo.
A todos eses que fan todos estes comentarios e pretenden fastidiar as relacións dos equipos cos demáis en nome doutras persoas que sepan que eso é un delito e que sepan que apartir de agora non se permitirán comentarios anónimos neste blog.
Pídolle perdón publicamente a José de Présaras porque el non ten nada que ver cos comentarios deste blog e que foron empregados no seu nome para criticar e decir tonterías.
Sintoo de corazón que algún descerebrado faga esta barbaridade e faga comentarios en nome doutras persoas para quedar coma un gallito.
Sen máis perdoade pola intervención
Un saúdo José, que ninguén te vai xuzgar polo que non fixeches nin dixeches.
Ata pronto.
jueves, 17 de julio de 2008
Volvemos das Vacacións
Ola chicos q tal estamos????????
Comentarvos q o quipo de futbol do Toques volverá aos adestramentos o vindeiro día 23 de Xullo as 22 horas. Xa xei q é un mércores e q a xente non lle pode caer ben pero é o q hai.
Prégase puntualidade a todos os xogadores.
En canto ao apartado de altas e baixas, faltan confirmar unha fichaxes q seguro q has habrá.
E nas baixas polo menos haberá unha, non é unha baixa importante pero si moralmente.
Estade atentos
martes, 1 de julio de 2008
Melide contará desde el próximo sábado con cinco líneas de Noitebús
El Ayuntamiento de Melide contará desde el sábado, día 5, con cinco líneas de Noitebús. El Concello ha diseñado una red que dará cobertura a todo el municipio, teniendo como prioridad las parroquias. De esta forma, dos líneas cubrirán por un lado la zona sur con Maceda, Orois, Golán, Grobas, Baltar, Santalla, Vitiriz, O Barreiro, San Martiño, Campos, San Cosme y Moldes. Por otro lado, se cubrirán las parroquias del norte, Os Ánxeles, As Barreiras, Folladela, Gondollín, Santa María, Zas de Rei y As Cazallas.
Las tres líneas restantes comunicarán Boimorto, Melide, Lalín, Santiago, Melide, Lugo y Friol y Melide. La concejalía de Xuventude mostró su satisfacción por la puesta en marcha de este servicio teniendo en cuenta que Melide triplica su población en el verano y en parte por el movimiento de gente nueva que se acerca " a pasar en esta villa sus vacaciones" señaló Anabel Ramos.
Coste
El Ayuntamiento de Melide correrá con el 10% de los gastos del coste total de esta iniciativa, encaminada a la reducción del uso del vehículo individual y el servicio se prolongará de julio a septiembre.
El resto del importe será asumido por la Consellería de Política Territorial. El precio del billete de ida y vuelta es de dos euros por usuario.
Empresa: AUTOCARES MEIJIDE SL
Ruta: LALIN - RODEIRO - AGOLADA - MELIDE
Paradas: LALIN, RODEIRO, ADELAN, VENTOSA, AGOLADA,
BORRAXEIROS, BERREDO, PONTE ARCEDIAGO, CHOREN,
MELIDE
Horario/s saída: 21:00, 03:00
Horario/s volta: 22:00, 04:00
Empresa: JOSE LUIS LONGARELA SUAREZ
Ruta: FRIOL - TOQUES - MELIDE
Paradas: FRIOL, CARBALLO, PEDRAMAIOR, BRAÑAS, TOQUES,
MELIDE
Horario/s saída: 00:00, 01:30
Horario/s volta: 05:00, 06:30
Empresa: AUTOS S. VAZQUEZ, S.L.
Ruta: OZA DOS RIOS - CURTIS - MELIDE
Paradas: OZA DOS RIOS, RODEIRO, A QUEIMADA, CURTIS -
ESTACION, VILASANTAR, PRESARAS, AS CORREDOIRAS,
BOIMORTO, ARZUA, MELIDE
Horario/s saída: 23:15
Horario/s volta: 05:15
Empresa: EMPRESA FREIRE, S.L.
Ruta: ARZUA - MELIDE
Paradas: BURRES, SALMONTE, BAIOBRE, CARRAL, BRANZA,
DOMBODAN, HORTAS, TRONCEDA, VIÑOS, BRANDEXO,
MAROXO, VILLANTIME, SAN MIGUEL, LEMA, ARZUA,
RENDAL, GULDRIS, RIVADISO, BASCUAS, PORTELA,
CASTAÑEDA (POMAR), BOENTE, RIOCOBO, MELIDE
Horario/s saída de Burres: 22:45
voltas de Melide: 00:00, 05:30
Empresa: AUTOBUSES DE MELIDE, S.L.
Ruta: VILA DE CRUCES - MELIDE
Paradas: VILA DE CRUCES, LARAZO, BROCOS, SESTO, VAL, SEIXO,
AGRA, RIBADULLA-BUSELL, GANDAREIRA, CRUCE
RENDOS, SAN MARTIÑO -VARELA, MELIDE
Horario/s saída: 23:00
Horario/s volta: 08:00
miércoles, 25 de junio de 2008
FELIZ CUMPLEANOS
Un blog q durante este ano serviu para q toda a xente soupera un pouco mais sobre o concello de Toques e moito sobre o equipo de futbol de dito concello.
Non me cansarei de agradecer a toda a xente q visítanos, e a toda xente q fai posible q día tras día o concello de Toques teña un equipo competitivo así como a cantidade de xente q colabora neste blog.
GRAZAS A TODOS
lunes, 9 de junio de 2008
Boas vacacións
Ya están subidos tanto os videos como as fotos.
Agradecer a todos pola a vosa asistencia, así como a directiva como o agasallo da cena. Un dos moitos agasallos q a directiva repartiu durante toda a tempada.
Pasade unhas felices vacacións.
miércoles, 4 de junio de 2008
Grazas a todos
Moitas gracias a todos
Edit
martes, 27 de mayo de 2008
CENA FIN DE TEMPADA
A pesar de q non imos ir xogar ao futbol, haberá bus para desprazarnos a Parrillada de Carballal en A Golada.
Marcharemos as 22:00 do día 6 de Xuño dende o Bar Solaina(Melide), por favor sede puntuales.
Ese finde haberá moita festa
Post editado 3 veces
lunes, 19 de mayo de 2008
Inicio das Vacacións
O resultado final foi de 1-2 pra os visitantes, q veu como nos últimos compaxes do partido cando o partido xa chegaba a prórroga, unha falta votada polo Mesía q vai introducirse dentro do marco defendido por iker.
O Gol do Toques foi por mediación de Carril, q acaba a tempada cun bo nivel de xogo.
Decir q este Venres haberá pinchos nos viños e q o Sábado día 1 de Xuño haberá gran churrascada na parrillada do noso porteiro churrasco en A Golada, no q o desplazamento vaise facer no autobús do equipo para rematar a festa en Melide.
Para mais información chamade o capitán molón.
A Alineación foi a seguinte: 1-David, 2-Mateo, 3-David, 4-Cristhian, 5-Xelo, 6-Diego, 7-Espomasa, 8-fis fis, 9-Bareto, 10-Carril, 11-José, 12-Yosu, 13-javi, 14-Ricardo, 15-Alfonso.
Xa se está confeccionado a próxima tempada, onde haberá tanto altas como baixas, e onde o equipo intentará reforzarse nas líneas onde no FORO a xente votou como prioridades.
GRAZAS A NOSA AFICCIÓN POR ESTAR AHÍ EN TODOS OS PARTIDOS
Actualización: Editado
viernes, 16 de mayo de 2008
Axenda deportiva da Semana
Hoxe venres o conxunto Toquense entrenará co horario habitual, as 21:30 no municipal toquense "molón". Un entrenamento q será preparatoria para o partido do Domingo ante o conxunto de Mesia.
O partido será o Domingo as 17:00 no municipal Toquense "Molón" contra o conxunto do Mesia. Primeiro partido da Copa Coruña onde desexamos q non sea o último partido da tempada.
A plantilla ao completo estará a disposición do adestrador, así como q esperemos q a nosa aficción este volcada co noso equipo.
Sin mais un saludo e recordade q o Domingo tedes unha cita co voso equipo.
FORZA TOQUES
lunes, 5 de mayo de 2008
Fin de Liga
Pues chega o remate da liga, cun Toques q non se xogaba nada, e que acabou vencendo ao conxunto de San Estevo por 4-0.
Un partido cunha victoria moi clara, q foi un paseo para o Toques xa q o San Estevo non tirou ningú n tiro a porta.
Os Goles foron por obra de Espomasa, Carril, Bareto, Carril. Salientar q Bareto fallou o primer penalty da liga q quedouse a 4 goles de bater a súa promesa.
Gran partido en conxuntoo, e un 10 a aficción Toquense por vir animar en todos os partidos da liga.
Un 10 para eles.
Remoatou a liga pero non a tempada 07-08, xa q dentro de 15 días o Toques comeza a Copa Coruña, será o vindeiro domingo día 18 as 17:00 no municipal toquense "Molón" ante o Mesia en partido único.
Esperemos q para ese partido veña animar a aficción pq é unha competición moi bonita.
FORZA TOQUES
lunes, 28 de abril de 2008
Órdes B 1 - ToquesC.F 2
Pues xa estamos aquí, outro lúns na crónica deportiva.
O Sábado o Toques desplazouse a un dos campos mais difíciles do calendarío. un dos campos mais grandes do campeonato e moi propicio para a práctica do futbol.
O Órdes saliu moi ben plantado no campo, con moito toque de balón, pero encontrouse cun Toques q non deixaba ocos, e a única forma q tiña de superar o muro defensivo do Toques erá o balón en largo, así sería como chegaría o primer gol. Pase largo cara un extremo, centra e despois dun mal bote do balón ao noso porteiro escápalle o balón aproveitando o delanteiro rival para batir a Iker . Xa o decía o entrenador dos porteiros q debería ter moito coidado coa montaña q había na área pequena.
Pero a partir dese gol, o Toques non perdeu o sitio e foise cara arriba, e vai conseguir o gol despois dun corner botado por Carril, Bareto fai unha volea no aire, para o porteiro e por alí estaba Alfonso Villarroya para introducir o balón na redes locais, era o 2 gol na liga de Álfonso e os dous contra o Órdes.
Pero o Toques non se conformaba, xa avisaba Bareto cun precioso lanzamento de falta (Ver o Video) q o gol estaría preto, e dito e certo, gran galopada do gran Carril, q desfaise dos defensa e bate ao porteiro local nun 1 contra 1, o Toques dáballe a volta ao marcador en 10 min.
Co resultado de 1-2 acabaría a primeira parte.
Na segunda parte, o Órdes foise cara o empate pero atopouse cunha gran defensa, ven organizada, sen ocos, veloces, un gran partido da defensa q está a demostrar pq o Toques é o 4 equipo menos goleado.
Remataba o partido co resultado de 1-2 para os visitantes.
Salientar a actuación de todo o equipo, pero sin lugar a dudas de 4 homes:
Bareto: o home dos 10 km, debe de ser o xogador q mais recorre o campo da liga, peleón coma sempre coma un rottwailer.
Carril: q despois de acabar a primeira volta con so 1 gol, está acabar a temporada con números de pichichi.
Yosu: pq da igual q xogue de extremo, dianteiro, central ou lateral, sabe adactarse a calquera posto
Espomasa: pq notouse q non xogaba no seu posto, acostumbrado a xogar de punta tivo q xogar na banda e deleitounos cuns bos regates e cunhas carreiras q xa tíñamos esquecido.
A alineación foi a seguinte: 1-Iker, 2-David, 3-Yosu, 4-Ángel, 5-Cristhian, 6-Diego, 7-Espomasa, 8-Alfonso, 9-Bareto, 10-Carril, 11-Penka, 12-josé, 14-Javi
O seguinte partido será o derradeiro da tempada, por iso queremos ver unha boa afluencia de público para felicitar ao rapaces pola grandísima tempada q realizou, xa q o Toques pase o q pase vai quedar no 4º posto, GRAN TEMPADA. Será o vindeiro Domingo día 4 as 17:30 no municipal toquense "Molón" contra o San Estevo.
Forza Toques O Toques mola faite socio
viernes, 25 de abril de 2008
Hoxe adestramento
Prégase puntualidade inglesa, as 21:30 no Municipal Toquense "Molón", xa q tamén haberá entrega de material deportivo.
Atentamente
Administrador do Blog
P.D Invítovos a todos a participar no foro do Toques C.F.. Saudos
lunes, 21 de abril de 2008
TEMOS UN NOVO FORO
Ollo co foro non se suprime as actualizacións dos partidos, simplemente creouse para completar esta fantástica página web do noso equipo favorito.
A dirección é a seguinte e xa noon fai falta decir q dita pax ten q estar nos favoritos.
www.clubdefutboltoques.superforo.net/
Forza Toques
domingo, 20 de abril de 2008
Toques C.F 3- Atl.Sobrado 0
O partido transcurriu cunha primeira parte sen ocasións de gol, unha primeira parte aburrida para o público pero dominada polo Sobrado.
Pero a segunda parte deu mais de sí, o conxunto local, empezou a xogar como mellor sabe, un xogo práctico e efectivo. O marcador vaino abrir o rotwailer Bareto, transformando un penalty claro a favor do conxunto local, min 14 do partido( nese mesmo momento o Deportivo marcaba da mesma forma contra o Osasuna).
A partir de ese momento, rompeuse o partido, e o Sobrado deixaba moitos hocos na defensa cara o seu obxectivo de facer a igualada.
Corría o min 20 cando o artista do Toques a "Penka" fai un dribrill deixando atras 3 defensas pero o porteiro rival desbarata o intento de vaselina, gran xogada da penka.
O Sobrado chegaba con perigo pero con poucos tiros sobre os 3 paos.
No min 32, Carril fai vaise pola banda, regateando a todos os xogadores q se vai encontrando, dispará dende fora da área batindo ao porteiro rival.
Era o 2-0 pero un partido loco q aun podían chegar mais, e chegou o 3er gol para o Toques, a xogada empezaba nas botas de Mateo, desfaise dun delanteiro e dalle o balón a Carril q desfaixe do defensa rival índose para a portería rival q acabía introducindo o balón despois dunha preciosa vaselina ao porteiro.
Chegaba o min 45 e o arbitro decretaba o final do partido, olvidándose de añadir o tempo enngadido, feito q o entrenador rival protestou e o árbitro contestou rindo pero se non vades remontar¡¡¡¡¡¡¡¡¡ en fín sen palabras.
A alineación foi a seguinte: 1-David, 2-Mateo, 3-Yosu, 4-Xelo, 5-Cristhian, 6-Diego, 7-Espomasa, 8-Luis, 9-Bareto, 10-Carril, 11-Miguelinho, 12-Ricardo, 13-José, 14-Javi
O Próximo partido será o Sábado día 26 no municipal de Órdes as 17:30 horas
Quedando citado a aficción mailo equipo as 15:15 no bar Lorena e 15:30 no bar Solaina
SIN MAISSSS FORZA TOQUESSSSSSSSSSSSS
P.D Corre o rumor dunha peña Penka, xdddddddddd
miércoles, 16 de abril de 2008
Grafica da tempada
Nesta gráfica corresponde a trayectoria q está a levar o Toques na reciente tempada.
E vese claramente q se o Toques sacaxe algo positivo nos primeiros partidos de liga, estaría agora mesmo peleando polo ascenso.
De todas formas o corpo técnico do Toques así coma a directiva está moi contento pola tempada q está a realizar o Toques C.F
Un abrazo
Recordar q o Domingo no municipal Toquense "Molón" as 17:00 o Toques recibe o veciño Atl. Sobrado. Esperemos q haxa resposta da aficción.
lunes, 14 de abril de 2008
MESIA 0 - TOQUES 1
Hola amigos e amigas unha semana máis na crónica deportiva do Toques CF. Este domingo o Toques desprazaouse o municipal de Mesía para disputar un gran partido ante un equipo sempre complicado como é o Mesía.
Desprazouse coa plantilla case completa a excepción de Javi e de Tapi que non poideron viaxar por motivos persoais.
O partido foi moi disputado por ámbalas partes e sen claras ocasións de gol. Polo que na primeira metade, íase chegar ao descanso con empate a cero no marcador.
Pero na segunda metade o Toques non ía baixala garda e nunha magnifica xogada de auténtico "tiki-taka" iase adiantar no marcador da man de Bareto. A xogada comenza no medio centro onde Diego asiste a banda para que Carril convine con Expomasa que recibe de espaldas e mete un pase interior deixando so a Bareto diante do porteiro e este marca de forma maxistral.
A partir de ahi o Toques aguantou ben a presión do equipo local e conseguiu levarse os 3 puntos que o situan na 7ª posición da táboa con 47 puntos a tan so 1 punto do 5º clasificado e cun partido menos.
Polo demáis pouco máis que destacar.
RECORDAR QUE ESTA FIN DE SEMANA HAI DERBI NO MUNICIPAL DE TOQUES ÁS 17:00h.
TOQUES CF- ATCO SOBRADO XUVENTUDE.
Non faltedes que o espectáculo está asegurado.
Nada máis un saúdo a todos e sorte!.
O TOQUES MOLA, É MOLÓN.
sábado, 12 de abril de 2008
Última Hora
Se ruega que confirmen asistencia así como de puntualidad total
Atentamente Javi
lunes, 7 de abril de 2008
Toques C.F 1 - S.D Pontecarreira 1
A miña valoración do partido foi q é un empate con sabor a derrota, xa q a pesar de ser un partido moi igualado, con minutos q dominada o conxunto visitante, o Toques perdonou varias ocasións de gol, balóns ao pao, erros no 1 contra 1... Pero en xeral foi un partido bonito, onde a pesar de q houbo duas expulsión foi un partido limpo.
O primeiro gol chegou no min 26, gol por mediación de Exposición 07, q introduciu o balón na portería despois de aproveitar un rechace dun disparo ao largueiro.
O gol visitante chegou despois dunha dudosa man, mellor dito unha man inexistente, pq na moviola viuxe claramente como o xogador local ten a man totalmente pegada ao brazo e nin sequera fai intención de parala coa man.
Unha man q quizais o árbitro pitou para compensar a ambos equipos en faltas pitadas, xa non facia nin 5 min o arbitro expulsara a un xogador visitante.
A Alineación do Toques foi a seguinte: 1. Iker, 2. Leonnel Escaloni, 3. Fenerbache, 4. Xelo, 5. Canavaro", 6. Drako, 7. "Exposición 07" 8 .fiss, fiss, 9. Rotweilerman, 10. Carril Makay, 11. A Penka. 12. Peito erguido, 13, Xosé, 14. Pienso Biona. 15.Richiño
Salientar as baixas de lazovic e Villarolla por lesión
Grazas a aficción local por vir animar ao voso equipo, grazas a todos, sodes os mellores.
O seguinte partido partido será o Domingo día13 as 17:00 no campo do Mesia.
Un partido q de repetirse o mesmo xogo da primeira parte será un partido de perros.
Corfirmada a baixa de Pienso Biona para visitar ao Mesía
Queda citada a aficción local mailo equipo no bar lorena en Toques as 14:45 e no bar Solaina en Melide as 15:00, sede puntuales.
FORZA TOQUES MOLA MAZO SER DO TOQUES